Skip to Content

Blogues

Boletín mes de Xaneiro

Ola familias!O equipo da biblioteca levan un mes de xaneiro MOI ocupado coa compra de moitas libros novos. Deixámosvos o boletín deste mes de Xaneiro con algunhas das novidades!!Feliz lectura!

Recomendación De Lectura Da Profe Tania

Ola familias!

Voltamos cunha nova recomendación, esta vez da profe Tania que nos fala dun conto que é unha novidade da nosa biblioteca!

 

 Premade https://youtu.be/q1Ghsycnskw

 

Enquisa Patios Dinámicos. Precisamos a vosa axuda!

Estimadas familias, 

Necesitamos a vosa colaboración para levar a cabo o Proxecto "Patios Dinámicos", no que buscamos dar opcións de ocio a todo o alumnado do centro e xogar en prol da integración.

O que tedes que facer é animar ás vosas fillas e fillos a que cubran a seguinte enquisa e axudalos a respondela no caso de que sexa necesario.

ENQUISA PATIOS DINÁMICOS (Cliquear no enlace)

Moitas grazas por participar!

O Equipo  do GT "Patios Dinámicos"

Recomendacións Nadal

Bos dias familias,

 

Hoxe rematamos o primeiro trimestre dun curso diferente. Para celebrar manánosvos as nosas recomendacións de libros para o nadal para darlle algunhas ideas aos reis magos. 

Tedes toda a información por etapas no PDF adxunto.

Bo Nadal!!

Recomendación De Lectura Da Profe Lara

A recomendación de libro desta semana faino a profe Lara. Escolleu un conto moi coñecido.

Mirade o vídeo tan chulo que fixo!

Grazas, Lara!

https://www.youtube.com/watch?v=lcxtU8xMZOU&feature=youtu.be

 

Mes da ciencia en galego nas bibliotecas

Ola familias!

Durante o mes de novembro estivemos celebrando o mes das ciencias en galego coa axuda de Blue Bot, o noso robot, que nos acompañou polas diferentes rutas do camiño de Santiago. O alumnado escoitaba a información para poder adiviñar a que vila ou cidade quería viaxar Blue Bot e, a continuación, programar a seu traxecto. 

Deixámosvos o vídeo cun pequeno resumo da actividade. 

https://youtu.be/dLa19VLQhsk

Na lareira dos contos puxéronse á disposición das clases, libros deste temática para o tempo de lectura. Está a converterse nun recuncho moi solicitado!

INAUGURACIÓN BIBLIOTECA 2020

Ola familias!

Xa casi está a rematar o primeiro trimestre, pero antes de celebrar o Nadal, imos mirar o comezo do curso. 

Este ano para a inauguración da biblioteca, o alumnado fixo unha actividade chamando "Contos No Camiño" relacionado co proxecto de centro. 

Nesta actividades, tiñamos que adiviñar a que peregrino/a lle pertencia cada mochila peregrina segundo as pistas que deixaran dentro. O/as Peregrino/as eran personaxes de coñecidos contos infantís.

Para o alumnado de maior idade a actividade consistía en realizar un "Escape Room", axudando ao peregrino Nikoletto saír do albergue de O Cebreiro.

 

 https://youtu.be/fIrXYqBVjMM

 

25N O CAMIÑO AO RESPECTO

Recomendación Lectora

Ola familias!

Esta semana, a recomendación lectora ven da man da profe Patri que nos fala do seu libro preferido, un conto cheo de maxia de Roald Dahl. Deixámosvos o ligazón!

 

 

https://youtu.be/zYo5zRICnew

 

 

 

25N O Mosteirón Camiñando cara o Respecto

Boletin mes de novembro

Ola familias!!

Deixámosvos o boletín deste mes de novembro coas novidades de libros da nosa biblioteca. O obxectivo deste documento é de informar a toda a comunidade educativa das novas neste curso tan atípico nel que o alumnado non acode á biblioteca coa mesma frecuencia. 

Tedes o documento PDF adxunto.

Boa fin de semana!!

Mes da ciencia en galega nas bibliotecas

Ola familias!

Este mes de novembro é o mes da ciencia en galego polo que noso recuncho, A Lareira do camiño xa está chea de libros sobre as diversas ciencias. 

Deixámosvos un documento con ligazóns con ideas de diferentes experimentos que podedes facer na casa...só tedes que pinchar no cadro de texto para abrir!

Convidámosvos a mandar unha foto dos experimentos que facedes: bibliotecamosteiron@gmail.com

 

RECOMENDACIÓNS CONTOS NO CAMIÑO

Bos días, familias!

Hoxe comezamos unha nova actividade dende a biblioteca baixo o noso lema "Contos no Camiño". Cada venres faremos unha recomendación dun libro. A nosa primeira entrega á da profe María recomendando a libro "Charlie e a fábrica de chocolate" de Roald Dahl. Cada semana haberá unha recomendación diferente.... estade atent@s!

Premade na imaxe para ver o vídeo!

 

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Onte celebrouse o Día Das Bibliotecas escolares!

Para celebrar este día, ao longo deste semana, o alumnado poderá participar nnha actividade de lectura e escritura de outono e Samaín.

Ademáis, preparamos coa axuda de equipo de EDLG, un recuncho de lectura chamado "A Lareira do Camiño", un lugar para ir ler os libros que recomendamos. Agora mesmo temos expostos libros do outono. 

 

Dende a Asesoria de Bibliotecas escolares de Galicia, o lema deste ano é "sempre o teu carón". Deixámosvos o cartel en formato PDF.

 

 

Catálogo biblioteca Online

Aínda que o alumnado poida visitar a biblioteca unha vez á semana coa súa titoría e no tempo de lecer cando lle corresponde, queremos compartir unha guia para poder buscar un libro online. Seguindo a guia, dende casa, podedes ver que libros temos dispoñibles no centro.

 

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER Á GUÍA

 

O CAMIÑO CON SENTIDIÑO NA BIBLIOTECA

Ola familias!!Deixámosvos a información sobre como facer o camiño con sentidiño na biblioteca do centro . Camiñamos xunt@s! 

Quenes formamos parte do centro.

Cando comece setembro actualizaremos a web xa co profesorado que formará parte do centro no curso 2021.2022.

Documento de xustificación de faltas de asistencia

As faltas de asistencia deben estar sempre xustificadas por escrito e as xustificacións permitidas son as seguintes: 

D 8/2015: Con carácter xeral, teñen a consideración de xustificables as seguintes faltas de asistencia a clase do alumnado:

a) Citacións que impliquen un deber inescusable, sendo xustificable o tempo necesario.

b) Morte ou enfermidade grave dun familiar de primeiro ou segundo grao.

c) Tramitación de documentos oficiais, presentación a exames e probas oficiais ou similares, sendo xustificable o tempo necesario.

d) Indisposicións, podendo ser xustificables ata un máximo de 2 días lectivos.

e) Enfermidade, sendo xustificable o tempo de prescrición médica.

Pódense xustificar dos seguintes xeitos:

- Mandando o impreso que se adxunta polo/a alumno/a. Non se aceptarán xustificacións escritas na axenda do/a alumno/a.

-Abalarmobil. O/a titor/a meterá a falta como non xustificada e a vostede apareceralle así na aplicación, debe proceder a xustificala. Preferentemente empregarase este xeito de facelo. 

-Enviando un e mail ao centro: ceip.mosteiron@edu.xunta.gal

Documentación alumnado nova incorporación

Á matrícula do alumnado de novo ingreso é do 1 ao 10 de xullo, ambos incluídos. A documentación a presentar é a seguinte.

Impreso de matrícula.

Folla de infantil.

Folla de Ed. Primaria.

Ficha médica.

Servizos complementarios: Transporte e comedor.

Autorizacións

Carne de bus (so para Ed. Infantil e 1º EP)

Distribuir contido


by Dr. Radut