Skip to Content

Blog de mpfl

Celebrando o día da árbore

O 21 de marzo celebramos o día da árbore sementando algunhas sementes en macetas...

 

 

 

 

 

E qué mellor que conectar ca natureza este día que facendo ioga ó aire libre!

 

Contacontos para o 8M

Para celebrar o Día Internacional da Muller, o venres 8 de marzo, tivemos a visita da contacontos Alba, quen nos contou

Las chicas pueden con todo, de Karyl Hart

 

8M en infantil: Yayoi Kusama

Este ano adicamos a data do 8 de marzo á artista xaponesa Yayoi Kusama, facendo puntos de diferentes cores e tamaños...

 

 

Visita de Rosalía de Castro

O 23 de febreiro celebrouse no noso cole, como en toda Galicia, o Día de Rosalía de Castro, xa que é a data do 187 aniversario do nacemento desta famosa escritora galega.

Non imaxinábamos que a mesma Rosalía (ou non?) nos faría unha visita a nós, nese día tan especial.

 

 

Contacontos no Entroido

Cambio contos por sorrisos!

Iso decía a personaxe Trotacuentos, do conto "El circo de los cuentos", dramatizado pola profe Alba, para o alumnado de infantil.

 

 

 

 

E colorín, colorado, este conto está ... EMPEZADO!

Infantil - Entroido 2024

Comenzamos o Entroido seguindo os mandatos do Meco...

 

 

E chegou o día central no que todos os nenos e nenas (e profes tamén) nos disfrazamos, ben disfrazados. Este ano elexiuse o lema de Nova Zelandia, e infantil escolleu o paxaro kiwi:

 

Día da Paz

Durante a semana anterior ao día da Paz, o alumnado de infantil fixemos un mural, decorando as letras do lema, e pegando as pulseiras da amizade. Entre outras cousas, aprendemos a cantar a canción "A peor xogada", do grupo musical infantil A música das baleas, que cantamos en común, con todos os nenos e nenas do noso colexio, na mañá do 30 de xaneiro.

Xogando con cordas

Perna para arriba, perna para abaixo.

Qué alto podemos pasar os obstáculos!

Circulando

Facendo percorridos con bicis ou triciclos.

A modiño nas rotondas.

Sempre seguindo as normas de tráfico!

Taller de adornos de Nadal

Durante a última semana de clases, antes das vacacións de Nadal, os nenos e nenas de 3 e 4 anos participamos nun taller de adornos de Nadal, feitos con masa de pan. Alí voou a fariña a torto e dereito, jajaja. Pasámolo moi ben, e o resultado quedou moi chulo. Cando estiveron secos, os pintamos con purpurina.

 

 

 

 

 

 

 

Contacontos polo Nadal

Outra vez veunos visitar a profe Alba, esta vez como elfa de Papá Noel, para contarnos o conto "Papá Noel salva la Navidad"...

Contacontos no Castro de Viladonga

O venres 15 de decembro o alumnado de infantil fomos ao Castro de Viladonga. Alí, despois dunha breve visita a unha sala do museo, estivemos un bo rato disfrutando dos contos que nos contou o barrendeiro Caxoto, que é o barrendeiro de todo o castro, e que dixo lembrar moitos contos que lle contaba a súa avoa cando era cativo. Por exempro, unha variación creativa do famoso conto A ratiña presumida, ou o conto Hoxe vou cazar un león...

Psicomotricidade no Nadal

Seguimos a facer equipos para xogar cos aros de outra maneira...

 

 

Xogamos a cruzar un río, coidando de pisar ben as pedras...

 

Conmemoración do Día Internacional das persoas con Discapacidade

Dentro das actividades realizadas no segundo ciclo de E. Infantil, co gallo da conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o venres 1 de decembro participou a contacontos Alba, co conto La niña huracán y el niño esponja, de Ilan Brenman.

 

Psicomotricidade grosa co alumnado de 5 anos

Facemos equipos e competimos, sanamente, xogando con distintos aparatos:

 

Contenido sindicado


by Dr. Radut