Skip to Content

Blogues

Información sobre as medidas adoptadas pola pandemia do Coronavirus (Covid-19)

Nesta entrada estará unificada toda a información que se está trasladando estos días sobre a suspensión da actividade lectiva:

- Dende o día 16 de marzo e durante 14 días naturais suspendense as actividades lectivas. Enlace á nova (Visitar) 

- Instrucións do 13 de marzo 2020 (Consultar)

É importante aclarar que: Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

No DOG do 15 de marzo 2020 reflictese isto:

Se suspenden los términos y se interrumpen los plazos para la tramitación de los procedimientos de las entidades del sector público. El cómputo de los plazos se reiniciará en el momento en que pierda vigencia el presente acuerdo o, en su caso, las prórrogas de este. (Enlace ao DOG)

No centro educativo non se recollerá ningún tipo de documentación referida ao proceso de admisión ate novo aviso.

Se alguen precisa de algo de carácter urxente pode contactar con nós vía e mail: ceip.mosteiron@edu.xunta.es ou nos teléfonos 881.880.972/881.880.973.

Horario de 10:00 a 13:00.

Grazas pola vosa colaboración. 

Actividades para o período non lectivo por emerxencia sanitaria.

Estimadas familias:
Seguindo as instrucións publicadas o día 13 de marzo de 2020: " O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros  medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables",

así pois engadimos os enlaces para a súa descarga. Entrade como convidados e accederedes a elas (Debaixo do recadro que pide usuario e contrasinal... hai un recadro que pon "entrar como convidado). Tamén poderedes ver os e mails de contacto dos mestras e das mestras.

Agardamos que axiña poidamos estar de novo en activo. Moita forza para toda a comunidade educativa. 

Actividades educación infantil. 

Actividades educación primaria.

Basket tips, skills and drills

Ball handling skills

8M na biblioteca Mostierón

Nova actividade dende a bilbioteca do centro para o 8M.

LIGA "DESTRÚE AS TORRES" / "DESTROY THE TOWERS" LEAGUE

Objetivo del juego: derribar las dos torres del equipo contrario sin que las puedan reconstruir en los 10 segundos que tiene de margen el equipo de las torres derruídas.

 

Cada vez que se consiga, el equipo ganará un punto. Gana el equipo que tenga más puntos y tod@s l@s que disfruten con la partida ; ).

 

El número de jugador@s será de 10, con un mínimo de cuatro representantes de cada sexo.

 

En cada equipo deberá de haber los siguientes roles: lanzador@s (tratarán de derruir las torres del equipo contrario), defensor@s (evitan que se destruyan sus torres o que no las dejen reconstruír), constructor@s (cuando cae una o las dos torres, reconstruyen).

Entroido larpeiro

ENTROIDO NO MOSTEIRÓN

Este mes comezamos a contactar cunha escola de Novo Orleans, EEUU. 

Tiñan moitas preguntas sobre o noso Entroido. Fixemos un libro sobre a nosa escola e o noso Entroido.

https://issuu.com/bibliotecamosteiron/docs/entroido_at_ceip_o_mosteir_n_

 

Nova emisión en Mosteirón nas Ondas

 

BOLETIN BIBLIOTECA

Poñemos á disposición das familias, un boletín detallando as actividades do primeiro trimeste así como as ideas que temos para este segundo trimestre.

 

 

Mosteirón nas Ondas

No día de hoxe, 13 de Xaneiro, Día Mundial da radio nace "Mosteirón nas Ondas".

Agardamos que o desfrutedes tanto coma nós; na primeira emisión xa podedes escoitar de que vai tratar.

Hoxe, tivemos a sorte de contar con Mónica Rodríguez, escritora que veu á nosa biblioteca e da que non desperdiciamos a oportunidade de que puidese deixarnos unhas verbas para as primeiras emisións.

 

Perros y letras

Este venres comezou a desenvolverse no colexio unha nova actividade, denominada "Perros y letras". Foi ofertada polo Concello de Sada, dende a Concellería de Educación, como proxecto piloto. 

A esencia da mesma basease na potenciación e mellora da lectura, vocabulario, comprensión... así pois, as actividades lévanse a cabo cunha cadela chamada "Dana" e  este curso vanse desenvolver con 6 alumnos/as de educación primaria, un por cada nivel. O venres pasouse por todas as aulas de primaria para presentar a "Dana" e a súa dona.

 

Reserva da biosfera

Os alumnos e as alumnas de 5º EP están inmersos no Programa da Reserva da Biosfera, posto en marcha en colaboración co Concello de Sada. Están traballando sobre o horto escolar e.... despois dunhas nocións básicas explicadas no aula puxéronse máns á obra do invernadoiro.

 

 

Visita ao IES O Mosteirón

O alumnado de 6º EP visitou este venres o IES O Mosteirón. 

Obradoiro en 2º Educación Primaria

@s alumn@s de 2º EP realizaron esta semana un obradoiro coas familias dos nenos e nenas que cumpren anos ao longo deste trimestre; o obradoiro consistiu na realización dos disfraces de entroido.

Obradoiro de familias en educación infantil

O luns pola tarde realizamos coas familias do alumnado de educación infantil un obradoiro para a confeccións dos disfraces de entroido. Grazas ás familias pola súa implicación. 

Actividade conxunta 3 anos e 5º EP

Esta semana @s peques de 3 anos "mercaron" froita na froiteiría "As Delicias", que é o posto do mercado que teñen en 5º B. E xuntos fixeron uns ricos zumes.

 

Muggle Quidditch

In 6th grade we are playing a new sport based from Harry Potters books, Muggle Quidditch.

In the before link you have the main rules of the game, besides we have changed a little bit to do it easier.

Enjoy it and cath the snitcher! 

 

Admisión: Reserva praza IES O Mosteirón

As familias que teñan ao seu fillo/a matriculado en 6º Ed. Primaria e queiran que  sigan os seus estudios no IES “O Mosteirón” presentarán o documento adxunto (anexo I) na Secretaria do Colexio do 1 ao 15 de febreiro (de 09’00 a 14’00 horas) ou a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

Se polo contrario desexan que estudien noutro Instituto o prazo para a admisión de alumnos é do 1 ao 20 de marzoLembrámoslles que só se pode presentar unha única solicitude no Centro no que se solicita praza en primeiro lugar.
 
        Para calquera dúbida que Vdes. poidan ter (horarios, comedor, rutas de transporte escolar, ...) deberán poñerse en contacto co Instituto (Tlf.: 881.880.949)

Adxúntase formulario admisión. 

Distribuir contido


by Dr. Radut