blogue desol

HORA DE LER

 

HORARIO: HORA DE LER

 

Día do Libro 2021

 

 Coa lectura podes viaxar

     A mil e un lugar

 

       

 

 Durante o mes de abril estivemos lendo e lembrando libros que nos permitiron vivir e sentir diferentes xeografías:

  • Infantil

-Bo Camiño Valentiño, levou ao alumnado de infantil a viaxar polo Camiño de Santiago.

 

  • 1º e 2º primaria

-Lecturas doutros países levaron a 1ºA a coñecer a Antártida e a 1ºB a viaxar polo deserto.

- E o alumnado de somérxese nun mundo peculiar, poboado por humanos e seres antropomórficos, lendo Alicia en el país de las maravillas.

  • 3º e 4º primaria

-O alumnado de con Veinte mil leguas de viaje submarino sorprendese coas descricións de múltiples seres e paisaxes mariños, así como de inventos e utensilios.

-E coa lectura de La Vuelta al mundo en 80 días o alumnado de , vivirá xunto aos seus personaxes, incribles aventuras que lles levan a coñecer terras e países sorprendentes.

  • 5º e 6º primaria

-Pola súa banda o alumnado de e lembrará e ilustrará aquela lectura do seu haber lector que os levou por diferentes xeografías.

  • 4º primaria

Ademais o alumnado de , realiza un mural co percorrido realizado polos protagonistas do libro Los tres peregrinos, lectura realizada no segundo trimestre dentro do itinerario lector.

Neste vídeo podemos ver os dípticos coas ilustracións das portadas dos libros cuxas lecturas nos permitiron percorrer diferentes xeografías e no interior cada quen amosa e ilustra ditas xeografías tal como as ve no seu maxín.

 (para ver o vídeo fai clic na imaxe)

 

Día do Pobo Xitano (8 de abril)

 

O día 8 de abril conmemorase o Día Internacional do Pobo Xitano.

Aproveitamos esta data para lembrar dous importantes símbolos deste pobo, a bandeira e o himno:

  • O himno

 

  • A bandeira

 

Ademais dunha actividade de dinamización lectora a través dunha selección de contos e cancións propios da cultura xitana recomendados para alumnado de infantil e primaria.

 

CONTOS:

  • La pequeña romaní

 

  • El sueño

 

  • La Casa encantada

 

  • De que están hecas las niñas flamencas

 

  • Patatita (audio-libro 30 minutos)

AudioLibro : Patatita de Pilar Molina Llorente from Esther Salamanqués Mendoza on Vimeo.

 

CANCIÓNS:

  • Colorín

 

 

  • Nana de Carlos (Javier Ruibal)

 

 

  • La Tarara, García Lorca (Canta Juego)

  

 

  • Andrés, el erizo bailarín

 

 

  • Don Pedro 

 

 

 

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE (7 abril 2021)

A Organización das Nacións Unidas (ONU) considerou necesario crear un organismo que se dedicase a promocionar o coidado da saúde en todo o mundo. O 7 de abril de 1948 nacía a Organización Mundial da Saúde, polo que se fixou este día para celebrar o Día Mundial da Saúde.

Día que nos convida a lembrar a importancia dos hábitos saudables.

Este ano, desde a biblioteca, en consonancia co proxecto das froitas e hortalizas, optamos por lembrar a importancia dunha alimentación saudable. Por iso propuxemos as familias que nos enviasen receitas con froitas e verduras para elaborar un libro de receitas saudables.

Grazas a súa excelente colaboración, aquí tedes o resultado (fai clic na imaxe para abrir o pdf:

 

 

 

A Organización Mundial da Saúde recordanos que unha forma moi importante de coidar o noso corpo é a través da alimentación. Desde a súa aparición propúxonos diferentes métodos para elaborar unha dieta saudable. Comezóu coa Piramide Nutricional, a Roda dos alimentos e na actualidade, proponos ter enconta o método do Prato Saudable.

  •  Piramide Nutricional

  •  Roda dos alimentos 

  •  Prato de Harvard 

 

Seguindo as recomendacións da Organización Mundial da Saúde, hoxe día 7 de abril, poedemos pintar o noso prato saudable preferido (fai clic na imaxe para abrir o pdf).

 

 

 FELIZ DÍA!

 

DÍA DO TEATRO 2021

  Para celebrar o Día Mundial do Teatro (27 de marzo), nesta ocasión optamos polo teatro lido.

 

Durante a semana nalgunhas aulas léronse pequenas obras teatrais e o mércores, o alumnado de 5ºA, na hora de ler, baixou a biblioteca a ler, “Animaladas”, un libro de teatro incluído no seu itinerario lector.

 

No escenario poñen voz aos 5 personaxes do libro o alumnado seleccionado previamente na aula por sorteo e, como público, o resto do alumnado que seguía e escoitaba a lectura.

 

ENCONTRO CON: FINA CASALDERREY

 

O mércores 24 de marzo, en Biblioforte, a biblioteca do CEIP Plur. Monforte, tivo lugar o encontro virtual do alumnado de 3º de primaria con Fina Casalderrey, recoñecida escritora e membro da Real Academia Galega.

Os encontros literarios con autores forman parte da dinamización e fomento da lectura habitual no noso centro.

As limitacións impostas pola actual situación sanitaria obrigounos a mudar o formato é optar por encontros virtuais.

Evidentemente, non é o mesmo!,  pero parécenos que facilitar a relación entre escritor e lector é unha ferramenta moi valiosa para o fomento da lectura.

Que o alumnado que está lendo un libro poida escoitar, preguntar e conversar, neste caso, coa autora do libro; resulta motivador e cércano, o que sen dubida potencia o hábito lector e a aprendizaxe de multitude de habilidades.

 Durante o segundo  trimestre, o alumando de 3º, estivo lendo “O misterio dos fillos de Lúa” .

Unha vez rematada a lectura debuxaron e describiron os principais personaxes da obra, debuxos cos que recibiron a autora.

Durante o encontro aproveitaron para facerlle un montón de preguntas acerca do libro e tamén preguntas relacionadas coa súa faceta literaria.

Unha fermosa experiencia! 

Vaia o noso agradecemento a Fina e Sonia por escoitar as nosas peticións.

 

 

 

DÍA DA POESÍA: Poema encadeado

 

O Día Mundial da Poesía celébrase o 21 de marzo dende que a UNESCO proclamou esta data en 1999. Os obxectivos son fomentar o retorno á tradición oral e aos recitais, así como promover o ensino da poesía e a diversidade lingüística a través da expresión poética.

Este curso decidimos escribir, ilustrar e recitar entre todos un poema encadeado

Comeza a cadea o 1 de marzo en 3 anos e vai avanzando ordenadamente ata chegar a 6ºB o venres día 19.

Ao coincidir en domingo trasladase ao luns a lectura de todo o poema, polo alumnado de 5º, e a presentación do vídeo, elaborado co texto e a audición aportados por todos os grupos.

 

Este foi o resultado

 

Parabéns a todos polo excelente trabalo realizado

 

La Pascua

Esta semana trabajaremso el tema de la Pascua a través de manualidades y videos

 

Día da Poesía (Recursos)

 SELECCIÓN DE RECURSOS PARA TRABALLAR A POESÍA:

  1. BINGO DE RIMAS
  2. JUEGO TRIVIAL FONOLÓGICO
  3. LOTO DE RIMAS 1
  4. LOTO DE RIMAS 2
  5. ¿QUÉ RIMA CON...?
  6. RIMAS PARA MOVERNOS
  7. RIMAS PARA NIÑOS
  8. TARJETAS DE PALABRAS PARA RIMAR

 

E como comezamos a traballar sobre o Camiño de Santiago aquí tedes unhas poesías relacionadas co tema:

 

1 FEDERICO GARCÍA LORCA, Chove en Santiago

 

2.- ANTONIO MACHADO, Caminante no hay camino

 

SEMANA DA PRENSA

 

Unha pequena mostra do alumnado traballando coa prensa (en papel e dixital) durante a semana da prensa.

 

Ademais, esta semana, fomos noticia no xornal  la Voz deGalicia (La Voz de Lemos), polas actividades realizadas no centro para conmemorar o Día da Muller.

 

Distribuir contido