blogue desol

2ºP: TAREFAS PARA A SEMANA DEO 18 AO 19 DE FEBREIRO

O PATRIARCA XACOBE

 1º) Ver o vídeo: “ Los hermanos Jacob y Esaú”

  

 2º) Preguntas sobre esta historia. (responde no caderno)

- Cantos fillos tivo Rebeca?

- Como se chaman os fillos de Rebeca e Isaac? Que significa o  seu nome?

- A que se dedicaba Esaú?

- A quen quería máis Rebeca? - Por que Esaú vendeu a súa primoxenitura?

 

3º) O soño de Xacobe na arte. Observa estas obras de arte de diferentes pintores.

   Tarefa de Ampliación (opciona)l : Escoitar audición Museo do Prado 

 

4º) Debuxa e pinta unha escena da vida de Xacobe. Aquí tes unhas imaxes que che poden axudar.

 

5º) Para rematar escoita unha canción dos Simpson sobre os fillos de Xacobe

Feliz Semana!

 

ABECEDARIO DE: Mulleres Científicas Galegas

 

Con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia elaborouse un abecedario de mulleres científicas galegas para traballar na aula.

 

 

(NOTA: podes moverte polo documento empregando o índice e /o facendo clic na imaxe das nosas científicas)

A través desta mini biografía o alumnado podía coñecer algunhas das máis importantes mulleres científicas galegas.

O alumnado de 4º traballou sobre esta minibiografía e este foi o resultado (fai clic na imaxe)

 

por último unha mención especial as dúas científicas que esta semana, visitaron virtualmente o  noso centro.

O noso agradecemento e felicitación polo seu traballo.

 

 

DÍA MUNDIAL DA RADIO (13-FEB-2021): GARGALLADAS SAUDABLES

 

No ano 2013 a ONU aprobou a declaración da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación da Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a cooperación internacional entre os organismos de radiodifusión." 

 

En RadioForte, pendentes de recibir a formación necesaria para poñer en marcha o noso locutorio de radio, grazas a ser unha das bibliotecas seleccionadas este curso para incorporarnos a ese grupo de bibliotecas pioneiras na radio escolar, non podíamos deixar de celebrar un día tan significativo para a radio e para nos, polo que, sen grandes medios pero con moita ilusión, dende RadioForte gravamos estas gargalladas,  agardamos que vos gusten.

                      

 

 

 

Felicidade e Saúde para todos!

 

 

ENCONTRO CON ESPERANZA ÁLVAREZ RODRÍGUEZ

 

Un ano máis, como ven sendo habitual, conmemoramos o Día da Muller e da Nena na Ciencia coa finalidade de espertar vocacións científicas entre as máis pequenas, por en valor o traballo das mulleres de ciencia e fomentar a igualdade de xénero e o  empoderamento das mulleres e as nenas.

 Razón pola que propiciamos o coñecemento de mulleres científicas para que sexan imaxe e referencia para nenos e nenas, pero sobre todo, para as nenas.

 

Hoxe, tivemos a sorte de ter con nos, na nosa biblioteca, a unha importante científica que naceu moi preto de Monforte, nunha aldea de Chantada, Esperanza Álvarez Rodríguez, unha científica que traballa e investiga para facer que o noso mundo sexa un lugar mellor para vivir.

 Unha científica que respondeu as múltiples preguntas do alumnado de 4ºA, interesado en saber cando e por que decidiu ser científica, onde estudou, onde traballa, en que consiste o seu traballo, con que descubrimento está máis contenta, a quen beneficia o seu traballo, etc.

 

Tras esta entrevista descubrimos que é unha científica a que lle apaixona o seu traballo, que é a xefa dun equipo interesado en loitar contra a destrución dos solos, o rápido que se destrúe o solo e o lenta que é a súa recuperación, a importancia da economía circular, a importancia de transformar problemas (residuos, refugallo...) en alternativas viables para a conservación do planeta, o significado da palabra edafoloxía, etc.

 

Vaia o noso agradecemento a esta importante científica solidaria e comprometida na loita, desde a ciencia, por un mundo mellor. GRAZAS!

En breve subiremos o abecedario realizado sobre mulleres científicas. Abecedario no que figura Esperanza Álvarez Rodríguez na letra E .

 

 

OBRADOIRO CIENTÍFICO

 

Na véspera do Día das mulleres na ciencia, a biblioteca acolleu un obradoiro de anatomía organizado polas titoras de 4º primaria.

  

  

Un obradoiro con maquetas, carteis explicativos, libros informativos e incluso órganos reais (fígado , riles, corazón, pulmón, etc ) de diferentes animais  

 

 

Parello  ao obradoiro de Anatomía, o Obradoiro de froitas e hortalizas, organizado pola biblioteca,  no que o alumnado podía ver diferentes froitas (fresas, arándonos, mazás, peras, laranxas, limóns, kiwis, plátanos …) e hortalizas (allos, cabaciña, lentellas, brócoli, grelos, repolo, alcachofa, etc) e as sementes dalgunhas delas a tamaño natural e a través do microscopio.

  

 

 

E xa para rematar a visita proxectouse na pantalla a observación dos distintos órganos animais e vexetais expostos vistos a través do microscopio. 

 

Ademais do alumnado de 4º participou na actividade un grupo de 6º. 

Unha actividade que, apesares das limitacións actuais, resultou moi gratificante polo interese amosado e o exemplar comportamento do alumnado.

 

 

1ºPRIMARIA (Febreiro):- DEUS FALANOS NA BIBLIA

Bos días nenas, nenos e familias!

Este mes de febreiro traballaremos o tema da biblia

1ª Semana (1-5): Historia del arca de Noé

 

Fai un debuxo sobre a historia de Noé

 

Grazas pola vosa participación e colaboración

Un saúdo

Sol

   2ª Semana (8-12): Continuamos coñecendo a Noé a través da música e das artes plásticas

 

 

 

 

 

Un saudo moi especial a todos os nenos e nenas que están na casa e as súas familias.

Moita sorte!

Ata pronto!

Sol

3 ANOS: A FAMILIA E O AMOR (FEBREIRO)

Bos días nenas, nenos e tamén familias!

Durante o mes de febreiro traballaremos o tema: A familia e o amor.

1ª Semana: Os avós 

- Aprendemos o nome dos nosos avós e debuxamos o seu retrato.

-Las cosas que me gustan de mis abuelos 

 Mi abuelo es una estrella 

- Escoitamos unha canción sobre os avós.

Abuelitos

Lemos esta poesía.

2ª Semana: A familia

 Mi familia rondas de canciones

 

Mi familia

 

 

Para recordar a familia de Xesús aquí tedes esta canción:

La sagrada familia de Nazaret

 

 

3ª Semana: A miña casa

Fai un debuxo da túa casa e escoita estas cancións. Como xa remata o mes podemos escoitar todas as cancións anteriores.

Yo tengo una casita 

  

 

Mi casa

 

 

Grazas por participar e colaborar.

Que a saúde vos acompañe!

Un saúdo

Sol

2º PRIMARIA (Febreiro): OS PATRIARCAS

Bos días nenas, nenos e tamén familias!

Durante o mes de febreiro traballaremos o tema dos patriarcas.

1ª Semana (1-5): Coñeceremos o nome dos catro patriarcas e a súa historia

   1ª sesión:

  • 1º que son e quen foron os patriarcas

 

  • 2º coñecemos a historia de Abraham 

 

  • 3º cantamos e bailamos unha canción 

 

   2ª sesión: recordamos a historia dos patriarcas

      1º Realiza esta sopa de letras

Abraham, una ficha interactiva de inmamartin
liveworksheets.com

 

     2º Realiza esta ficha

2ª Semana (8-12): traballamos o valor da confianza

    1ª sesión: traballamos o valor da confianza.

- La zorra y el cuervo 

 

- Aprender a confiar en uno mismo 

 

Realiza un debuxo sobre algunha destas historias.

   2ª sesión: como xa estamos no entroido aproveitaremos para debuxar e pintar máscaras de froitas . Aquí tedes algunhas imaxes para inspirarvos.

E mentres a máscara facedes propoñovos escoitar esta canción

 

Feliz entroido a todos, coidadevos moito.

E os que no cole non podedes estar, ánimo e moita saúde.

Moi pronto volveremos estar todos xuntos

Unha aperta

Sol

 

 

 

4 ANOS: OS APÓSTOLOS (MES DE FEBREIRO)

Bo día nenas, nenos e tamén familias!

Durante o mes de febreiro traballaremos o tema dos amigos de Xesús, os apóstolos.

1ª Semana: Coñencemos aos doce apóstolos

  • 1º aprendemos e recordamos os seus nomes con esta canción:

 

  • 2º.- traballamos a competencia lingüística escribindo no caderno o nome dos apóstolos fixándonos na imaxe

 

2ª Semana: Semana de San Valentín - Traballamos o valor da amizade

  • 1º- conto: "Los buenos amigos"

 

  • 2º o rematar traballamos a competencia artística debuxando algún dos personaxes que apareceron no conto.

 

  • 3º e para rematar a semana da amizade aquí tedes duas cancións para cantar e bailar
    •  canción: la amistad

    • Canción: "Baila con Panda"

4ª Semana: unha selección de actividades iteractivas sobre os apóstolos coas que traballaremos a capacidade de observación:

  • -Las parejas de los apóstolos"

 

  • -La profesión de San Pedro
 

Profesión apóstoles, una ficha interactiva de BeaMartinez

  • -Recoñecemos aos apóstolos polos seus atributos
 
Quien es quien, una ficha interactiva de maimomi
liveworksheets.com

 

Feliz mes a todos e boa saúde!

 

E, aos que estades na casa,

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E PARTICIPACIÓN E QUE A SAÚDE VOS ACOMPAÑE!

Un saúdo

Sol

30 de xaneiro: DÍA DA ILUSTRACIÓN NO CEIP MONFORTE

En Biblioforte quixemos poñer en valor as dotes ilustradoras do noso alumnado, polo que organizamos unha actividade desde a biblioteca e en colaboración, especialmente, co equipo de profesorado que imparte plástica plurilingüe.

Dentro do tema do noso proxecto, “Froitas e Hortalizas”  , esta semana aproveitamos para fomentar a competencia artística e cultural por niveis:

  • Infantil, 1º e 2º : debuxaron e colorearon froitas para a árbore da paz.

 

  • 1º e 2º: recitaron e colorearon poemas de cores horto-froiteiros.

 

  • 1º e 2º : coñeceron e ilustraron réplicas de cadros de Arcimboldo. Pintor que tamén traballa o alumnado de AL, que para as súas creacións recicla folletos publicitarios dos supermercados da zona.  

 

  • 3º e 4º : coñeceron e colorearon replicas de cadros de Paul Cezánne e outros autores franceses.

 

  • 5º e 6º: visitaron virtualmente os bodegóns do Museo do Prado, visita que lles servirá de inspiración para crear os seus propios bodegóns

 

Que grandes artistas, parabéns!!!!  

-  

Distribuir contido