Skip to Content

BiblioCreativa

EXPOSICIÓN: AS NOSAS CONSTRUCIÓNS E CREACIÓNS

Última exposición coas creacións do noso alumnado realizadas durante o recreo.

Desde a biblioteca queremos fomentar o pensamento creativo e funcional a través do xogo. A evolución que fomos vendo ao longo do curso é unha mostra clara da importancia do xogo creativo no proceso de aprendizaxe.

Parabéns!!!

 

4 DE XUÑO, DIA DOS INSECTOS - OBRADOIROS DE ARTE NATURAL

4 DE XUÑO DÍA DOS INSECTOS

Para conmemorar a festividade dos insectos realizaronse dous obradoiros de arte natural, un no recreo para o alumnado de primaria e outro na hora de ler para o alumnado de 5 anos.

Unha experiencia moi fermosa da que amosamos unha pequena reportaxe fotográfica.

 

 

 

 

 

Parabéns!

 

EXPOSICIÓN "AS NOSAS CONSTRUCIÓNS CREATIVAS"

Este martes día 19 de marzo presentamos unha exposición de maquetas realizadas polo noso alumnado durante o recreo, empregando material diverso da zona STEAM.

Fermosas creacións realizadas polo noso alumnado de xeito individual e/ou en pequenos grupos, durante o recreo e por iniciativa propia.

Día a día comprobamos como se incrementa o número de participantes e mellora a calidade das obras realizadas.

Parabéns!

 

OBRADOIRO DE CÓMIC – CON CRISTIAN CARUNCHO

Onte, martes 27 de febreiro, visitounos Cristian F. Caruncho, ilustrador e deseñador de cómics. Gañador do Premio Castelao de Banda Deseñada, da Deputación de A Coruña, polo seu western dos porcos bravos O día de San Martiño.

Durante a mañá Cristián imparte dous obradoiros ao alumnado de 5º nos que a través dunha creación propia, Saínza a Punkereteira, amosa o proceso a seguir na elaboración dun cómic:

elixir unha personaxe, pensar unha historia, buscar información, fotografar ou visualizar escenas da vida real para realizar os nosos debuxos, etc.


 

Como poidemos ver o resultado final é froito dun laborioso proceso.

 

Tanto a nivel gráfico como a nivel narrativo, dous aspectos que no cómic van da man.

No caso de Cristian poidemos comprobar que as súas creacións están inspiradas na súa vivencia persoal: lugares, amistades, persoas coñecidas, etc. e no caso da ilustración do libro Saínza a Punkiereteira no traballo colaborativo con Maria Canosa, autora do texto.

Tras esta presentación inicial do seu traballo e o proceso de realización paso a paso tocalle ao alumnado de 5º poñer en marcha a súa imaxinación e os seus dotes narrativos e artísticos pois deben elaborar un cómic no que o seu personaxe se atope con Saínza a Punkieriteira.

 

Sentimonos orgullosos do noso alumnado que traballou ilusionado na creación deste cómic aproveitando estupendamente o apoio e colaboración de Cristian en todo momento.

En tan pouco tempo no é posible rematar un cómic pero si facer un boceto é a verdade que temos que felicitar ao noso alumnado porque o fixeron xenial.

 

Alguns quedaron no tempo de lecer falando con Cristian querían saber máis sobre como debuxar ... e incluso querían ter un recordo persoalizado deste encontro. Non reparou en facer un debuxo a todas aquelas persoas que llo pediron 

Un obradoiro formativo recomendable.

Para rematar damos as Grazas a Cristian por agasallar a Biblioforte cun exemplar de Sainza a Punkiereteira e Dorotea e como non, tamen por todos os debuxos cos que agasallou ao noso alumnado.

Grazas.

OBRADOIRO DE CÓMIC CON CRISTIAN CARUMCHO

27/02/2024 06:49
27/02/2024 06:49
Europe/Madrid

AXENDA BIBLIOFORTE LÚDICA

Compartindo Saberes: Obradoiro de Debuxo.

Este luns, 16 de outubro, tres alumnos de 4ºA: Noa, Román e Hugo, compartiron a súas habilidades artísticas nun obradoio no que amosaron como debuxar un gato e un armiño dunha maneira moi doada.

 

Parabéns!!!!

Grazas por compartir.

 

 

 

OBRADOIRO DE RADIO CON: JOSÉ MARÍA BARÁ

Este luns, 29 de maio, o alumnado de 3º e 5º de primaria comezamos a semana cun obradoiro de radio SUPER interesante impartido por D. José María Bará.

Para facilitar a formación e a participación de todo o alumnado organizaronse dúas sesións unha para 3º de primaria e outra para 5º. En ámbas sesións, José María, centráse nos dous aspectos fundamentais da radio na biblio:

- a expresión oral e escrita: preparación do guión e locución

- a utilización das novas tecnoloxías da información: tecnoloxía e boas prácticas.

,

Excelente experiencia formativa que tivo unha moi boa acollida.

Posteriormente o profesorado tivemos a oportunidade de resolver dudas e ampliar coñecementos para mellorar a utilización do noso locutorio de radio.

Vaia o noso agradecemento a José María Bará por esta labor formativa que nos é de gran axuda.

 

 

 

CARAUTAS AO ESTILO PICASSO

 

 

O paso mércores e xoves, con motivo do 50 aniversario da morte de Pablo Picasso (1973-2023), en Biblioforte, durante o recreo, tivo lugar un obradoiro creativo de elaboración de carautas ao estilo Picasso.
Esta é a segunda actividade dinamizadora realizada pola biblioteca para dar a coñecer dunha forma lúdica e creativa ao alumnado o coñecido artista español. O día 8 de abril cúmprese o 50 aniversario do seu finamento.
O alumnado participante desfrutou moito.
Aquí tedes una pequena mostra das creacións realizas.
 
 
 
 
 
 
 
-
 

 

 

ACTIVIDADES STEAM

Selección de actividades STEAM

 

ÍNDICE:

 

DEBUXO xeométrico,artístico E 3D

papiroflexia

retos

 GRAFISMOS:

 

 

.

Distribuir contido


by Dr. Radut