Educación documental

O CEIP MANUEL SUEIRO RECIBE PERIÓDICOS DO MUNDO “EN GALEGO”

O día 3 de maio no noso cole, celebramos o Día Mundial da Liberdade de Prensa.

Dende o CEIP Manuel Sueiro queremos apoiar a independencia dos periodistas de todo o mundo.

O noso alumnado, para celebrar esta data, percorreron o mundo na procura de diferentes periódicos, estudando os diferentes formatos e novas.

Para rematar, modificamos esas partadas periodísticas, para reescribilas en galego e con novas positivas.

1st SUEIRO CLIMATE SUMMIT

 

Os alumnos/as de 6º E.P. no seu esforzo por coidar o medio ambiente, celebraron  o 1º cume do clima no CEIP MANUEL SUEIRO.

Os tres puntos da orden do día foron THE AMAZON FOREST, TUVALU and PLASTIC IN THE OCEAN.

Os/as nenos/as falaron dos problems, das consequences e buscaron as posibles solutions.

Fase de documentación

Axudados en todo momento polo auxiliar de conversa, Tobias, que foi o presentador do evento, traballaron arreo para espertarnos a todos nós. Buscar información, chegar a acordos, darlle forma ao traballo, aprender que xuntos seremos quen de acadar un futuro mellor, ..., todo eso aprendemos neste 1st Sueiro climate summit.

JOIN US!

Obradoiro sobre as abellas

O 11 de maio apicultor José Bailón que tamén é profesor en Ourense, realizou na sala de usos múltiples do noso cole un obradoiro sobre a cría das abellas no que aprendemos moitas cousas sobre elas, sobre todo, a distinguilas das avespas, e sobre os produtos que nos ofrecen e os beneficios que aportan a nós e á natureza.

O obradoiro foi impartido de xeito moi práctico e puidemos ver como é unha colmea `por dentro, manipular con distintos aparellos que usan os apicultores e ver, realment,e como é a cera, o propolio, a mel, a xalea real…

Pasámolo xenial ao temo que aprendemos cousas novas!

Naturizo. O retorno das flores

Na primavera traballamos o libro de Naturizo, O retorno das flores.

Na primavera volve a vida á serra. Cando esta se enche de xente, Naturizo e Amelia deben investigar por que, ven a descobrilo!

Os protagonista da historia preséntanos a un novo amiguiño, Sil, unha cría de xabaril moi lista que lle explica en que consiste tal misterio, orixe e tradición.

O libro introduce ao alumnado na celebración da festa dos maios, tan arraigada na nosa cidade, ao tempo que inculca a amizade, a axuda aos demais e o coidado da Natureza.

Pescudamos e ampliamos información sobre a celebración da festa dos maios na cidade de Ourense.

Como actividade final, en horario extraescolar, elaboramos flores,  paxaros... con material de refugallo para adornar o noso maio dun xeito moi especial.

A primavera

O dous de maio os pequenos e pequenas de 3, 4 e 5 anos aprendemos como nacen as flores na primavera... e que o sol, a auga e a terra son moi importantes para ter unha fonte chea de flores de cores.

Fixemos dous experimentos, un para ver florecer margaridas con auga de cores, e outro coa nosa árbore do tempo, cada neno regou a súa flor e pouco a pouco abriuse a flor oculta.

Aprendemos moito e divertímonos moito máis.

De Base a Base e leo porque me toca

Os/as nenos/as de 3º E.P.  preguntáronse: Por que xogar a xogos de mesa coñecidos se podemos inventar o noso propio? Meu dito, meu feito: Elaboramos un que se chama “DE BASE A BASE E LEO PORQUE ME TOCA”.

Despois de coñecer a vida e o hábitat dos pingüinos na Antártida da man das mulleres e homes da Base Gabriel de Castilla, decidimos dar un salto atrás no tempo ata Atapuerca seguindo os pasos das mulleres e homes da Base Cid Campeador.

Saímos de Illa Decepción pasando por Burgos ata chegar de volta ao noso cole. Nesa viaxe coñecimos a un heroe da Antártida como Scott, o xacemento de Atapuerca e o evento deportivo do cross nesa serra. A Base recibiu o Premio Evolución de mans da Fundación Atapuerca. Algunha información xa tiñamos grazas ao proxecto sobre Atapuerca e María Martinón que desenvolvemos o curso pasado.

Na nosa chegada a Burgos, conmemoramos o aniversario da catedral, soubemos que alí se atopa soterrado o Cid. Das súas andanzas da conta o clásico da literatura “Cantar de Mío Cid”.

Pensando en CASTELOS, demos voltas por CASTELA- León, CASTELA A Mancha, CASTRILLO DEL VAL en Burgos, CASTRELO do Val e CASTRELO de Miño en Ourense.

E falando de reciclaxe, en Castrillo del Val acadaron o certificado ISO 14001. Nós somos máis modestos, pero poñemos o mellor de nós nas tres Rs.

Na biblioteca escolar do centro atopamos todos os libros necesarios para desenvolver o noso proxecto e na rede aprendemos a buscar a información precisa e as respostas ás nosas dúbidas.

E como di a nosa versión libre do “Cantar de Mío Cid”:

“Quiso la escuela recrear en esta humilde versión
Trabajos y esfuerzos hechos desde el corazón”

Coa busca de información foi a través da rede, ademais de obter información, aprenderon a usar a necesaria e descartar aquela supérflua.

As lecturas programadas para a actividade foron as seguientes:

  • Mi primer Cid  ( Ed. Espasa )
  • El Cid Campeador ( Ed. Susaeta )
  • La Leyenda del Cid ( Ed. Vicens Vives )
  • Cantar de Mío Cid ( Ed. Anaya )
  • La Edad Media ( Ed. SM )
  • Caballero ( E. Susaeta )
  • Cromañón. Colecc. Me llamo ...   ( Ed. Parramón )
  • La Prehistoria ( Ed. VOX )
  • La Prehistoria ( Larousse Ed. )
  • Revista “O Papagaio”, nº 9
  • Revista “Reportero DOC”, nº 211, 213, 244, 255
  • Me gusta reciclar ( Ed. Bruño )
  • Eco Héroes ( Ed. VVKids )
  • ¿Quién usa las papeleras? ( Ed. Edelvives )

Destacamos o título “ATAPUERCA, PERDIDOS EN LA COLINA” de Eudald Carbonell y José María Bermúdez de Castro, ( Ed. Destino ), fonte de información precisa da  cooperación do equipo investigador e da Base Castrillo del Val.

PDI de 3º EP: Todos e todas reciclamos

Neste curso escolar, o PDI do centro, céntrase no coidado do medio ambiente, e na clase de 3º de primaria, centrámonos na reutilización e reciclaxe dos materias que empregamos a diario, procurando darlle a todo unha segunda vida, e ao que non vexamos posible, enviándoo a reciclar.

Premendo nas seguintes imaxes teredes acceso ao traballo desenvolvido polo alumnado de 3º de EP sobre o PDI deste curso.

 Para reflexionar sobre o traballado neste proxecto, traballamos no club de lectura o seguinte libro:

 

Produto final do proxecto

Como produto final do proxecto desenvolvido polo alumnado de 3º de Ed. Primaria, e con toda a información recollida, elaboramos 3 lapbook, un para cada tipo de contenedor. Neles fomos explicando como empregar os diferentes tipos de contenedores e pór así en práctica os principios dos 3 erres.

Cada equipo presentou ao resto da clase o seu traballo.

O produto final foi exposto na clase e na biblioteca do centro para que poida ser revisado polos membros da nosa comunidade educativa.

Todos e todas reciclamos. Que significa reciclar.

O PDI do alumnado de terceiro no curso 2021/22 céntrase na concienciacion da necesidade de empregar, con cabeciña, o que nos ofrece a natureza fomentando os 3 RRR.

Comezamos o proxecto pescudando sobre o que consistía reciclar e o significado dos RRR.

Como actividade inicial colocamos na aula contedores para poder reciclar cada tipo de lixo que segundo a súa procedencia.

Florencio Manuel Delgado Gurriarán (2022)

Florencio Manuel Delgado Gurriarán naceu na aldea de Córgomo, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, o 27 de agosto de 1903. Era fillo de Florencio e Consuelo, e o menor dos cinco irmáns.

Estudou a primaria e o bacharelato en Palencia e Valladolid, cidades ás que foi destinado seu pai, que era profesor da Escola de Peritos Agrícolas.

Ao licenciarse en Dereito na Universidade de Valladolid traballou como pasante nun bufete do Barco de Valdeorras, comarca á que lle dedicou no ano 1934 o seu primeiro libro, Bebedeiras.

Ao remate da Guerra Civil exiliouse en México, país no que desenvolveu unha intensa actividade cultural en defensa do idioma galego.

Faleceu en California un 14 de maio de 1987, cando visita unha das súas fillas.

Recuperado do Seminario Galán


RECURSOS EDUCATIVOS


Distribuir contido