Este martes, 30 de maio, a nosa biblioteca tivo o previlexio de acoller un obradoiro de creación de libros de autor a cargo de Pablo Otero.
Unha experiencia formativa enmarcada dentro do Programa Lectura e Familia no que participamos por segundo ano consecutivo e que nos permite renovar e ampliar recursos para as familias e ofrecer obradoiros formativos impartidos por grandes profesionais.
Nesta ocasión Pablo Otero amosounos unha chea de opcións para darlle vida ao material de refugallo que podemos atopar nas nosas casas e crear libros táctiles, visuais... que sirvan para unir a familia na súa elaboración aproveitando un tempo de lecer para crear fomentando a psicomotrocidade,
o traballo colaborativo, a expresión artística e oral, o coñecemento e conservación de historias próximas a familia, etc.
Pablo consegueu transmitir a súa propia ilusión vivencial na realización de libros de autor a todos os asistentes.
Tras unha breve exposición de libros de autor de creación propia, algúns moi sinxelos e outros expectaculares
foi espertando o interese e a creatividade dos asistentes
que se puxeron a crear en pequenos grupos familiares e/ou de amizade e en moi pouco tempo nos sorprenderon con grandes creacións, estupendas visualmente, pero sobre todo con moita mensaxe. Historias de familia, de vivencias, de recordos... compartidas ao remate con todos os asistentes.
Coñecemos o ritual dos pescadores para unha pesca abondosa,
historias relacionadas coa emigración,
co fútbol,
coa colaboración amistosa,
coa representación plástica das catro estacións,
entre outras.
Todas estas creacións estarán expostas na biblioteca durante unha semana.
Posteriormente serán entregadas aos seus creadores para a súa biblioteca de creacións propias.
Parabéns a todos os participantes e a Pablo Otero.
E como non o noso agradecemento a Bibliotecas Escolares que fomenta a formación e participación das familias no centro.
Grazas a todos!!!!