Skip to Content

BiblioSolidaria

ENTREGA DIPLOMAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS

O xoves e venres fixemos entrega dos DIPLOMAS aos nosos bibliocolaboradores de 5º e 6º pola súa participación no programa de Bibliotecas Escolares Solidarias.

Non foi posible facer unha entrega conxunta porque o alumando de 5º o venres saía de excursión. 

 

 

 

Moitas grazas a todos pola vosa colaboración.

 

BIBLIOFORTE VIAXEIRA DO MAIOR - HOGAR SAN JOSÉ

Comeza o verán, atras quedan os fermosos encontros interxeneracionais (anciáns/nenos): HOGAR SAN JOSÉ e CEIP MONFORTE, celebrados durante este curso e que se retomaran en setembro.

Para as vacacións Biblioforte inaugurou a “Biblioforte viaxeira do Maior”:

préstamo dun bolso con moitos libros de diferentes temáticas adaptados aos nosos maiores,

 

 

agardamos que sexan do seu agrado.

l

 

Ata setembro.

Feliz Verán e Feliz Lectura!

 

 

EXPOSICIÓN: AS NOSAS CONSTRUCIÓNS E CREACIÓNS

Última exposición coas creacións do noso alumnado realizadas durante o recreo.

Desde a biblioteca queremos fomentar o pensamento creativo e funcional a través do xogo. A evolución que fomos vendo ao longo do curso é unha mostra clara da importancia do xogo creativo no proceso de aprendizaxe.

Parabéns!!!

 

ENCONTRO INTERXENERACIONAL NO HOGAR SAN JOSÉ

Esta mañá o alumnado de infantil e o seu profesorado saíron visitar aos seus veciños e amigos os anciáns do Hogar San José, tal como quedamos o  día que eles estiveron no colexio.

Nesta ocasión achegámonos a ver a súa fermosa horta e prantar fresas, unha actividade organizada en conxunto co equipo de Voz Natura e o persoal do Hogar San José, e a saudar aos nosos veciños e compartir unha agradable maña con eles.

 Ao chegar dirixímonos á horta e agardamos con ilusión o momento de prantar,

cada neno prantamos unha fresa. 

 

Logo fomos a pérgola, onde nos agardaban moitos anciáns, sentados en forma circular en cadeiras e cadeiras de rodas. Tíñannos reservada a parte central para podernos sentar e participar na celebración dos cumpreanos do mes. 

Lucía foi nomeando, un por un aos cumpreaneiros, 

 Unha vez presentada a persoa de aniversario, un alumno entregáballe unha tarxeta de felicitación e facíanlle unha foto con marco de aniversario. Que bonito e ben organizado!

 

 Logo cantamos todos xuntos: "Cumpreanos Feliz"

 

 

 

Ao rematar saudámolos a todos

 

 

 

Posteriormente, o noso amigo Manuel, fixo unha demostración de "Bailar o bastón"

 

 

 

E nos intentamos imitalo

 

Despois de bailar o bastón, xunto cos anciáns, cantamos "A saía da Carolina"

 

E logo, nos sós, cantamos dúas cancións: O Moucho e Os Maios

 

Chegada a hora de irnos, despedimonos dos nosos amigos, agardando volver pronto.

 

Ata pronto!!!

Vaia aquí o noso agradecemento máis grande a Madre Superiora que nos permitiu esta visita e nos agasallou con chuches, a Lucía que organizou o encontro, ao todo o persoal do centro que nos recibiu con tanto agarimo e como non aos nosos amigos os anciáns cos que compartimos uns momentos ben fermosos.

 

 

Unha aperta moi grande !!!!

 

 

 

VOLUNTARIADO LECTOR: Lecturas Compartidas na Hora de Ler (maio)

Continúa  o voluntariado lector de 5º e 6º compartindo lecturas, unha sesión semanal, en infantil e 1º ciclo de primaria, durante a hora de ler.

 

 

 

Trátase dunha actividade moi valorada polo alumnado e o profesorado implicado. Tanto sexa  lectura individual como lectura en parella,  prosa como poesía...

Os lectores esforzánse por mellorar día a día as súas contadas, incluso fan contadas con monicreques.

Fermosa actividade na que todos gañan.

Feliz Lectura!

 

ENCONTRO INTERXENERACIONAL: 6 PERSOAS DO HOGAR SAN JOSÉ E ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMARIA

 

ENCONTRO INTERXENERACIONAL - 24 de abril (SEMANA DO LIBRO)

  Un dos momentos máis emotivos e familiares do programa de actividades do Día do Libro, foi o encontro do noso alumnado con 6 persoas do Hogar San José.

 Nun primeiro momento reuníronse co alumnado de primaria durante o recreo ao que lle recitaron un poema de Rosalía de Castro sobre a emigración, temática próxima a todos eles, dado que todos foron emigrantes. Compartiron con nos algúns momentos vividos como emigrantes lonxe de Galicia.

Ademais, un deles, mostrounos a súa capacidade artística aos 90 anos, tanto para pintar como para debuxar. Debuxos moi valorados polo alumnado.

 Encantáronlles!!!

Posteriormente, na Hora de Ler, tivo lugar o encontro co alumnado de infantil na pérgola.

 

Nesta ocasión cada un deles amosou o seu hobby, entre outros, puidemos ver bailar un bastón,

contemplar uns fermosos debuxos,

aprender os pasos a seguir para sementar na horta, ...

e gozar dun canto tradicional.

Tamén cantamos conxuntamente a Saía da Carolina.

 

E xa para rematar o alumnado de infantil despediunos cantando a canción de O Moucho de Rosalía de Castro.

En breve o alumnado de infantil devolveremos a visita para compartir a merenda cos nosos amigos do Hogar San José no seu xardín, no momento de plantación da horta.

Grazas pola visita!

Ata pronto!!!

 

 

 

 

COMPARTINDO SABERES: Instalación de Hoteis de Insectos

Aproveitando a formación do noso alumnado de 4º, 5º e 6º recibida o 22 de marzo, na saída ao viveiro de Bóveda, “Os Trollos”, co gaio do día da árbore, onte martes, na hora de ler, tivo lugar unha actividade na que estaba invitado a participar todo o alumnado consistente na instalación dos hoteis de insectos elaborados nesta saída e dous elaborados polas familias no mes de decembro para o Belén.   Esta actividade está enmarcada no proxecto lector de centro, desde o que Voz Natura e Biblioforte queremos fomentar o coidado do medio ambiente, nesta ocasión, pondo en valor a importancia dos insectos e a súa protección, sin eles non hai vida. Desde a biblioteca ademais, buscamos fomentar o voluntariado, facilitando e incentivando compartir saberes, de aí que a instalación destes hoteis de insectos no patio organizouse en pequenos grupos nos que os asistentes á “Os Trollos” comparten información co resto do alumnado:

  • 6º A con Infantil - Hoteis familias

 

 

  • 6ºB con 1ºB

  • 5º con 2º - no horto

  

 

  • 4ºA con 3ºA

 

 

  • 4ºB con 3ºB

Nesta ocasión, aproveitando que a titora de 4ºB, Cristina, é a coordinadora de Radio Forte, utilizamos a pérgola e o equipo portátil de radio para conxuntamente realizar un programa de radio en directo a vez co alumnado de 4ºB informa ao alumnado de 3ºB sobre a construcción dun hotel de insectos e a súa funcionalidade.

Un programa no que participaron diferentes locutores e o público podía facer preguntas e comentarios. 

 

Pódes escoitar aquí o programa:

 

Grazas a todo o alumnado e profesorado participante, por colaborar nesta actividade de concienciación co medio ambiente e de colaboración solidaria de compartir cos mais pequenos os nosos coñecementos.

Parabéns!!!

COMPARTINDO SABERES: Deseño Gráfico - Homenaxe a Akira Toriyama

Exposición: Ilustracións de Dragón Ball por Carlos e Óscar 

 Carlos M.L. (3ºA) e Oscar M.L. (5ºB) comparten con todos nós unha colección de ilustracións de Dragón Ball coas que aproveitamos para homenaxear e lembrar a Akira Toriyama (5 de abril de 1955, Nagoya - 1 de marzo de 2024, Tokio), recentemente falecido aos 68 anos.

Akira Toriyama, creador de Dragon Ball, un dos cómics xaponeses máis influentes e de maior circulación de todos os tempos. Dragon Ball é moi popular en todo o mundo e a serie de cómics tamén xerou versións animadas para televisión e películas.

A serie de estampas Dragon Ball abriuse en 1984. Segue as aventuras dun neno chamado Son Goku na súa procura de esferas máxicas que poidan defender a Terra dos humanoides alieníxenas coñecidos como Saiyans.

Parabéns aos nosos ilustradores por esta labor altruísta que está recibindo unha excelente acollida e valoración.

Grazas!

 

VOLUNTARIADO LECTOR: CONTADAS DO MES DE FEBREIRO

  • Mércores 28 de febreiro: voluntariado de 5º conta contos na biblioteca ao alumnado de Infantil.

 

  • Venres 16 de febreiro: voluntariado de 6º conta ao alumnado do 1º ciclo na hora de ler:

 

 

 

 

 

  • O mércores 7 de febreiro o alumnado de infantil asistiu a biblioteca a súa tradicional sesión de contos realizada polo alumnado voluntario de 5º.

Nesta ocasión as encargadas da lectura foron Paula e Naiara

 

 

 

Os contos fixeronse un pouco longos, un erro pola miña parte na elección dos mesmos. 

Algo a ter presente nas próximas seleccións.

 

Xornada de Bibliotecas Escolares 2023-24

 Onte, 18 de novembro, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, celebrouse a Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2023 na que nos xuntamos 800 persoas dos equipos de biblioteca e docentes xunto a  asesores/as dos centros de formación do profesorado e persoas expertas na temática deste curso "Unha biblioteca escolar en viñetas"

 Unha xuntaza inaugurada pola Sra. Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Dona Judith Fernández Novoa, na que se falou do poder da banda deseñada como soporte para diferentes relatos, da ilustración como linguaxe poderosa... e do papel facilitador da biblioteca a través das novas linguaxes e espazos, dos proxectos, do voluntariado, do fomento da lectura, da participación das familias...

 

Nesta ocasión a Asesoría de Bibliotecas Escolares contou por segunda vez co noso centro para compartir a nosa experiencia no eido da "Lectura e Voluntariado", onde participamaos coa presentación "Acompañamento e voluntariado fan todo moi doado"

 Presentación que podedes ver aquí:

 

 

Con esta presentación amosamos un dos piares da nosa biblioteca, o voluntariado, voluntariado do alumnado de 5º e 6º (Bibliocolaboradores) e de toda unha comunidade educativa, que ao longo dos anos, ben aportando o mellor de sí facendo posible que a nosa biblioteca sexa mais acolledora, inclusiva, solidaria e funcional.

     Persoalmente, como responsable do Equipo de Biblioteca do cole, quero dar as grazas a todos os que nos apoiades no traballo diario: ao alumnado, ás familias, ao persoal non docente (conserxe, cociñeiras, limpiadoras, coidadoras ...), o colectivo Lemos Le e por su posto a todo o profesorado e moi especialmente ao que forman ou formou parte do Equipo de Biblioteca. So coa colaboración de todos podemos ser una Biblio Forte. Grazas!

Grazas tamén á Asesoría de Bibliotecas por contar con nós e pola súa colaboración.

Parabéns a todos/as!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut