Skip to Content

Blog de mpfl

Día da Paz en infantil

A semana previa ao 30 de xaneiro, Día da Paz, o alumnado de cada clase decorou unha maceta con debuxos, símbolos e palabras alusivas ó tema. Despois fixemos a prantación dun bulbo en cada maceta.

O día 30, antes do recreo, cada clase foi colocando a súa maceta nunha mesa diante do mural da Paz.

Estas son as fotos correspondentes ao alumnado de E. Infantil.

 

Despois, xunto con todos os nenos e nenas do CEIP Paradai, cantamos a canción Una Receta de Paz no patio.

 

Sesións de ioga en infantil

O xoves pasado comenzamos a ter unhas sesións de ioga para os nenos e nenas de E. Infantil. Fixemos as posturas de moitos animais coñecidos por todos: tartaruga, can, gato, cobra, delfín.

Tamén fixemos o saúdo ao Sol e á Terra.

Velaí algunhas fotos.

 

Experimentos na aula de 6º B de E. Infantil

Os nenos e nenas de 6º de E. Infantil fixemos varios experimentos relacionados co cambio climático: volcán, choiva, neve, xeo, ...

A ver cal vos gosta máis!

Visita ao Aquarium Finisterrae

O venres, 27 de xaneiro, o alumnado de 6º de E. Infantil do noso Centro vivimos unha aventura no Aquarium Finisterrae (A Coruña).

Qué ganas tíñamos de ver o mar, aínda que fose no inverno!

Nada máis chegar ao noso destino, ca famosa Torre de Hércules ao fondo, recibiunos unha monitora moi simpática (Goretti se chamaba?) que nos deu a benvida, e durante toda a visita explicounos moitas cousas interesantes dos animais mariños que estábamos a ver: medusas pequeniñas que cambiaban de cor; iso era porque son máxicas e conceden desexos aos nenos e nenas que llos piden en silencioooo. Había tamén cabaliños e estrelas de mar, anémonas cos seus veciños os peixes pallasos (como o famoso Nemo dos debuxos), ovos de tiburóns e mantas raias, sepias e meros, polbos, e moitos máis peixes, grandes e pequenos, dos que non lembramos os nomes.  Rematamos a visita dentro do edificio vendo o acuario onde Gastón, o tiburón máis grande do museo, nada entre outros peixes pacíficamente, mentras os coidadores, Diego e Clara, bucean para darlles a comida.

Fora do edificio, nunhas piscinas con auga de mar, asistimos ao xantar das divertidas focas.

Qué ben o pasamos!

Aí vai unha chea de fotos.

 

Explicando qué son as barbas das baleas

Non se aprecian moi ben, pero son medusiñas

Ovos de tiburón, raia (os de arriba) e doutro peixe...

Rincón da creatividade.

Móbiles feitos con obxetos atopados nas praias, costas, cando se estaba a limpialas.

As piscinas das focas

 

 

 

 

Facendo pan

Dentro do proxecto deste trimestre: "Cociña e alimentos", para principiar a nosa aventura, os nenos e nenas de 3 anos do CEIP Paradai convertímonos en pequenos/as panadeiros/as.

Mágoa de non dispoñer de forno para rematar a faena, pero así o poidemos compartir coas nosas familias, xa que puidemos cocer a masa nas nosas casas.

Pasámolo xenial seguindo os pasos da receita e, sobre todo, amasando.

(Moitas gracias á experta "panadeira" Ana.)

 

A primeira nevada do inverno

O mércores 18 de xaneiro foi un día moi especial para o alumnado do CEIP Paradai. A estación do inverno trouxo o mellor xogo para os pequenos: as bolas de neve.

 


 


 

 

O son que me arrola ♬

O 11 de novembro, a Asociación Antonio Gandoi, antes Preescolar na casa, presentou no noso Centro, para o alumnado de Educación Infantil, a proposta musical "O son que me arrola": cantos de berce, rimas e instrumentación, para achegar aos nenos e nenas a cultura tradicional galega.

Finalizouse tocando todos xuntos algúns instrumentos feitos con materiais de refugallo, ademáis de facer cada pequeno/a un instrumento para sí mesmo.

♪ ♩  

♪ ♩  

 

 

Magosto en Infantil!

Xa estamos en tempo de castañas, e nada mellor que comelas asadas na festa do Magosto.

Samaín ca bruxa Amalurra

Ja, ja, ja, ... Esta vez tivemos con nós á bruxa Amalurra, que da moito medo, pois veu co Samaín.

Antes mandounos unha carta con instruccións para procurar unha lista de ingredientes moi raros (ollos de dragón, dentes de morcego, escamas de peixe globo, etc.) para facer ela unha pócima moi perigosa na festa de Samaín...

 

 

Visita ao MIHL - A REVOLTA DOS CLICKS

O 27 de outubro visitamos a exposición "A Revolta dos Clicks" no MIHL. Alí, despóis dunha explicación sobre a orixe dos bonecos de Playmobil, poidemos ver maquetas (dioramas) da Galicia medieval: campesiños traballando na terra, pescadores nas súas barcas, pitas e porquiños, a praza co mercado, mosteiros e castelos con damas e cabaleiros, batallas con moitísimos soldados ... 

Qué ben o pasamos!

Outono no noso colexio

Neste mes de outubro, despois de recoller follas e froitos do outono para, ca axuda das nosas familias, facer unhas fermosas manualidades, expuxémolas na entrada do edificio principal. Alí posamos diante delas. 

 

Tamén nos veu visitar unha meiga moi especial, a profe Alba, para contarnos un conto do outono...

 

Matrícula novo alumnado

MATRÍCULA DO ALUMNADO ADMITIDO

PARA O CURSO 2022-2023

 

O prazo para formalizar a matrícula

será do 20 de xuño ata o 30 de xuño, 

ambos os dous incluidos.

 

Recorde pedir cita previa en conserxería.

ACTIVIDADES DO UNIVERSO

Enmarcado dentro da temática do Universo, @s nen@s de 5 anos (6º de Infantil), dispuxéronse a amosar os coñecementos acadados nestes días.

Con Nerea, a nosa profe en prácticas, fixemos estas actividades superchulas.

 

OBRADOIRO DE MATEMÁTICAS: CORPOS XEOMÉTRICOS.

 

Desta volta, e coa axuda de Nerea, @s nen@s de 5 anos achegáronse ás matemáticas a través de distintas propostas. Traballaron os principais corpos xeométricos mediante o xogo do bingo, actividades manipulativas como a composición de figuras con diversos materiais, recoñecemento de formas empregando o tacto, así como a identificación figura-nome.

 

 

OBRADOIRO DE SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS EN 5 ANOS

Os nenos e nenas da aula de 5 anos pintaron sobre a súa propia silueta o superheroe ou superheroína no que se queren converter. Pasáronno en grande!

 

Contenido sindicado


by Dr. Radut