Tradicionalmente Biblioforte organiza un apadriñamento lector no patio para conmemorar o día do libro.
Trátase dunha actividade moi ben valorada polo alumnado.
Nesta ocasión a participación foi mais reducida que de costumbre porque o alumnado de infantil e 1º ciclo durante a Hora de Ler estába ausente por asistir a representación teatral do grupo de teatro do colexio e o alumnado de 5º está agardando o Encontro con Andrea Micc.
Organizase o apadriñamento do seguinte xeito: 6ºA con 3ºA, 6ºB con 4ºB e 4ºA con 3ºB. Os padriños recollen un par de contos do carro de biblio patio e van buscar un sobriño /a entre o alumnado do curso correspondente e entre os dous elixiran unha zona do patio de infantil para gozar da lectura.
Fermosas imaxes que reflexan a felicidade de compartir lectura neste entorno tan fermoso.
Parabéns a todos!!!