O mércores 24 de marzo, en Biblioforte, a biblioteca do CEIP Plur. Monforte, tivo lugar o encontro virtual do alumnado de 3º de primaria con Fina Casalderrey, recoñecida escritora e membro da Real Academia Galega.
Os encontros literarios con autores forman parte da dinamización e fomento da lectura habitual no noso centro.
As limitacións impostas pola actual situación sanitaria obrigounos a mudar o formato é optar por encontros virtuais.
Evidentemente, non é o mesmo!, pero parécenos que facilitar a relación entre escritor e lector é unha ferramenta moi valiosa para o fomento da lectura.
Que o alumnado que está lendo un libro poida escoitar, preguntar e conversar, neste caso, coa autora do libro; resulta motivador e cércano, o que sen dubida potencia o hábito lector e a aprendizaxe de multitude de habilidades.
Durante o segundo trimestre, o alumando de 3º, estivo lendo “O misterio dos fillos de Lúa” .
Unha vez rematada a lectura debuxaron e describiron os principais personaxes da obra, debuxos cos que recibiron a autora.
Durante o encontro aproveitaron para facerlle un montón de preguntas acerca do libro e tamén preguntas relacionadas coa súa faceta literaria.
Unha fermosa experiencia!
Vaia o noso agradecemento a Fina e Sonia por escoitar as nosas peticións.