Ao regreso das vacacións de Nadal recibimos un paquete cunha etiqueta que dicía FRÁXIL.
Era o formigueiro que estabamos agardando!
Despois de comprobar que todo estaba correcto, a profesora Ana Jato levouno á súa aula. Ela e o seu alumnado encargaranse de ofrecerlles o descanso necesario, realizar a montaxe do formigueiro e os coidados precisos.
Despois dunha semana de adaptación e da pertinente preparación informativa realizada na aula, Ana Jato e tres alumnos presénta na biblioteca, dentro dos martes científicos, o formigueiro:
1) video informativo sobre a montaxe do formigueiro e a incormporación das formigas
2) Presentación do formigueiro e as súas partes
3) Formigas, tipos e funcións
4) Coidado e alimentación
5) Observación individualizada e ordenada
Grazas a todo o alumnado asistente polo interese amosado e o seu respetuoso comportamento, sabedores de que ás formigas non lles gusta o ruído.
Ao regreso do entroido, o Biblioformigueiro viaxeiro, visitará durante un tempo todas as aulas que o queiran acoller para observar e coñecer de primeira man ás formigas e concienciarse da dedicación que implica acoller un ser vivo, unha mascota.
Continuará...