Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar
Curso escolar 2024-2025
Procedemento ED330B
ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)
https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros
O prazo de presentación das solicitudes iniciarase o 21 de maio, e rematará o 20 de xuño de 2024.
(Na presentación electrónica deberá facer unha solicitude por cada fillo/a)
Para presentación presencial: utilice os Anexos I e II da Orde da convocatoria.
Máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
IMPORTANTE:
O prazo para presentar solicitudes no centro será dende o día 21 de maio e rematará o día 20 de xuño do 2024.
Para evitar aglomeracións e esperas para poder entregar o antes posible recoméndase presentar as solicitudes na secretaría xunto coa documentación correspondente nas seguintes datas:
Días 22, 23 e 24 de maio, solicitudes do alumnado que vaia a cursar 6º de E.P no vindeiro curso e irmáns.
Días 27, 28 e 30 de maio, solicitudes do alumnado que vaia a cursar 5º de E.P no vindeiro curso e irmáns.
Días 31 de maio, 4 e 5 de xuño, solicitudes do alumnado que vaia a cursar 4º de E.P no vindeiro curso e irmáns.
Días 6, 7 e 10 de xuño, solicitudes do alumnado que vaia a cursar 3º de E.P no vindeiro curso e irmáns.
Días 11, 12 e 13 de xuño, solicitudes do alumnado que vaia a cursar 2º de E.P no vindeiro curso e irmáns
Días 14,17 e 18, de xuño, solicitudes do alumnado que vaia a cursar 1º de E.P no vindeiro curso e irmáns
Os alumnos/as que vaian cursar 5º e 6º de Educación Primaria están excluídos da participación no fondo solidario de libros de texto. Teñen dereito á axuda para adquirir material escolar. Pola súa participación en Educación Dixital ( E-DIXGAL).
Adjunto | Tamaño |
---|---|
AXUDAS LIBROS 2024-2025.pdf | 417.4 KB |