Skip to Content

Blog de mpfl

Voz Natura

O proxecto Voz Natura promove a necesidade de coñecer a biodiversidade dos bosques galegos, a súa fauna e a súa flora:

-Coñecer os beneficios directos e indirectos dos montes de Galicia.

-Sensibilizar ao alumnado da necesidade de protexer os montes.

-Promover e impulsar o respecto, coidado e goce das nosas árbores e espazos naturais.

Realizaremos actividades de plantación de árbores autóctonas: castiñeiros, carballos, abeleiras, loureiros; especies que se ven hoxe ameazadas pola rápida extensión do eucalipto. Esas plantas serán doadas para a reforestación dos nosos montes.

A realización das plantacións actúa como eixo en torno ao cal articulamos unha importante cantidade de contidos relacionados coa preservación da nosa contorna.

 

OS NENOS DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL E A PREHISTORIA

No mes de outubro os nenos e as nenas de 5 anos do Ceip Paradai estivemos a ver a vida dos nosos tatara...tataravós (uff), os Cromañóns, aló pola Prehistoria, cando aínda non inventaran a escrita.

Todos os xoves adicamos algunha sesión ó Taller da Prehistoria: escoitamos o conto de Croniñón, e tamén  cantamos a canción do mesmo nome. Logo fixemos as pegadas coas nosas mans (como se facía nas paredes das covas, ou algo así) en papel continuo de cor marrón, que despois decoramos cun debuxo. Tamén posamos nun "photocall" coas nosas mellores galas, un vestido feito de pel de leopardo, non sí?, e deixamos para o final a construcción dunha maqueta, con plastilina, dun poboado primitivo, anque aínda non está rematada.

Velaquí unha mostra do que fixemos. Esperamos que vos guste:

Por fin temos as fotos da maqueta.

Uns fixemos o chan, as pedras e un río, con peixes, a cova, uns cromañones quentándose na fogueira e asando algun peixe, un bisonte ou unha cabra, vai ti a saber, unha mamá mamut e a súa cría, un dentes de sabre, e qué máis?

E como complemento ás actividades sobre a Prehistoria, realizamos unha visita ao museo provincial de Lugo, onde nos esperaban unhas experiencias moi interesantes.

E asi, damos por rematado esta mostra.

Ata outra, amiguiños!

 

Un paseo polo Río Rato

 

O día 24 de maio de 2018 os alumnos de 5º e 6º de Ed. Infantil gozamos dunha saída escolar ao Río Rato, onde  observamos a natureza.

 

Paseamos polo Río Rato e vimos árbores autóctonas: bidueiras, amieiros ou freixos, fervenzas que levaban moita auga, animais: a ra de San Antón, pousada nos ranúnculos, merlos, e moitas prantas que non coñeciamos. Pareceunos todo moi bonito e interesante.

 

Tamén fomos visitar o Centro de Interpretación Terras do Miño, onde hai salas de exposicións: principiamos na sala de vídeo, onde nos puxeron un vídeo moi chulo para aprender a coidar o noso medio natural. Seguimos coa Sala do Río con artes de pesca tradicionais (batuxo, nasas, redote, etc.), a Sala do Bosque, onde poidemos ver os animais que forman parte da reserva da Biosfera das Terras do Miño e escoitar os seus sons: cegoña, miñatos, lavandeira branca, xabarí, curuxa, lontra, etc.

 

Aquí temos unha escolma das fotos que se fixeron. 

Non deixedes de facerlle unha visita. Paga a pena.

 

Onde está a Wally-Ra?

 Aí onde a vedes, esta ra pequeniña é un indicador biolóxico da calidade da auga dos nosos ríos.


 

 

 

Contenido sindicado


by Dr. Radut