Skip to Content

Blogues

Colaboración Comedor

Aberto o prazo para a colaboración de comedor. Do 22 de xuño ao 10 de setembro.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo curso 2020-2021, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección

A compensación económica polos gastos de dedicación e desprazamentos xerados pola colaboración no comedor que percibirán os membros da comunidade escolar será de 9,39 € por día de asistencia efectiva ao comedor e o xantar.
O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 10 de setembro de 2020, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 21 de decembro de 2020.
 Durante o curso escolar 2020-2021 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 

Experimentos 5º B

Debido ao coronavirus no puídemos facer no colexio os experimentos de Ciencias Naturais que tíñamos previsto, pero houbo rapaces que se animaron a facelos na casa, aquí queda unha mostra:

Ovo Saltarín por Iván Illanes

Ovo Radiactivo por Daniel Ferreño

Recreación dun castro por Diego Vargas

Coche eléctrico por Alberto e Julio Santos

Solicitude comedor escolar, transporte e renovación de autorizacións (alumnado xa matriculado no centro)

Do 18 ao 30 de xuño en horario de 09:00 a 14:00 recolleremos a documentación para o vindeiro curso do alumnado que xa estivo matriculado no centor durante este curso, ide cliqueando na documentación a abrirásevos:

- Solicitude  de servizos complementarios: transporte e comedor escolar.

-Renovación de autorizacións.

- Actualización de datos e materias optativas educación priamaria (xunto coas fotografías)

-Actualización de datos e materias optativas ed. infantil (xunto coas fotos)

-Ficha médica. 

Se o desexades podedes pasar polo centro e dámosvos unha copia.

Adxuntamos tamén o carne de transporte escolar que será obrigatorio para o alumnado usuario de transporte escolar de educación infantil e educación primaria. No mesmo documento pódense consultar as paradas.

Para un maior coñecemento das novidades, publicamos tamén as seguintes instrucións que acaban de ser publicadas esta mañá.

Instrucións transporte escolar.

Instrucións comedor escolar.

Este tipo de documentación non se recollerá por e mail. 

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O VERÁN

Ola familias!

Dende a biblioteca, recomendámosvos algunhas lecturas, música e xogos para o verán.

 

Mes da poesía en 6º Ed. Primaria

DIA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe é o Día Internacional do Medio Ambiente. No noso centro, como sabedes, estamos concienciados e procuramos facer todo o posible para que toda a nosa comunidade educatvia axude a protexer a nosa terra. 

Dende a biblioteca recomendámosvos algunhas lecturas.

BO DÍA!!

DESPEDIDA DE JABARI

Jabari, o noso auxuliar de conversa, mandounos un vídeo para despedirse do alumnado do centro. 

No video dí que lle gustou moitísimo traballar na nosa escola e que o curso (aínda que non fora enteiro) que pasou con todos vos foi un dos mellores dende que está aqui en España. 

Espera que o alumnado aprendera moito con el, que o pasatan igual de ben que o pasou el. 

Desexa que todo o alumnado do noso centro  e as súas familias teñan un verán feliz e cheo de saúde.

Recordade....practicar o inglés!! Espera poder vernos o curso que ven!!

Thank you Jabari!!!

 

Entrega de material do alumnado e recollida dos libros

Seguindo a Resolución do  do 22 de maio de 2020 (Ver), nesta fase 2, as familias poden vir recoller o material dos seus/suas fillas. Así pois, establecemos uns horarios para a recollida e á vez, entrega de libros da biblioteca e fondo de libros.

Aconséllase vir unha soa persoa por alumno/a e, o uso da mascarilla é obrigatorio.

O día e a hora que se marca para cada un dos cursos débese entregar os libros do fondo (de 3º a 6º EP a poder ser)e  os libros de préstamo da biblioteca (incluídas mochilas viaxeiras).

Os libros do fondo deben de vir en bo estado.

Os 3 primeiros días haberá un horario especial para o alumnado que teña irmáns nos cursos que se indican. Así pois, as familias virán cando lle toque vir polo material do alumnado de menor idade, por exemplo unha familia que ten un fillo en 4º ed infantil (3 anos) e outro en 3º de educación primaria virá o luns 1 de xuño respectando o calendario que se marca a continuación.

Se non pode vir o pai ou a nai que traia unha autorización a persoa que veña.

A entrega realizase no patio andaluz, gardando sempre a distancia de seguridade.

Cada día estarán dispoñibles os materiais dos cursos mencionados.

Se hai algún inconviente escribe un correo.

Podedes aproveitar ese día para entregar a solicitude de fondo de libros, se o tedes pensado facer de xeito presencial.

A solicitude comedor e transporte escolar aínda non está aberta para o vindeiro curso, cando estea avisamos e engadiremos a este tramite a renovación de autorizacións de imaxe, recollida de alumnado e actualización de datos persoais.

 

Luns 1 xuño

Martes 2 xuño

Mércores 3 xuño

Xoves 4 xuño

10:00: 4º Ed. Infantil- 3 anos

11:00: 5º Ed. Infantil- 4 anos

12:00: 6º Ed. Infantil: 5 anos

13:00: Familias de 3,4 e 5 anos que teñan irmáns no colexio.

10:00: 1º Ed. Primaria

10:30: 2º Ed. Primaria

11:00: Familias de alumnado de 1º e 2º Ep que teñan irmáns en 3º,4º,5º ou 6º EP.

10:00: 3º Ed. Primaria

 11:00: 4º Ed. Primaria

12:00: Familias de alumnado de 3º e 4º EP que teñan irmáns en 5º ou 6º.

10:00: 5º Ed. Primaria

 11:00: 6º Ed. Primaria

Estámolo conseguindo.

Publicamos unha nova entrega das actividades do alumnado no tempo de confinamento.

Grazas!

 

Modificación das programacións.

Seguindo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, fanse públicas as programacións para educación primaria relativas ao terceiro trimestre, modifcadas e adaptadas polos/as mestres/as.

1º Ed. Primaria.

2º Ed. Primaria.

3º Ed. Primaria.

4º Ed. Primaria.

5º Ed. Primaria.

6º Ed. Primaria

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Ainda que este ano non podes celebrar o Dia Das Letras Galegas todos xuntos, mandámosvos uns recursos, xogos e demais que vos poderán axudar a gozar do día dende a vosa casa!

Tedes os ligazóns no PDF!

2 de maio- Día internacional do acoso

O vindeiro día 2 de maio é o día internacional do acoso e seguindo o noso PDI deste curso (alimentación e cociña), dende infantil ven unha receita de loita contra o  acoso. 

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA 2020

Instrucións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para o terceiro trimestre.

Poñemos o enlace para que poidades ver as instrucións que publicou a Consellería no día de hoxe.

Enlace.

Video lectura 6º B

DÍA DA EDUCACIÓN FISICA NA CASA.

Todo o día na casiña

Compartimos coa comunidade educativa unha canción que acaba de sair publicada e ten un bo toque dunha familia do cole, Paty Lesta e Cristian Leggiero, que xa viñeron compartir con nós o día da paz. 

Voz Natura

O equipo de Voz Natura invitavos a contruir un futuro sen plástico. Para animarvos os profes xa comezaron a facelo, estaremos encantad@s de aprender de vos!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut