Onte puxeron a proba a nosa atención e memoria e non quedamos nada mal ,a verdade!
Foi logo da saída á exposición filatélica na Praza de Santa María e tras ver un vídeo e seguir unha charla dun funcionario de Correos .
E ollo !
Que despois realizamos un test sobre o visto e escoitado e había premio!
Por eso nos vedes aquí tan concentrad@s...
Había cousas moi interesantes...
O selo máis pequeno do mundo
Aprendemos que a filatelia non é só o amor polos selos,senón que tamén participa en campañas da Unesco , de Patrimonio ou coma neste caso ,de apoio á conservación do lince ibérico ,un animal en perigo de extinción
Moitas grazas por vir ao noso cole e polos agasallos !