Skip to Content

Blog de biblioteca

COREOGRAFÍA: EL BALLENERO

 

Un grupo de música e danza integrado por alumnado autodidacta de 4º e 6ºB presenta na biblioteca El Ballenero en dúas sesións:

- durante o recreo actúan para o alumnado de primaria.

 

- durante a hora de ler actúan para o alumnado de infantil.

 

 

 

Dúas actuacións brillantes que recibiron unha gran ovación do público asistente e numerosos comentarios positivos posteriormente nas aulas

 

                                     

                               

                  

Parabéns a este  ilusiónante grupo. Agardamos vervos de novo.

 

Grazas tamén aos nosos bibliocolaboradores, sempre dispostos.

 

Sen eles moitas cousas non serían posibles. Grazas!

 

 

VOLUNTARIADO LECTOR: CONTADAS DO MES DE FEBREIRO

  • Mércores 28 de febreiro: voluntariado de 5º conta contos na biblioteca ao alumnado de Infantil.

 

  • Venres 16 de febreiro: voluntariado de 6º conta ao alumnado do 1º ciclo na hora de ler:

 

 

 

 

 

  • O mércores 7 de febreiro o alumnado de infantil asistiu a biblioteca a súa tradicional sesión de contos realizada polo alumnado voluntario de 5º.

Nesta ocasión as encargadas da lectura foron Paula e Naiara

 

 

 

Os contos fixeronse un pouco longos, un erro pola miña parte na elección dos mesmos. 

Algo a ter presente nas próximas seleccións.

 

O BIBLIOFORMIGUEIRO

Ao regreso das vacacións de Nadal recibimos un paquete cunha etiqueta que dicía FRÁXIL

Era o formigueiro que estabamos agardando! Sorriso

Despois de comprobar que todo estaba correcto, a profesora Ana Jato levouno á súa aula. Ela e o seu alumnado  encargaranse de ofrecerlles o descanso necesario,  realizar a montaxe do formigueiro  e os coidados precisos.

 

 

Despois dunha semana de adaptación e da pertinente preparación informativa realizada na aula, Ana Jato e tres alumnos presénta na biblioteca, dentro dos martes científicos, o formigueiro:

1) video informativo sobre a montaxe do formigueiro e a incormporación das formigas

2) Presentación do formigueiro e as súas partes

3) Formigas, tipos e funcións

4) Coidado e alimentación

5) Observación individualizada e ordenada

Grazas a todo o alumnado asistente polo interese amosado e o seu respetuoso comportamento, sabedores de que ás formigas non lles gusta o ruído.

Ao regreso do entroido, o Biblioformigueiro viaxeiro, visitará durante un tempo todas as aulas que o queiran acoller para observar e coñecer de primeira man ás formigas e concienciarse da dedicación que implica acoller un ser vivo, unha mascota.

Continuará...

 

OBRADOIRO DE CÓMIC CON CRISTIAN CARUMCHO

27/02/2024 06:49
27/02/2024 06:49
Europe/Madrid

FAMILIA E LECTURA: CONTOS CON MIGA - GRUPO DE TEATRO MIGALLAS

15/02/2024 06:43
15/02/2024 06:43
Europe/Madrid

TIMBRE MUSICAL 2023-24 (2º Trim)

 
TIMBRE MUSICAL 2º TRIMESTRE:
 
  • MARZO

 

Timbre Musical - Marzo 24 de reli sol

 

  • FEBREIRO

 

Timbre Musical - Febreiro 24 de reli sol

 

    • SEMANA A ROSALÍA DE CASTRO

 

 

Timbre Musical - Semana Rosalía de Castro de reli sol

 

 

 

  • XANEIRO 

Timbre musical - xaneiro de reli sol

 

    • SEMANA DA PAZ

 

Timbre musical - semana da paz de reli sol

AS NOSAS CONTADAS

Comezamos o ano cun amplo programa de Animación á Lectura, As Nosas Contadas.

Un programa de animación lectora semanal compartida: A Hora do Conto, en directo,Contiños Pequenos, na radio.

Un programa no que se fomenta a expresión oral, a escoita, o voluntariado, a solidariedade, o respecto, a lectura pracenteira... e a colaboración e convivencia interniveis.

Con todos vos As Nosas Contadas da 3º semana de 2024:

  • Contiños Pequenos:

 

 

  • A Hora do Conto:

 

    • Contadas en infantil (voluntariado de 5º):
      • Naiara e Sofía, Paco Papán e

 

 

    • Contadas no 1º ciclo (voluntariado de 6º). Breve mostra fotográfica:

 

      • 1ºA: Xiana e Clarisa

 

 

      • 2º A: Ánxel e Lucas.

 

 

 

A vindeira semana, máis contadas.

 

AXENDA BIBLIOFORTE LÚDICA

OS VENRES... UN CONTO: A princesa e as abellas

O comezo das vacacións de Nadal e a visita de Papá Noel obrigounos a adiantar o día e mudar o lugar da actividade de "O Venres... un conto".

Este xoves, o alumnado de 2º e a súa titora Ana Jato, leronnos na biblioteca de infantil o conto "A Princesa e as abellas"

ante un público numeroso e atento.

 

Ademáis da lectura realizada de forma alterna por  Estela e Antonoine coa colaboración de Anouar,

seguíamos a lectura nas ilustracións impresas nunha tea branca pendurada na parede.

 

Tanto nos gustou o conto que rematada a lectura de Antoine e Estela, pedimos as profes Goretti e Ana que nolo volveran ler.

Parabéns!!!!

Felices Festas !!!!

 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS - NADAL 2023

 

FELIZ LECTURA!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut