Para celebrar o Día Mundial do Teatro (27 de marzo), nesta ocasión optamos polo teatro lido.
Durante a semana nalgunhas aulas léronse pequenas obras teatrais e o mércores, o alumnado de 5ºA, na hora de ler, baixou a biblioteca a ler, “Animaladas”, un libro de teatro incluído no seu itinerario lector.
No escenario poñen voz aos 5 personaxes do libro o alumnado seleccionado previamente na aula por sorteo e, como público, o resto do alumnado que seguía e escoitaba a lectura.