Skip to Content

Letras

MOCHILAS VIAXEIRAS: FIN DA ANDAINA 23-24

 

Regresan a biblioteca as mochilas viaxeiras que durante o curso estiveron rulando en todos os niveis.

Unha mochila por aula, cada venres chegaban ao fogar do noso alumnado, para volver de novo o xoves seguinte e comezar unha nova andaina.

Esta semana as mochilas regresaron a biblioteca cargadas da enerxía das familias lectoras que gozan coa a lectura e comparten no caderno de bitácora a súa experiencia, comentando e ilustrando o libro que máis lles gustou, converténdose en verdadeiras xoias de animación lectora e canle para socializar e facer grupo.

 

A valoración positiva transmitida persoalmente e através do caderno de bitácora é un recoñecemento ao resforzo económico e organizativo realizado a principios de curso.

 

A continuación unhas imaxes, mostra da boa acollida desta actividade de dinamización lectora en familia:

 

 

 

 

...

 

Para Biblioforte é super importante contar coa colaboración das familias na fundamental tarefa de animación a lectura do noso alumnado.

Grazas familias por estar sempre dispostas a colaborar.

Moitas grazas!!!!

Feliz verán e pracenteiras lecturas.

 

 

SABELA GAGO, MALETAS VIAXEIRAS -Mes das Letras

 

 

A punto de finalizar o Mes das Letras Galegas, SABELA GAGO e as súas maletas viaxeiras chegan a Biblioforte.

 

Cunha contada teatralizada e interactiva

a gran actriz, pedagoga e contadora de contos embárcanos nunha fascinante viaxe na que ollar o mundo doutra maneira e viaxar sen saír do lugar, coa lectura e a imaxinación.

  

 

Dous libros,

  

 

maletas de distintos tamaños e formas

e unha gran actriz contadora de contos, engaiolaron ao alumnado de Infantil e 1º Ciclo, que na compaña de Sabela Gago  viaxou a países reais e imaxinarios: en avión, barco, helicóptero e ata nunha nave espacial.

Visitaran París, Londres, Roma, Brasil, Nova York, Sevilla...

 

 

Rematamos a aventura na gran muralla chinesa xunto a ratiña Sofía na súa viaxe polo Universo para descubrir quen é o ser mais poderoso do Mundo.

  

 

Moitas grazas Sabela pola túa visita e por facernos pasar un rato tan agradable e divertido viaxando coa lectura e a imaxinación .

Ata pronto!!!

 

Sabela Gago: Animación Lectora

28/05/2024 06:52
Europe/Madrid

Por.cortesía da Editorial SM.

 VER-->

 

OS VENRES... UN CONTO, OBRADOIRO DE PINTURA E VOLUNTARIADO

Rematamos a Semana do Libro cun recoñecemento aos nosos bibliocolaboradores de 6º entregandolles un lápiz cun bibliotoppers co logo da biblioteca deseñado por Richi, profe de Educación Física.

 

Seguidamente tivo lugar un obradoiro de debuxo impartido por tres voluntarias de 4ºA

e unha sesión de contacontos cos Video Libros realizados pola comunidade educativa e Biblioforte TV,  aloxados en Biblioforte dixital.

Grazas a todos os que participaron nesta Semana do Libro.

 

INAUGURACIÓN de BIBLIOFORTE TV - Día do Libro 2024

O proxecto audiovisual RadioForte TV

inaugura unha nova canle de televisión, Biblioforte TV,

canle que nace cun dobre obxectivo: ofrecer un novo recurso, novos fondos (videoteca educativa de creación propia) e unha nova ferramenta para fomentar a alfabetización informacional e o emprego das TICs (produción e edición de vídeos...), contribuíndo ao desenrolo de diferentes habilidades comunicativas e sociais (expresión oral e escrita, escoita, empatía...) así como a traballar directamente os coñecementos curriculares.

Iniciamos a nosa andaina só con VideoLibros, pero agardamos en breve realizar programas de tipo informativo.

Agradecemos a toda a comunidade educativa a súa colaboración e apoio.

Desexamos ser de utilidade.

Si queres vernos Entra >

 

 

 

23 de abril - Día do Libro: Apadriñamento Lector

Tradicionalmente Biblioforte organiza un apadriñamento lector no patio para conmemorar o día do libro. 

Trátase dunha actividade moi ben valorada polo alumnado.

Nesta ocasión a participación foi mais reducida que de costumbre porque o alumnado de infantil e 1º ciclo durante a Hora de Ler estába ausente por asistir a representación teatral do grupo de teatro do colexio e o alumnado de 5º está agardando o Encontro con Andrea Micc.

Organizase o apadriñamento do seguinte xeito: 6ºA con 3ºA, 6ºB con 4ºB e 4ºA con 3ºB. Os padriños recollen un par de contos do carro de biblio patio e van buscar un sobriño /a entre o alumnado do curso correspondente e entre os dous elixiran unha zona do patio de infantil para gozar da lectura.

Fermosas imaxes que reflexan a felicidade de compartir lectura neste entorno tan fermoso.

Parabéns a todos!!!

 

 

DÍA DA POESÍA: Poesía e insectos.

Para celebrar o día da poesía este ano pensamos en relacionar esta celebración coa temática do noso proxecto, Os insectos, así que comezamos buscando poesías sobre esta temática nos libros de poesía de galego que temos na biblio e tamén na internet. Con esos achadegos fixemos unha pequena exposición coa finalidade de dalas a coñecer, fomentar a lectura e a ilustración. 

 

 

 

 

 

 

Dadas as múltiples actividades organizadas no centro, aprazouse a súa lectura para a volta de vacacións.

 

VOLUNTARIADO LECTOR: Lecturas Compartidas na Hora de Ler (marzo)

O equipo de voluntariado lector continua coa súa labor dinamizadora a través das lecturas compartidas, 5º en educación infantil e 6º no 1º ciclo.

Os beneficiarios desta lectura compartida están encantados e agardan con ilusión ese momento.

 

  Grazas !!!!

 

TEATRO no HOGAR SAN JOSÉ

Día de San Xosé: Encontro interxeneracional.

(Xiana, Claudia, Uxía, Clarisa, Aldara, Carolina e Ánxela as 7 actrices, guionistas, produtoras... e maquilladoras que este 19 de marzo realizan a representación teatral “Las cinco cerditas” en el Hogar San José. Hermanitas de los Ancianos Desamparados)

 

Levabamos tempo querendo retomar a relación cos nosos veciños os anciáns do asilo. O éxito da representación teatral no colexio levounos a pensar que este sería un bo xeito de retomar esa relación, e que mellor día co 19 de marzo, santo que da nome a este Hogar,  A illusionante acollida por parte das persoas responsables do asilo e de Lucía, a súa dinamizadora, como das familias das nosas actrices fixo posible esta actuación e xornada de encontro interxeneracional.

(Sesión de maquillaxe)

(Durante a representación)

(Presentación e agradecementos)

(Charla interxeneracional. "na vida sede sinceras e boas persoas").

(Foto con personas do público)

 

(ao rematar a actuación)

 

Mil grazas a todos pola calurosa acollida recibida. 

Unha experiencia digna de repetir moitas veces.

 

Agardamos con ilusión recibilos noso colexio.

Ata pronto!!!

Día I. da Muller - Las cinco cerditas (teatro)

Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, un grupo de alumnas de 6º representou a obra teatral "Las cinco cerditas", unha adaptación do conto tradicional dos "Tres porquiños".

How Electromagnets Work Educational Video in Light Orange Yellow Lined Style de reli sol

 

Fermosa representación! froito dun cuidado e laborioso traballo en equipo deste grupo de nenas que se encargaron de adaptar e escribir o guión, de ensaiar e organizar a posta en escea, compartindo interpretación e direción.

Parabéns!

Distribuir contido


by Dr. Radut