Educación documental

Xoves de comadres 2023

O xoves, 16 de febreiro, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Ed. Primaria participou na celebración do xoves de comadres que organizou a Concellería de Educación. Nas semanas previas, realizamos un obradoiro de elaboración de comadres e compadres que se desenvolveu na biblioteca do centro.

Foi unha mañá moi especial xa que a maioría dos asistentes do noso centro era a 1ª vez que participaban nesta festa que abre a semana máxica do Entroido en Ourense.

Pasámolo xenial, xa que moitos de nós conseguimos salvar a comadre... todas acabaron escachizadas nas no solo da Praza Maior de Ourense.

Para o próximo ano volveremos!!!

Día da amizade

O 14 de febreiro celebramos o Día da amizade e do amor. Despois de pescudar quen sobre a vida de Valentino e a súa amada Xulia, o alumnado de primeiro recitou o poema de Gustavo Adolfo Bécquer titulado "Amor eterno".

Aquí vos deixamos o resultado...

Coidando o noso mar

Por uns días o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro achegouse ao mar da man da Biblioteca Escolar do centro, guiados pola exposición itinerante “Coidando o noso mar”, prestada polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia).

Desde as Rías Baixas chegaron as redes e as nasas que os/as nosos mariñeiros/as usan a cotío no seu labor.

Esta exposición enmárcase no PDI do centro, adicado aos ODS axenda 2030. En concreto, o obxectivo 14:  Conservar e utilizar de xeito sostible os océanos, mares e os recursos mariños.

Protexer os nosos océanos debe ser unha prioridade. A biodiversidade mariña é vital para a saúde das persoas e do planeta. As áreas mariñas protexidas deben ser xestionadas de forma efectiva, tamén os seus recursos, e poñer en marcha regulamentos que reduzan a sobrepesca e a contaminación mariña dos océanos.

MERGÚLLATE NO MAR MÁIS AZUL!

Obradoiro de compadres e comadres

O xoves 2 de febreiro de 2023, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro participou no obradoiro “Compadres e comadres” que se realizou na nosa biblioteca escolar coa colaboración do Concello de Ourense.

Con esta actividade damos comezo á celebración do Entroido no noso cole, que terá o seu colofón na semana do 13 ao 17 de febreiro.

O xoves de compadres, 9 de febreiro, e o xoves de comadres, 16 de febreiro, acudiremos á Praza Maior de Ourense para correr cos nosos compadres e as nosas comadres...

Benvido sexa o Entroido 2023!!

Día da Paz e Non Violencia 2023

Este ano, para conmemorar o Día da Paz e Non Violencia no noso centro, cada curso escolleu uha das persoas premiadas ao longo da historia para posteriormente investigar sobre esa persoa.

Os traballos realizados foron presentados ao resto do alumnado durante os días previos ao Día da Paz.

A continuación podedes ver os diferentes traballos de investigación realizados:

Traballos realizados polo alumnado de Educación Infantil.

https://lh3.googleusercontent.com/pw/AMWts8AtiYz6kQZ1ZsPDXdNveDbLjEAYnkC9N1k9NRleJFyjieQbvlVQ19K-MhJLxmSot79rilEiDjrwgJPiyjxMc-OaaOwVhaGir8JENtA51NFtGdAvL0W-iOwCPg48gR1jPlWrCgpdkGQ0k2i6R1EOmqq2kg=w1000-h332-no?authuser=0

Traballos realizados polo alumnado de 1º de Ed. Primaria.

Traballos realizados polo alumnado de 2º de Ed. Primaria.

Traballos realizados polo alumnado de 3º de Ed. Primaria.

Traballos realizados polo alumnado de 4º de Ed. Primaria.

Traballos realizados polo alumnado de 5º de Ed. Primaria.

 

Traballos realizados polo alumnado de 6º de Ed. Primaria.

Traballos realizados polo alumnado nas clases de inglés.


La mochila de la Paz


O Día da Paz. todo o alumnado e profesorado interpretou a canción La mochila de la Paz para conmemorar dita data.

ARCO SUEIRO

ARCO SUEIRO

Non somos a Feira Internacional de Arte Contemporánea de Madrid, pero os/as peques de E.Infantil xa amosan a súa inquedanza polo mundo da arte.

Na edición do ano 2022, un dos artistas convidados foi  David Maljković e a obra que máis nos gustou foi “In the corner of the eye”.

Fixémola ao noso xeito, aprendemos as cores e coas nosas mans e dedos, demos forma á nosa sculpture, e ben chula que quedou. A big e a small, long e short. E puxémola nun corner.

A arte para aprender ENGLISH!

Estades convidados/as a visitar a nosa obra de arte no cole.

A entrada é de balde!!!

A Historia do Nadal

Dende o área de Relixión empregando os principios do Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA) cunha metodoloxía por Estacións de Aprendizaxe, traballamos a unidade didáctica “A historia do Nadal” en todos os cursos de Primaria.

Os obxectivos marcados foron:

  • Coñecer a historia do Nadal.
  • Coñecer as personaxes do Nadal.
  • Recoñecer obxectos relacionados co Nadal (campo semántico).
  • Coñecer a cronoloxía dalgúns personaxes bíblicos e como se contan os anos antes de Cristo e despois de Cristo.

Establécense seis estacións de aprendizaxe. As actividades propostas para cada estación foron as seguintes:

  • Vídeo “A historia do Nadal” de playmóbil.
  • Discriminación visual: campo semántico do Nadal e quebracabezas do nacemento de Xesús.
  • Liña do tempo; a.C e d.C.
  • Recoñecemento de conceptos de Nadal.
  • Realización artística de maqueta do nacemento de Xesús ou debuxo libre do Nadal.
  • Avaliación á través dun quiz de Genially.

Os nenos e nenas disfrutaron das actividades aprendendo de forma bastante autónoma e comprobando o que aprenderon na última actividade.

Deixamos aquí imaxes do que fixemos:

Mountains Matter!

 

O ano 2022 foi declarado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas como ano internacional para o desenvolvemento sostible das montañas, invítándonos a todos/as a colaborar no coidado e mantemento do ecosistema montañoso.

Os nenos/as de 4º E.P. desenvolven un proxecto que abrangue os 1º e 2º trimestres do curso.

Neste 1o trimestre damos os pasos para coñecer as montañas. Elaboramos un mural e coñecemos algúns dos animais que as habitan, a importancia da auga que nos abastece dende o máis alto das montañas. E como non, a Biblioteca Escolar do centro, facilitounos lecturas informativas e tamén lúdicas sobre as montañas. A actividade e as lecturas esenvólvense nas tres linguas do centro, galego, castelán e inglés.

Botamos man de actividades propostas pola FAO, pola organización CONSERVATION INTERNATIONAL, coa actividade adicada ás montañas, e sobre todo da nosa imaxinación, esforzo e bo facer.

E como o día internacional das montañas se celebra cada ano o 11 de decembro, non atopamos mellor data para por en valor as nosas MONTAÑAS.

Porque, MOUNTAINS MATTER!

Volcán Explosivo

Experimento realizado polo alumnado de 4º de EP primaria na semana da ciencia.

 

Día Internacional contra a violencia cara ás mulleres

Durante a semana do 21 ao 25 de novembro o equipo de bibliotecas, dinamización lingüística e seccións bilingües organizaron un grupo de actividades para que todas as nenas e nenos do cole, desde infantil ata sexto de primaria, xunto co profesorado e resto da comunidade educativa, celebramos participando activamente nos actos realizados para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia cara ás mulleres unha das peores e máis comúns formas de violencia.

En primeiro lugar, o luns, a Concellería de Igualdade, organizou unha actividade de contacontos para a sensibilización e concienciación en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero: "O rato canguro" coa finalidade principal de romper os estereotipos de xénero desde a infancia.

O martes durante a Hora de Ler cantamos e bailamos a canción “Déjala que Baile” de Melendi con Alejandro Sanz e Arkano.

Todo o alumnado do cole participou na actividade "The orange umbrella” para reivindicar a importancia da protección contra a violencia.

Na metade da semana volvemos a gozar dun contacontos, neste caso, interpretado por alumnos do cole. Contáronnos o conto de “ Pepuka e o Monstro que se levou o seu sorriso”. Pepuka vivirá xunto ao Monstro a experiencia máis difícil da súa vida: a perda do seu sorriso. Pero contará coa inestimable axuda das súas mascotas, unha viaxe cara á liberdade, a recuperación da súa esencia persoal e a felicidade. Aborda a violencia de xénero para previla desde a infancia. É un conto para traballar a autoestima, os valores, a igualdade e o bo trato.

A continuación o alumnado decidiuse a cambiar a súa linguaxe, identifincando frases axeitadas e inaxeitadas coa actividade “Pon os cinco sentidos contra a Violencia”.

Toda a comunidade educativa leu un Manifesto no que nos comprometemos a traballar a diario para  a eliminación de todo tipo de violencia.

O xoves o alumnado de infantil participa na actividade “Coas túas mans podes”, onde plasmando as súas máns nun lazo queren sinalar a importancia da loita de todos a favor da non violencia.

Finalmente, o día 25, rematamos a semana coa lembranza da importancia da igualdade entre homes e mulleres, representado pola cor violeta e a non violencia contra das mulleres representado pola cor laranxa.

A seguir traballando!!!

Distribuir contido