Skip to Content

Blogues

Illa Fantasía

Circular Isla Fantasía

Adxúntase a circular de Isla Fantasía.

ACTIVIDADE FIN DE CURSO COAS FAMILIAS

Adxúntase circular enviada ás familias para informar sobre a actividade fin de curso.

 

APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA COMO COLABORES DE COMEDOR

Quen queira colaborar no comedor escolar do CEIP Plurilingüe O Mosteirón no curso 2017/2018  pode facelo no propio centro; nos arquivos adxuntos pódese descargar a circular e tamén o modelo de solicitude.

MOSTEIRÓN MODERNISTA

No día de hoxe inaugurouse na Casa da Cultura Pintor Llorens, a exposición "Mosteirón Modernista" que poderedes visitar ate o día 15. Poidemos desfrutar dos nenos e nenas de 6º de educación primaria contándonos como se fixeran os traballos, os materiais empregados e tamén tiveron momento para o intercambio de opinións co Alcalde, coa Concelleira de Educación e coa Concelleira de Cultura, contando deste xeito coa colaboración do concello de Sada.

Noraboa a todos os que tanto traballaron para que esto salise adiante a grazas ao concello por prestar as dependencias e como non, pola súa presenza.

 

EXPOSICIÓN "MOSTEIRÓN MODERNISTA"

Animádevos a ver a exposición sobre o noso proxecto deste ano "Mosteirón Modernista"; poderedes ver traballos tanto do alumnado de educación infantil como do alumnado de educación primaria. 

 

Grazas á colaboración do Concello de Sada.

TODOS LUCIMOS AS CAMISETAS QUE A ANPA NOS REGALOU!

Moitas gracias á ANPA polas camisetas que regalou a cada un dos nenos e nenas e a todos os profes do centro.

Os nenos e nenas polos corredores din: I Love Mosteirón!

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA EDUCACIÓN PRIMARIA

Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18 (DOG Núm. 96 do 22/05/2017)

 

SAÍDA A " O VENTOSO"

Os nenos e nenas de infantil foron á granxa escola "O Ventoso" en A Laracha onde, puideron montar a cabalo, facer pan, cepillar os ponis e ver todos os animaliños da granxa! En palabras dos nenos/as: pasámolo xenial!

 

ACTUACIÓN DA AGRUPACIÓN MUSICAL QUEIROA

Dende o Equipo de DInamización da Lingua Galega do cole propuxeron unha actividade na que todos os nenos e nenas do cole se puideron acercar ao folclore típico da nosa comunidade e veu da man da Agrupación Musical Queiroa, da que xa temos no cole a nova canteira que se vai incorporando: varios alumnos asisten a clases e algunhas das pandereteiras deiletáronnos coa súa música. Aquí veredes un resumo dos dous pases que fixeron por ideades, na que non faltou a música, os xogos de adiviñar instrumentos, a practica dos alumnos e mesmo o baile.

Moitas gracias Queiroa, foi todo un pracer!!!!

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2017

No día de onte, 16 de Maio conmemoramos o día das Letras Galegas, e unhas das actividades que fixemos, foi bailar algunhas cantigas populares de Galiza, que os alumnos/as ensaiaron coa profe Sandra de música.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut