Skip to Content

Blogues

O PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL 2018 NO COLE

Esta semana tivemos a sorte de que unha familia regalounos o libro  "Kusuma" de Héctor Cajaraville para a biblioteca do centro. Agardamos esta visita enormemente.

Moitas gracias á familia e moitas gracias Héctor.

 

TORRES DE CAROZOS DE MILLO

EXPOSICIÓN DE PRODUTOS DO OUTONO

Halloween Games

O mércores o equipo de plurilingüismo organizou uns xogos, nos que se ensalzaba a tradición do halloween. Co cal os distintos cursos na súa hora de ou ben lingua inglesa ou ben materia plurilingüe baixaron ata o patio planchero para levalos a cabo.

 

DIVERMAXIA

O pasado 25 do outubro o alumnado de 5º de Ed. Primaria asistiu a unha sesión de maxia e animación á lectura promovida dende a biblioteca do Concello de Sada.

 

Coa colaboración do Concello De Sada

DÍAS NON LECTIVOS

Indicamos que seguindo a orde do 28 de maio de 2018 pola cal se establece o calendario escolar e seguindo o Artigo 7. Días non lectivos
2. Nos centros en que unha ou as dúas festas laborais de carácter local a que se refire o punto anterior non coincidan con días de clase, os consellos escolares, os consellos sociais ou, na súa falta, os responsables dos centros de menos de tres unidades poderán solicitar, segundo proceda, un ou dous días non lectivos, que deberán preverse na programación xeral do centro, argumentando razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica. Neste centro os elexidos son 2 de novembro de 2018 e o 18 de marzo de 2019.

COLABORACIÓN CON ASPACE

Esta semana estiveron visitando o centro monitoras, rapaces e rapazas de Aspace para establecer colaboración entre os centros. É todo un pracer para nós iniciar este contacto.

Moitas gracias!

VENDIMIARTE

O pasado venres os e as peques de infantil estiveron vendimando, pero, este ano a vendima estaba adicada ás artes (Proxecto Documentado do Centro). Por iso, prepararon uns días antes o cadro de outono de Arcimboldo, música da vendima... para ir comezando a investigar sobre as 7 artes...pero isto non fixo máis que comezar! Aí vai o resultado.

 

BENVIDOS AO CURSO 2018.2019

Documentos do centro

LISTAXES DEFINITIVAS FONDO LIBROS

Adxuntamos listaxes definitivas de admitidos e exlcuídos de fondo libros.

A entrega de libros será o luns día 10 de setembro  de 11: 00 a 13:00.

 

LISTAXE PROVISIONAL FONDO DE LIBROS

 

 

              

 

 

  • Período de reclamación á listaxe provisional de fondo de libros: 11 e 12 de xullo de 2018
  • Listaxe definitiva de fondo de libros: 16 de xullo de 2018

NOVO EQUIPO DIRECTIVO

Dende o 1 de xullo o equipo directivo está formado por:

Directora: Silvia Abrodos Insua.

Xefa de estudos: Sonia Naveiro Garabato.

Secretaria: Marta Miramontes Penas.

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

FESTA FIN DE CURSO

O curso chegou ao seu fin e toda a comunidade educativa puxo un broche final a este curso cunha celebración na que a implicación foi impresionante. Moitas familias dirixiron xogos, axudando a preparar a merenda...polo que de verdade gracias a todas as familias, á ANPA por encargarse da merenda, ao persoal non docente que colaborou, aos mestres implicados e á profe que organizou todo isto, Paloma.

Bo verán!!!

 

Coa colaboración do Concello de Sada.

GRADUACIÓN

O Martes 19 de xuño tivemos a graduación dos alumnos/as que finalizan 6º de educación primaria e 6º de educación infantil.

NORABOA GRADUADOS  E GRADUADAS!

  

 

 

ACTUACIÓN DE PACO NOGUEIRAS

No cole tivemos a actuación de Paco Nogueiras, pasámolo moi ben e máis coñecendo a importancia dos libros, da lectura e das tradicións galegas.

 

ENCONTROS DE TRIBUS AFRICANAS

Os peques de infantil neste terceiro trimestre tamén levaron a cabo un encontro no que expoñen as súas aparendizaxes aos seus compañeiros e compañeiras; nesta ocasión viaxaron a África e cada clase especializouse nunha tribu e aquí tedes unha pequena mostra do resultado (aínda que hai que dicir que tamén tiveron obradoiro de cociña africana).

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2018/19

Adxuntamos as listas de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2018/19.

Distribuir contido


by Dr. Radut