Skip to Content

FIN DE CURSO 18-19

        Para rematar o ano escolar celebramos a festa fin de curso o vindeiro 21 de xuño; este ano a nosa proposta é realizar unha xincana relacionada cos xogos tradicionais, tanto galegos como doutras comunidades ou países, podedes propoñer vos o xogo, ou ben deixano nas nosas mans ;-). As persoas interesadas en participar poden asistir acompañando a un grupo de alumnos/as  de xogo en xogo e xogando ou ben dinamizando unha estación (xogo tradicional), tal e como xa fixeron algunhas familias o ano pasado. 

Despois do esforzo a ANPA e o centro convidarémosvos a degustar unhas viandas para recuperar os folgos e se non puidestes vir a participar na xincana tamén, para así despedirnos ata o seguinte curso. En calquera das opcións, precisamos que vos apuntedes na páxina web do centro na entrada “Fin de Curso 18-19” para comezar a distribuír tarefas e estimar as persoas asistentes. Por iso a data máxima para anotarvos será o luns 3 de xuño. Non obstante as persoas que non poidan confirmar aínda a súa presenza, poden poñerse en contacto connosco a través do seguinte correo: edaecmosteiron@gmail.com. Ademais, despois da merenda teremos o concerto do grupo TRUE MOUNTAINS, se aínda non os coñecedes este é o link da súa páxina web. 

Para inscribirvos nas actividades do fin de curso, cliqueade no seguinte vínculo: "Festa Fin de Curso 18-19" 



blog | by Dr. Radut