Skip to Content

Blog de biblioteca

MOCHILAS VIAXEIRAS 23-24

 

 Pechando as actividades de conmemoración do día da Biblioteca, o venres día 27, saíron as Mochilas Viaxeiras.

Como todos os anos o alumnado agarda con ilusión a súa saída. Trátase dun programa impulsado por Bibliotecas Escolares moi afincado e valorado no noso centro, tanto pola súa aportación ao fomento da lectura como pola implicación de toda a comunidade educativa, o fomento da solidariedade e desfrute e coidado dos bens comunitarios.

O equipo de biblioteca agradece a boa acollida deste programa e a implicación de toda a comunidade educativa que dun xeito ou outro participa nas distintas fases do programa:

  • preparación, organización e seguimento do programa (mochilas viaxeiras) -> equipo biblioteca.
  • entrega de mochilas e colaboración -> bibliocolaboradores.
  • organización semanal na aula -> profesorado titorías.
  • utilización do material e participación no caderno de vitácora -> familias.

Sen máis dilación así foi o pistoletazo de saída das mochilas viaxeiras 2023-24 na hora de ler coa colaboración dos nosos Bibliocolaboradores:

- Entrega de mochilas

 

 

- Colaboración e acompañamento na saída:

 

Como todos os anos estamos orgullosos do noso gran equipo de bibliocolaboradores.

Desexamos que o material das mochilas sexa do voso agrado.

Este ano renovamos todo o material das mochilas con libros de recente incorporación ao catálogo da biblioteca. Tívose en conta o alumnado ao que van dirixidas e o tempo de que dispoñen (1 semana).

Co afán de seguir mellorando agradecemos as suxestións que nos queirades achegar.

Moitas grazas a todos!

 

O equipo de biblioteca.



DÍA DA BIBLIOTECA: 24 outubro 2023

 Como todos os anos sumamonos a celebración do Día Internacional das Bibliotecas, un espazo incluínte, solidario e máxico que fomenta a aprendizaxe, invita aos nenos a degustar e gozar da lectura, estimulando a súa capacidade de asombro e fantasía, a súa necesidade de aprender, crear, experimentar ...

Biblioforte alongou esta celebración durante toda a semana a través de diferentes actividades:

  • Martes 24: entrega de marcapáxinas elaborados dende o Colectivo Lemos Le expresamente para esta data.

 

  • Martes 24: exposición de Novidades "Sentada lectora", no escenario.

 

  • Martes 24: martes científico. Oscar de 5º amosa o efecto salmoira nun ovo. O aumneto da densidad

da auga ao engadir sal fai que o ovo flote.

 

 

 

  • Mes de outubro: exposición de novidades na biblioteca e nas proximidades.

 

 

 

 

  • Venres 27: Os venres... un conto, con Candela, presidenta da ANPA e nai de Antón.

 

  • Venres 27: Exposición de contos de medo na sala de infantil. Contos que se lerán durante estes días.

  • Venres 27: saída das mochilas viaxeiras

O alumnado bibliocolaborador fai entrega das mochilas viaxeiras durante a hora de ler no recreo.

Unha semana moi activa e chea de ilusións.

 

 

MARTES CIENTÍFICOS: Ovo que flota

O martes, 24 de outubro, Oscar de 5º compartiu durante o recreo un experimento consistenten en demostrar como un ovo pode flotar si aumentamos a densidade da auga engadindo sal.

 

O efecto de salmoira permite que o ovo flote e se manteña en posición vertical.
Grazas Óscar por compartir o teu experimento.

Arte e Creación en Infantil con Hervé Tullet

Hervé Tullet, artista infantil de fama internacional e escritor de numerosos libros que elevan o concepto de lectura para nenos a outro nivel. Baseados nos seus libros que iluminan a mecha da creatividade e liberan ao artista que todos levamos dentro.

Aquí podedes apreciar o espectacular resultado destes obradoiros creativos que profesorado e alumnado de infantil realizaron.

 

 

Canta diversión, creatividade, arte, pintura...

 

 

Que artistazos!

 

 

Compartindo Saberes: Obradoiro de Debuxo.

Este luns, 16 de outubro, tres alumnos de 4ºA: Noa, Román e Hugo, compartiron a súas habilidades artísticas nun obradoio no que amosaron como debuxar un gato e un armiño dunha maneira moi doada.

 

Parabéns!!!!

Grazas por compartir.

 

 

 

MARTES CIENTÍFICOS: Pementa que foxe e libros inseparables

O pasado martes, 10 de outubro, durante o recreo, Noa de 4ºA realiza dous experimentos:

1.- A pementa que foxe, no que se proba a tensión superficial e a importancia de lavarse as máns

 

2.- Libros entrelazados imposibles de separar. Probando a forza do rozamento das súas páxinas.



Por moito que tiraron non lograron separalos.

 

Parabéns Noa e Román e Grazas por colaborar nos Martes Científicos.

 

 

 

INSECTOS E OUTROS BICHOS NO PATIO DO COLEXIO

Comezamos o proxecto dos insectos da man do alumnado de 2ºA e a súa titora Ana Jato, que tras un proceso de investigación na aula e na biblioteca

saíron ao patio a realizar unha " mini beast hunt" que consistía en buscar diferentes animais no entorno  natural arredor da caseta e recoñecer os diferentes tipos de seres vivos, observando as suas características principais, clasificandoos logo en insectos e non insectos na aula e aproveitando para aprender o nome dalgúns deles en inglés.

Onte, martes, durante o recreo, este grupo de alumnos e a súa titora capitanearon os grupos de exploradores que quixeron sumarse a esta actividade organizada dentro da programación dos martes científicos que organiza a biblioteca.

1.- Insectos e outros bichos no patio do colexio

Comezamos cunha breve sesión informativa

Sesión de formación

Organizámonos en pequenos grupos de exploradores

 

 

 

 

 

 

Compartimos experiencias, aclaramos dudas e espuxemos os botes lupa para poder ver todos os bichiños atopados nesta breve saíada ao patio.

Fermosa experiencia, na que disfrutamos moito e aprendemos un montón.

Grazas !!!!

 

E ao chegar ao cole, unha visita inesperada agardávanos nas escaleiras

 

 

Menuda sorpresa!

 

 

Todos os que quixeron poideron vela durante o recreo. Logo voltou ao seu espazo habitual moi feliz.

 

 

 

Proxecto 23-24: Os insectos

Durante este curso, Biblioforte aposta por traballar nun proxecto educativo sobre os insectos para potenciar o coñecemento e a proctección dos nosos insectos, a dinamización do espazo esterior do centro, o contacto coa natureza, a alfabetización múltiple...

Aquí vai unha selección de recursos para ir empezando.

Ánimo!!!!

 

 

Biblioforte: Familias, selección de fondos.

 

Selección aberta a novas incorporacións.

Distribuir contido


by Dr. Radut