blogue desol

ANDAINAS POLO CAMIÑO DE INVERNO

 

Aproveitando que por esta cidade pasa o Camiño de Inverno, que mellor cologón para o Proxecto: "Xacobeo - Camiño de Santiago" que percorrer  algún tramo do camiño situado no concello de Monforte.

Con ilusión, sen importar que estaba previsto que chovera, todos os cursos saíron facer a súa andaina: 

  • O alumnado de percorreu o tramo desde Reigada ao centro da cidade,

 

  • O alumnado de subiron ata San Vicente:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  • O alumnado de fixo un percorrido urbano:

 

 

 

  • O alumnado de, seguindo a ruta do Camiño de Inverno sinalizada na cidade, sube ata San Vicente e logo baixa ata a rotonda do Peregrino, situada en A Vide.

 

    • Saímos do colexio dirección Noreste 

    • Cruzamos o Río Cabe 

 

    • Xusto ao cruzar a ponte atopamos unha cuncha de vieira que nos indica a dirección a seguir. Temos que desviarnos porque está cortada.  

    • Continuamos pola Rúa Doutor Casares e Rúa da Costa. Desde esta última entramos no Parque dos Loureiros. Subimos polo sendeiro ata chegar a San Vicente.

  • En San Vicente obserbamos a Torre da Homenaxe e as fermosas vistas da cidade.

  • Descansamos nas escaleiras do Parador e observamos e analizamos a súa fachada.

    • Na Praza de Luís de Gongora, observamos e analizamos o escudo do Pazo dos Condes 

    • Baixamos ata a Praza de España e analizamos o seu cruceiro.

 

    • Continuamos pola Rúa do Comercio, facendo unha parada explicativa sobre a Oficina de Información e o Museo do Viño e Sede do Consello Regulador da Ribeira Sacra.

    • Desvíamonos a ver a Casa máis estreita de Galicia (1,5 m de ancho e 20 m de profundidade) sitúada perto do Museo Lodeiro.

    • Continuamos pola ponte medieval. 

    • Ao final da ponte atopamos un Cruceiro e o Convento das Clarisas, edificio no que se atopa o Museo de Arte Sacro.

    • Tras un breve descanso explicativo diriximonos a Praza de San Antonio. Onde está o Concello e no centro un Cruceiro de base octogonal muy antigo.

    • Xa toca repoñer forzas. Merendamos gardando a distancia de seguridade.

    • Despois da merenda diriximonos a A Vide para intentar a última pregunta do noso formulario sobre que simbolos xacobeos se poden ver na estatúa do peregrino que está na rotonda. Aquí finaliza o noso percorrido polo Camiño de Inverno. Camiño que como indica o peregrino continúa por A Vide.

    • De regreso ao cole facemos outra paradiña para beber e descansar. 

 

 

  • Xa no colexio recollemos os formularios das preguntas coas respostas, un por grupo. A última pregunta, referida as distancias, deberemos volver comprobar pois non había acordo entre os grupos.

 

E para rematar aquí tedes duas imaxes informativas con algunha pregunta por si queredes recordar e fixar información.

 

 

 .........................................................

 

 Unhas andainas moi pracenteiras e didácticas para apreciar o entorno e gozar dunha xornada festiva na compaña dos compañeiros de clase e dos profesores.

 

Bo Camiño!

 

OBRADOIRO DE SENSIBILIZACIÓN COA MEDIADORA COMUNICATIVA ANDREA

 

O día 14 de xuño conmemorase o Día Internacional da Lingua de Signos,

Aproveitando esta conmemoración, durante a semana do 14 ao 18 de xuño, a Mediadora Comunicativa Andrea, realiza obradoiros de sensibilización sobre a diversidade. 

Seguindo o seguinte esquema:

1º   Avaliación previa do que o alumnado entende por Discapacidade, Xordeira, Cegueira, TEA e Trastorno Específico da Linguaxe.


2º  Charla expositiva e reflexiva sobre a diversidade funcional, que é,  as diferentes discapacidades relacionadas co tema da comunicación e os diferentes profesionais que as atende: logopedas, pedagogos, profesionais de audición e linguaxe e os mediadores comunicativos (prrofesionais que traballan principalmente con xordeira e cegueira pero tamén con outras discapacidades como o autismo, o trastorno específico da linguaxe, etc.)

 


3º Realización de actividades de sensibilización experimentais centradas na Cegueira, Xordeira, Autismo e Trastorno Especifico da Linguaxe. Coas que se pretende simular as vivencias destas persoas e os seus interlocutores e acompañantes, sentilas e reflexionar sobre elas.

 

 

Rematamos lembrando:

-As diferentes formas de signar: a propia da lingua de signos que ten a súa propia estructura e a bimodal que é unha forma de signar coa estructura da lingua oral.

- As palabras da escritora xordocega Hellen Keller, "A cegueira separa as persoas das cousas, a xordeira separa ás persoas das persoas".

- A importancia de poñerse no lugar do outro, so así podemos avanzar.

- O Día Internacional da Xordocegueira

 

Grazas Andrea pola túa importante colaboración. 

Non só por estes obradoiros, senon tamén por esa colaboración diaría durante a túa estancia no centro.

Grazas!

 

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 

Na semana do  5 de xuño estivemos traballando sobre o Medio Ambiente, a importancia de protexelo e como protexelo. 

Todos os seres humanos temos o deber de coidar a Natureza e o compromiso de deixar as futuras xeracións un planeta habitable.

Por iste motivo ilustramos mensaxes de compromiso medioambientais.

Aquí tedes algunhas das moitas mensaxes medioambientais creadas e ilustradas polo alumnado do centro. Non estan todas, algunhas non deu tempo a rematalas e outras quedaron nas aulas, pero o realmente importante é que todos nos concienciamos na importancia de comprometernos no coidado do Medio Ambiente.

 

 

Sodes uns grandes artístas.

Parabéns!

 

 

RECURSOS MANIPULATIVOS

Como complemeto aos proxectos de: "Froitas e Hortalizas, "A cociña" e "Xacobeo - Camiño de Santiago" o equipo de biblioteca elaboramos unha serie de recursos manipulativos.

 

Contos na Radio, CONTOS FAMILIARES, no mes de xuño

 Familias que durante o mes de xuño pasaron por Radio Forte contar, para todos nos, un conto cos seus fillos:

 

 

 

  André (5 anos) y e o seu pai Robert, contan Astronáutica de Carlos Pazos.

  Sofía (3anos) e a súa mamá Rocío, contan Ricitos de Oro

 

  Susana, mamá de Leira e Leira, contan Titiritesa.

 

 Paula e Oscar, nai e pai de Estela (4 anos) e Uxía (3ºA), contan: Loro sin memoria

Nieves, nai de Lois (4 anos), e Lois contan: A vaca que subiu a unha árbore

 

 

Que contos máis chulos!

Grazas!

O ESCORNABOT VISITA A CLASE DE 5 ANOS

Este xoves o escornabot estivo  na clase de 5 anos.

Cada equipo podía escoller entre recoller pole para levar a colmea (escornabot-abella) ou recoller froita para facer unha ensalada de froitas (escornabot-cociñeiro), dous temas previamente traballados por proxectos.

 

 

 

Pasámolo xenial!

PLANTAMOS CABAZAS PEREGRINAS - CAMIÑO DE SANTIAGO

Dentro das actividades relacionadas co Proxecto de Centro "O Camiño de Santiago"

Este mércores, 2 de maio, un grupo de alumnos de 3 anos de infantil saímos ao patio a prantar no xardín unhas cabazas de peregrino, cabaciñas que coñecemos traballado na aula  o vocabulario xacobeo.

 

Acompañan as cabaciñas, previamente plantadas en dúas botas, un bordón (bastón), unha cuncha de vieira e unha cabaza de papel.

Agardamos con ilusión velas medrar e ter unha boa produción para poder compartir con todos e poder colgar do bordón unha cabaza auténtica.

 

ABELLAS ROBÓTICAS (ESCORNABOT) - BIBLIOPATIO

Este mércores, durante o recreo, unha nova actividade de bibliopatio. O escornabot-abella estivo no patio de 3 anos recollendo o néctar das flores para levalo a colmea.

 

 

 

Posteriormente o escornabot achegouse ao alumnado de 1ºB que estaba ao outro lado da valla.

Este tempo primaveral estanos permitindo recuperar as actividades de bibliopatio que tanto nos gustan.

 

COIDEMOS O MEDIO AMBIENTE!

Audiovisuais para reflexionar sobre a importancia de coidar o medioambiente:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido