Skip to Content

Blogues

CLUSTERS

Este ano no centro temos un grupo de traballo para traballar o tema do modernismo a través da metodoloxía SEM, que serve para traballar  o talento dos nenos/as baseándose amplamente nos intereses, se cliqueades no enlace podedes ver en que consiste (Enlace á metodoloxía). En educación infantil, ademais de levalo a cabo co modernismo, decidimos extrapolar este tipo de metodoloxía a outros ámbitos, e para iso, creamos unha actividade chamada “Clusters”. Para iso preguntamos a cada neno/a individualmente que é o que máis lle gusta facer e o que lle gustaría facer  no cole, e en base a todas as respostas, sacamos 6 ideas clave: pintura, cociña, xogos tradicionais, deportes, coches  e cantar e bailar. Así pois, en base a unha enquisa de intereses posterior dividimos aos nenos nos 6 ámbitos, quedando 6 grupos con 13 nenos/as aproximadamente nos que están mesturados nenos/as das 3 idades.

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO

Estas listaxes, teñen un carácter definitivo e poderán ser obxecto de recurso de alzada ante o Xefe Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña (Praza de Luis Seoane, s/n - 15071 A Coruña) no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.- (Art. 32.1 da Orde do 12 de marzo de 2013 - DOG Núm. 53 do 15/03/2013)

 

FEIRA DE ABRIL NO CEIP PLURILINGÜE O MOSTEIRÓN

Educación Infantil está inmerso nun proxecto que permite a pequenos e maiores achegarse á cultura andaluza, solventando varios interrogantes sobre o noso patio cuberto de Infantil, xa que é coñecido polo patio andaluz. 

 Coñecemos onde se atopa Andalucía, en que medios de transporte podemos chegar até alí, cal é o máis típico de alí, así como descubrir a súa gastronomía, tradicións, vestimenta típica, música... e mesmo indagar sobre o significado dos azulexos do patio andaluz. Traballando o proxecto  coincidía coa Feira de Abril de Sevilla, polo que puxémonos máns á obra e traballámola á vez que a recreamos, formando as nosas propias casetas, cada unha cunha comida diferente: xamón, queixo, aceitunas, churros, garrapiñadas... e mesmo o manxar estrela para eles: algodón de azúcar.

THE ROYAL GREEN JACKETS

O luns 24 de Abril visitou o centro a Asociación The Royal Green Jackets; a finalidade da visita era achegar aos escolares á época da II Guerra Mundial. Para iso deron unha charla ao alumnado de 6º e logo os nenos e nenas tiveron a ocasión de visitar os seus vehículos e mesmo montar neles; tanta expectación causou que varias cursos foron velos de primeira man.

Premendo na foto podedes ver o blogue de dita asociación.

Dende o centro darlle as gracias á asociación por vir e explicarnos todo con gran detalle.

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O CURSO 2017/18

De acordo co artigo 30 da Orde do 12 de Marzo de 2013 "3. As listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas deberán publicarse antes do día 25 de abril de cada ano, indicando expresamente que se poderá formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publica‑ción, ante o consello escolar no caso de centros públicos, e ante a titularidade no caso de centros privados concertados."

Adxúntase as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso. Contra esta lista provisional hai un prazo de 5 días hábiles para reclamar, finalizando este o martes 25 de Abril. Dado que a data de hoxe, 18 de abril celebrouse o consello escolar.

DÍA DA ÁRBORE

Dende o venres temos un novo castiñeiro no centro, xa que, debido ao día da árbore decidiuse plantar unha árbore para seguir conservando o entorno do bosque. Como nas datas próximas ao día da árbore fixo mal tempo pospúxose ate este día.  O acto amenizárono tres pandereteiras (tocando e cantando) e os alumnos/as de 6º de educación primaria cunha canción.

Gracias a Miguel, o xardineiro,  pola colaboración!

 

 

PRIMAVERA DOCE EN EDUCACIÓN INFANTIL

Os nenos e nenas de educación infantil despediron o segundo trimestre cociñando ricos manxares que compartiron con todos os compis de infantil ao son da música, festexando a I Festa da Primavera do cole

ADMISIÓN- AVISO IMPORTANTE PARA O ALUMNADO QUE SOLICITOU PRAZA PARA 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Segundo o establecido no artigo 17 da Orde do 12 de Marzo de 2013 e a súa modificación establecida no abeiro da orde do 25 de xaneiro de 2017, o centro abre o prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos dous días seguintes ao remate de prazo de presentación das solicitudes de admisión, para presentar, de forma presencial no centro, a documentación xustificativa dos criterios de baremo sinalados nos artigos 20 e seguintes da Orde 12 de Marzo.

Non obstante, só será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de domicilio fiscal, renda per cápita da unidade familiar, condición de familia numerosa e de discapacidade do alumnado, do/da proxenitor/a, do/da titor/a ou dos/das irmáns/ás recoñecida pola Xunta de Galicia, cando a persoa interesada denegue expresamente a consulta automática segundo establece o artigo 14 bis desta orde».

O PRAZO É DO 23 DE MARZO AO 5 ABRIL (Ambos Incluídos)

DEBUXOS GANADORES CONCURSO ANPA

NORABOA AS GANADORES E GANADORAS!! Foi moi complicado tomar a decisión, son uns grandes artistas! E gracias á ANPA pola iniciativa (as fotos da entrega dos premios están no video do entroido)

ENTROIDO MODERNISTA (II PARTE)

BAILES MODERNISTAS

OS NENOS E NENAS DE MOSTEIRÓN VOLVEN Á ÉPOCA MODERNISTA (I PARTE)

Todo o cole retrocedeu á época modernista, ambientación, medios de transporte, bailes e roupa. Grazas ao Concello de Sada, ás familias e á ANPA pola colaboración.

E mesmo saímos na tvg:

E TI, QUE FAS POLO MUNDO?

Durante este curso 2016/2017 estase a desenvolver un programa educativo posto en marcha polo Consorcio das Mariñas co apoio do CEIDA ( Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), que pretende achegar aos escolares de Educación Primaria os conceptos de consumo responsable orientados a profundizar na redución dos residuos. O noso alumnado de 5º participou nas actividades impartidas polo CEIDA, realizándose dúas sesións didácticas, nas que se traballou a sensibilización e conciencia dos escolares para que os cambios sexan perdurables. A campaña está deseñada para o coñecemento e dispersión da mesma ás familias e ao resto da cidadanía, para o que se creou unha páxina de Facebook na que se amosan as actividades https://www.facebook.com/etiquefaspolomundo/?fref=ts. Aquí tedes  os carteis que fixeron os rapaces e rapazas do noso centro. Grazas a Sergio París por facer o obradoiro atractivo e motivador para todos/as.

 

ENTRO no ENTROIDO MODERNISTA 2017. FOTOS E CICLO DE CONFERENCIAS DE ALUMNOS DE 4ºA . PO DE XIZ 21

NA SEMANA DO ENTROIDO, ADEMAIS DE DIVERTIRNOS E CELEBRALO POR TODO O ALTO COA FESTA DO DÍA 24 FEB, TAMÉN INICIAMOS O NOSO CICLO DE CONFERENCIAS, ALGUNHA DELAS RELACIONADAS ESTREITAMENTE COS ANOS DO MODERNISMO.

INVITÁMOSVOS A VISITAR O NOSO BLOGUE  "PO DE XIZ 21" (PREME AQUÍ) E BOTAR UNHA OLLADA.

PO DE XIZ 21 TEN UNHA ANTIGÜIDADE DE CASE 5 ANOS , ONDE COMPAÑEIROS NOSOS DE ANOS PASADOS TAMÉN DEIXARON A SÚA PEGADA. AGORA TÓCANOS A NÓS!

 

RESERVA DE PRAZA 2017/2018

Información do centro sobre a admisión do curso 2017/2018

Oferta de postos escolares – Curso 2017/18
 

Formulario admisión

Instrucións admisión 2017/2018

ACTIVISTAS CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Os alumnos e alumnas de 5ºA son "Activistas contra o acoso escolar", ao participar no 33 Concurso Escolar ONCE, que este ano quere sensibilizar a toda a comunidade educativa sobre a importancia de loitar todos xuntos contra este problema que afecta a tantos rapaces e rapazas. Por iso, fixeron  este cartel que amosa o sufrimento que pode causar o acoso e como é necesario actuar para cambiar a situación.


 

Distribuir contido


by Dr. Radut