Skip to Content

Blogues

BALÓN DE OURO 2021

Noraboa aos premiados do balón de ouro, en especial a Alexia Putellas, a segunda persoa española en conseguir este importante e recoñecido premio no mundo do fútbol. 

CAS_ Club Atletismo Sada

C.A.S. No CEIP Plurilingüe O Mosteirón estamos moi agradecidos pola axuda recibida do Clube de Atletismo de Sada. Con eles comezamos a nosa San Silvestre e nas catro edicións celebradas, sempre estiveron dispostos e dispostas a colaborar connosco na preparación e realización do evento. Xa sabedes que no centro temos a actividade extraescolar de Atletismo, pero por si non podedes asistir no cole o alguén máis da familia ten interese en coñecer o clube, deixámosvos o enlace a súa páxina web. Por certo, este ano retomamos a celebración da San Silvestre... Preparad@s, list@s... para o 21 de decembro! 

LA ENSALADA

Non pode faltar o super éxito da carreira ENKI 2021 no CEIP Plurilingüe O Mosteirón...

"LA ENSALADA"

MerequetÉ

Emoji pictionari Thanksgiving edition

Para celebrar o Thanksgiving deixamos un video para facer un pouco de actividade física e resolver adiviñas a través de emoticonas. 

 

For celebrating Thanksgiving we´ll present you a video to practice physical activity, guessing what emojis can express. Have fun! 

Últimas novidades da biblioteca

Ola familias!!

Queremos compartir as novidades da nosa biblioteca para que vexades algúns dos libros que estivemos mercando nos meses de setembro e outubro. 

 

Se facedes clic en + info ou na imaxe da portada do libro, podederes ler un pouco de información sobre o libro!

Feliz lectura!!

 

Froitas, verduras e legumes... Por qué?

Deixamos un interesante artigo sobre o importante que é alimentarse adecuadamente.Leémonos!

Dame 10!

Dame 10! Preme no enlace para acceder a diversos recursos nos que poderás dar descanso a tua mente e revitalizala cun pouco de exercicio. 

Espazos activos

Galicia activa No enlace poderedes atopar recursos activos na zona de Sada e noutras partes de Galicia.

Recomendacións Verán

Ola familias!!

Xa non queda nada para que remate o curso, polo que, dende o equipo de biblioteca, queremos recomendar algúns libros para o verán!!

Feliz Lectura!!

 

Patios dinámicos 20-21

Apadriñamento lector Virtual

Este ano, debido á pandemia, non foi posible continuar co programa de apadriñamento lector de forma habitual polo que decidimos facelo de forma virtual. As clases prepararon un vídeo dun conto favorito que foi compartido durante a hora de ler. 

Deixamos aquí os diferentes contos lidos!

 

Chivos Chivones de 5° de Infantil
https://youtu.be/AdVinVKz57M

Dona Carme 1°A
https://youtu.be/drhzsjSgVdg

 Martiño e as cenouras desaparecidas de 1°A

https://youtu.be/xAi0YeUnVTk

Dona Carme de 1°B
https://youtu.be/hnwb5agJWmc

El Sapo Sordo de 3°A
https://youtu.be/Dj2eT_Pfgww

We're going on a bear hunt de 4°A
https://youtu.be/ggkesWJhjbY

¿Quién es Nuria? De 4°A
https://youtu.be/qeF3J6l91Sg

¿Qué es un refugiado? De 4°B
https://youtu.be/Djiok9i6nNs

Un agasallo diferente de 5°A
https://youtu.be/No3BY6bm8hg

Muna e Chave de 5°A
https://youtu.be/9E-vgzs18cQ

 

Rodolfo y el cumple de Susi de 6°A
https://youtu.be/-BSZxm-VpcI

 

Orellas de bolboreta de 6°B
https://youtu.be/Q9CXLS7wpNI

Moitas grazas aos que, ata agora, participaron e parabén polas vosas actuacións!!

 

 

 

 

 

Novidades abril 2021

Ola familias!

Unha vez máis, traémosvos as últimas novidades. No mes de marzo e abril estivemos reestructurando os libros de materias así como mercando e catalogando libros novos. Aínda nos quedan moitos máis!! 

Día do libro 2021

Continuamos o noso camiño cos contos! 

Para celebrar o día do libro 2021, traballamos baixo o lema "Escolle un conto, escolle un camiño" na que cada aula escolleu un destino e unha emoción relacionada cun conto. Decoraron dúas frechas coas palabras elexidas, quedan preciosas na biblioteca!

Deixamos a ligazón do vídeo para ver os resultados!

https://youtu.be/N2MwyJmw4bE

Recomendación Lectora

Temos unha nova recomendación lectora da man da profe Sule. A autora do conto é moi coñecida polo noso alumnado por libros como O Monstro De Cores ou Topito Terremoto. 

 

https://youtu.be/HpsUIhw2kJc

 

 

Boletín mes de febreiro

Febreiro pasou moi rápido entre libro e libro! Deixamos as novidades do mes de febreiro. Na sección de materias podedes ver todos os libros novos sobre o corpo humano!!

 

Rutas por Sada

Neste apartado presentamos actividades que podedes realizar en familia. Buscando, ademáis de que compartades tempo de calidade, que incrementedes a actividade física de toda a familia. Para comezar adxuntamos uns folletos que baixamos da páxina web do Concello, nos que aparecen roteiros tanto urbanos como naturais en Sada. Para todos os gustos tanto dos urbanitas como dos que gozan da natureza. Non vos parecen unhas fantásticas opcións? Máis aínda, agora que non podemos sair dos nosos Concellos.Xa nos contaredes as vosas experiencias. Saúdos! 

Warm Up - Quecemento de "the PE Specialist"

VS Battle One. From PE Bowman

Para aproveitar a movilizar o corpo e darlle oxíseno á mente, adxuntamos uns vídeos de diferentes canles de youtube para realizar descansos activos. 

Non esquezades facer un pequeno quecemento antes de comezar co vídeo, este é de alta intensidade. 

Ánimo!!!

 

Almorzos e merendas saudables

Benvidas familias ao recuncho de propostas saudables na alimentación. Como ás veces resulta complicado pensar en opcións sans e variadas para que as nenas e nenos traigan ao cole, adxuntámosvos algunhas propostas de duas fontes distintas. Esperamos que sexan de utilidade! 

Distribuir contido


by Dr. Radut