Skip to Content

Blogues

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

 Hoxe saíu publicada a ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B). O prazo de presentación da documentación tanto para a axuda de material como de fondo do libros comeza mañá ,día 21 de maio, e abrangue ate o día 21 de xuño.

Deberedes presentar as solicitudes nos medios que indica a propia orde:

Este formulario (anexo I) tamén estará dispoñible:

a) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal

 b) Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación.

FIN DE CURSO 18-19

        Para rematar o ano escolar celebramos a festa fin de curso o vindeiro 21 de xuño; este ano a nosa proposta é realizar unha xincana relacionada cos xogos tradicionais, tanto galegos como doutras comunidades ou países, podedes propoñer vos o xogo, ou ben deixano nas nosas mans ;-). As persoas interesadas en participar poden asistir acompañando a un grupo de alumnos/as  de xogo en xogo e xogando ou ben dinamizando unha estación (xogo tradicional), tal e como xa fixeron algunhas familias o ano pasado. 

Despois do esforzo a ANPA e o centro convidarémosvos a degustar unhas viandas para recuperar os folgos e se non puidestes vir a participar na xincana tamén, para así despedirnos ata o seguinte curso. En calquera das opcións, precisamos que vos apuntedes na páxina web do centro na entrada “Fin de Curso 18-19” para comezar a distribuír tarefas e estimar as persoas asistentes. Por iso a data máxima para anotarvos será o luns 3 de xuño. Non obstante as persoas que non poidan confirmar aínda a súa presenza, poden poñerse en contacto connosco a través do seguinte correo: edaecmosteiron@gmail.com. Ademais, despois da merenda teremos o concerto do grupo TRUE MOUNTAINS, se aínda non os coñecedes este é o link da súa páxina web. 

Maxia no cole

Período de matrícula

 A matrícula para o alumnado de novo ingreso farase entre o 20 e o 30 do mes de xuño. A partir do 15 de xuño pódese recoller a documentación no colexio.

Alfombras naturais

Coa chegada do bo tempo e o cambio que se produce no entorno aproveitamos a semana das letras galegas para fomentar unha tradición: A creación de alfombras naturais e impulsar o noso PDI de arte.

Grazas ás familias polas aportacións realizadas.

Coa colaboración do Concello de Sada. 

 

 

III Feira de Abril

Xogas tradicionais no CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro

O alumnado de 4º de primaria realizou unha saída ao CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro, no que o seu alumnado de 3º e 4º de primaria realizou as funcións de monitores/as de distintos xogos tradicionais e tamén visitamos a súa exposición de xoguetes africanos. Foi moi interesante porque reflexionamos sobre o consumo, a creatividade, o reciclaxe e que o xogo e os xoguetes son universais e atemporais.

O millor e que vexades o ben que o pasamos... (cliqueade no seguinte vínculo

A CAPELA)

Moitas grazas a todo o centro por invitarnos a xogar con eles, en especial ao alumnado encargado de dinamizar os xogos e a Andrea, a sua mestra de Ed. Física.

Charla sobre deporte adaptado

A Fundación Abrente veunos dar unha charla sobre o deporte adaptado e sobre a importancia de adoptar sempre as medidas de seguridade indo en vehículos.

Listaxes definitivos de alumnado admitido e non admitido para o curso 2019/2020

Estas listaxes, teñen un carácter definitivo e poderán ser obxecto de recurso de alzada ante o Xefe Territorial da Consellería  Educación, Universidade e Formación Profesional  da Coruña (Praza de Luis Seoane, s/n - 15071 A Coruña) no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.- (Art. 32.1 da Orde do 12 de marzo de 2013 - DOG Núm. 53 do 15/03/2013)

Reserva da biosfera

O alumnado de 5º de Primaria realizou o venres día 3 de maio unha saída á ETAP (depuradora do Temple) e aos arredores do Encoro de Cecebre.

 

Día do Libro

Polo día do libro o alumnado de 1º foi á biblioteca "Ramón Suárez Picallo" de Sada e realizar un maratón de lectura. Aquí vai unha pequena mostra.

 

JUGGLING BALLS

Here you are the link to watch Dan´s tutorial showing you how to do juggling balls.

Remember!!!!

  • 4ºB bring the3 balls on 14th May and
  • 4ºA bring them on 16th May.

How to throw a frisbee / Como lanzar o frisbee

If you want to improve your skills  throwing a frisbee, click the link!

Listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido para o curso 2019/2020

Adxúntanse as listaxes provisionais.

Estas listaxes, teñen un carácter provisional e poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación. (Art. 30.3 da Orde do 12 de marzo de 2013 - DOG Núm. 53 do 15/03/2013) 

 

Día Mundial do Autismo

Coa colaboración do Concello de Sada. 

 

Eu son band

Hoxe tivemos no cole un concertazo, o grupo "Eu son band" (cliquea para ver a sua web), creado na Fundación Eu Son, veu ao noso colexio tocar. Un impulso máis para o noso proxecto das artes e un pasiño máis para favorecer a inclusión e que así, se faga visible para todo o alumnado.

A actuación estivo acompañada dos acordes de Iván, pai dun alumno do cole, quen nos propuxo esta fermosa actividade.

Moitísimas grazas! Mosteirón está inmensamente agradecido. 

 

ENTREVISTA III SAN SILVESTRE DO MOSTEIRÓN

 

Entrevista realizada por el alumno Abel Regueira C. de 5ºB. a dos participantes de la III Carrera de la San Silvestre do Mosteirón.

 

Entrevistados:

 

a.     Fernando Veiga, alumno de 4ºA.

 

b.     Sonia Presa, madre de un alumno del centro.

 

 

 

SEXTO NA CAPELA XOGANDO A XOGOS TRADICIONAIS

Dende comezo de ano, algúns cursos de primaria visitaron ao alumnado do CEIP Plurilingüe O Mosteiro de Caaveiro, onde as nenas e nenos do cole explicáronlles diferentes xogos aos que os nenos e nenas de tódolos tempos sempre xogaron.

E para que non se esquezan, que mellor medida que xogalos.

Moitas grazas a: Andrea, o seu alumnado e a todas as mestras e mestres do cole que nos fan sentir como se estivéramos no noso.

Se queredes ver o ben que o pasamos, cliqueade nos vínculos.

 

Sexto

Terceiro

Primeiro

 

 

Prazo de presentación de documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo

Todas as persoas que solicitaron praza para o vindeiro curso para os cursos de 4º e 6º de Educación Infantil deberán presentar a documentación acreditativa para xustificar a alegación de baremo.

Deixamosvos no arquivo adxunto a documentación a presentar.

O prazo para presentala é dende o 25 de marzo ate o 5 abril de 2019.

Para as familias que teñen irmans matriculados no centro, a certificación do centro xa a temos realizada, só teredes que entregar para ese apartado a fotocopia do libro de familia.

Pictogramas por todo o cole

Dende hoxe, o noso colexio conta con Pictogramas en case todos os espazos do centro, coa finalidade de atender á diversidade e axudar, sobre todo, ao alumnado con Trastorno do Espectro Autista a localizarse polos diferentes espazos.

Distribuir contido


by Dr. Radut