Skip to Content

Blogues

PROCESO DE ADMISIÓN 2017/2018

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ 5º E 6º

O alumnado de 5º e 6º de primaria conmemorou este día cantando un rap contra o racismo e contra a discriminación e enchendo os corredores e as aulas de verbas e de imaxes de paz. Parabéns!

 

ENTROIDO 2017

Dende inicio de curso decidiuse darlle un impulso á tradición de Sada, relativa á época modernista, por iso no centro estase traballando sobre dita temática; así pois, o día 24 de febreiro, no centro festexaremos o entroido modernista de O Mosteirón e, ademáis de contar coa colaboración do Concello, tamén pedimos a vosa colaboración; precisamos que os nenos e nenas veñan disfrazados da época modernista. Nesta ocasión a celebración so será para os nenos/as,  deixando a celebración festiva coas familias para final de curso.

Mosteirón estase preparando para o evento, mirade algunhas das notas fiestras transformadas en vidrieras.

abalarMóbil

Informámosvos que o día 24 de xaneiro acordouse no claustro a posta en funcionamento da aplicación abalarMóbil , a cal é preciso instalar nun dispositivo móbil (tedes o manual e un video  nesta mesma entrada).

PAZ

Os alumnos de terceiro celebramos a PAZ.

En EQUIPO elaboramos unha bonita pomba.

Jump Rope

At PE from second to fourth grade we are enjoying with the jump rope at class. Furthermore, at the breaks you can see the ropes at the playground and it makes me feel happy. Because of that here you are differents videos to help you to improve the technique. Jump and enjoy playing together!

 

Some songs to practice too!

Procedemento de admisión para o curso 2017/2018- RESERVA DE PRAZA PARA O IES O MOSTEIRÓN

O proceso de admisión para o vindeiro curso comeza o día 1 de febreiro para aqueles alumnos que rematan os seus estudos no CEIP Plurilingüe O Moseirón.

AVISO

Dende o IES O Mosteirón echégannos este comunicado, para o día de mañá,  2 de febreiro.

Día da paz 2017

Hoxe 30 de Xaneiro no cole conmemoramos o día da Non Violencia e a Paz e fixémolo deste xeito. Están feitos uns verdadeiros artistas.

 

Carteamos en infantil

Todas as aulas de educación infantil están inmersas nun proxecto sobre a comunicación e para elo comezaron a facelo a través das cartas, pero para saber de primeira man como chegan as cartas aos nosos destinos, aprender a usar o mataselos e descubrir moitas incógnitas tiveron a sorte de ter a visita de Manolo, carteiro de correos de Sada, ao cal lle damos moitísimas gracias!

Aquí vai un pequeno resumo da visita.

San Silvestre Mosteirense

Para rematar o primeiro trimestre e comezar as vacacións con enerxía, celebramos unha carreira dentro do centro na que participaron nenas e nenos dende Infantil ata sexto de Primaria. 

Judo en O Mosteirón

Aínda que estemos nun novo ano, aproveito a posta en marcha da nosa nova páxina web para deixar constancia da nosa experiencia có Judo na área de Educación Física.

No primeiro trimestre todos os cursos de Primaria tivemos a oportunidade de disfrutar dunha sesión para coñecer un pouco deste deporte.

Recollidas bus

Xustificación de faltas

Composición do Consello Escolar

BO NADAL!

Con este  mannequin challenge queremos desexarvos a tod@s un bo nadal e un feliz aninovo de parte de  todos os  alumnos/as, profes e persoal non docente do CEIP Plurilingúe O Mosteirón.

Vémonos o 9 de xaneiro. 

OS MAIORES INTERPRETAN PARA OS PEQUENOS

Dende o equipo de actividades extraescolares e complementarias  propuxeron que se interpretasen obras de teatro, cancións.. para outras clases e aquí podedes ver tres actuacións dos maiores aos pequenos de infantil!! Xenial! Noraboa!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut