Skip to Content

Ed. infantil

As emocións e as cores

O longo deste curso co alumnado de Educación Infantil traballamos as emocións a partir do conto “Los tentáculos de Blef”.

Traballamos as seguintes emocións :

  • Alegría
  • Amor
  • Medo
  • Tristeza

Quedounos sen traballar a rabia por falta de tempo.

Partimos da lectura dos distintos contos da colección, para cada emoción un conto, facendo actividades relacionadas co conto e outras sen ser do conto pero relacionadas con dita emoción.

Primeiro recoñeceron , debuxaron e modelaron con plastilina emoticonas con distintas emocións a través de contos relacionados    “Quen fai sorrir a princesa”, “Mi abrazo preferido”, “Los miedos del capitán Cacurcias”, “Lágrimas bajo la cama”.

  • Debuxaron a Blef pintando os tentáculos con distintas cores para cada emoción.
  • Conversamos cos  nenos e nenas sobre  cousas que lles daban medo .
  • Elaboraron unha caixa máxica onde meteron debuxos e frases relacionadas cos medos que tiña cada un.
  • Debuxarse coa persoa ou persoas que máis queren despois de contarlles o conto “De que color son los besos”.
  • Debuxaron e escribiron palabras cariñosas as persoas que non puideron visitar durante a pandemia.
  • Escoitamos distintas audicións coas que bailaban libremente
  • Construímos un cubo cos debuxos  en cada cara das distintas emocións de Blef.
  • Xogaron co cubo e expresaron a emoción que lles saía a cada un ao tirar o cubo a o aire.
  • Diálogo sobre cousas ou situacións que lles poñían tristes  e outras coas que se Poñían contentos.
  • Fixeron tamén debuxos sobre estas situacións.
  • Foi tamén moi divertido o xogo de “Memori emocións” que tamén serviu como exercicio para traballar a memoria.

Quedounos sen elaborar o disfrace do entroido porque este ano polo COVID non o puidemos celebrar.

Por último fixeron un xogo de tres en raia cun taboleiro co debuxo de Blef e fichas con emoticonas das emocións feitas con masa de modelar.

Libros que van e veñen curso 2020/2021

Na semana das bibliotecas escolares puxemos a funcionar, un ano máis, a actividade de animación á lectura: "Libros que van e veñen". Empregamos as novas bolsas/mochila que nos achegaron desde  a asesoría de bibliotecas da Consellería de Cultura, educación e universidade.

Todos os venres, o equipo de biblioteca prepara as bosas para que os nenos e nenas difruten da lectura en tempo de lecer coas súas familias.

BOA LECTURA PARA TODAS E TODOS!!!

 

Pasea pola túa cidade

O día 19 de maio o alumnado de Ed. Infantil participou na actividade "Pasea pola túa cidade" que organizou a Concellería de Ed. de Ourense.

Realizamos unha visita guiada polo monicreque Martiño ao casco vello da cidade que partíu dos xardíns das Burgas e continuou con visitas á Praza Maior e Concello para posteriormente visitar as tres entradas da Catedral, comezando pola praza do Trigo e rematando na praza de San Martiño.

Antes de regresar para o cole, fixemos unha parada na zona de xogos do parque da Alameda, no que repuxemos forzas para voltar para casa.

Día da nai 2021

Na última semana do mes de abril o alumnado de Ed. Infantil dedicouse a preparar unn regalo sorpresa para as súas nais., consistente na realización dunnn xogo de tres en liña coa imaxe de Blef, unha das figuras que empregamos na aula para traballar as emocións no PDI de Ed. Infantil.

A Strawberry Garden

No noso cole non temos STRAWBERRY FIELDS, nen somos THE BEATLES.

Nós somos así de especiais e temos A STRAWBERRY GARDEN e somos os máis peques da escola, os SUPERPEQUES.

Unímonos aos SUPERHEROES de 2º E.P. na súa teima pola FRUIT e coidamos e recolectamos as strawberries que medraron no noso GARDEN.

E ben boas que están! Ata os paxaros deron conta delas! Doces e RED!

 

CREAcción no Día do libro 2021

Ao longo da semana do 23 de abril celebramos no centro o Día do libro coa CREAcción de diversas actividades que pasamos a enumerar:

  • Concurso de “Emociónate co meu libro” no que o alumnado participou coa axuda das súas familias, CREAando a portada dun dos seus libros favoritos. O nivel acadado nas súas CREAccións foi espectacular e pódese observar na seguinte ligazón: "Emociónate co meu libro".
  • CREAcción dun conto colaborativo entre todos os membros da comunidade educativa. O alumnado de Ed. Infantil comezou a historia do conto e o resto dos cursos foino ampliando. En breves estará accesible desde esta entrada.
  • Visionado da presentación sobre a historia do Día do libro realizada polo equipo de bilioteca.
  • CREAacción de minilibros por parte do alumnado co agasallo dunha rosa para entregar ás súas familias.
  • O alumnado de Ed. Infantil CREou as portadas de dous dos seus libros favoritos: a “Historia de Malala” e “As historias de Blef"

 

Vialín, escola para peques.

Vialín, autoescola para peques, foi unha divertida actividade sobre educación viaria da Concellería de Educación de Ourense, na que tivo o privilexio de participar o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil, un ano máis.

Xogando a ser peóns, aprendemos a movernos pola cidade respectando os sinais e normas de tráfico.

Pasámolo xenial!!

Obradoiro de saúde dental

O 24 de marzo, contamos coa colaboración do Colexio Profesional de hixienistas de Galicia para realizar tres obradoiros no noso cole destinados ao alumnado de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria. Estes profesionais sanitarios forman parte do equipo de responsables da saúde bucodental da poboación e, ademais, xunto aos dentistas, son as únicas persoas que poden traballar na boca dos pacientes.

Primeiro, faláronlles da importancia que ten realizar unha boa hixiene dos dentes e da lingua, polo menos tres veces ao día. Asemade, recordáronnos a relación directa que existe entre unha boa alimentación e unha boa saúde dental, insistindo, sobre todo, en que debemos evitar o consumo de chuches e facer un consumo moderado de doces.

Co aprendido no relatorio, practicamos nun modelo de dentadura como se debe proceder para realizar un bo cepillado.

Para finalizar, agasallaron a todas as persoas participantes cun lote de cepillo e pasta dentífrica e un diploma que lles acredita que teñen a boca limpa e sana. Tamén nos deixaron para traballar na aula, coas nosas mestres, un caderno de banda deseñada titulado: Dr. Rabbit e os defensores dentais.

Samaín 2020

O 30 de outubro celebramos no centro a Festa do Samaín dun xeito distinto ao de anos anteriores. A posta en escena das actividades realizadas logrou que o alumnado voltase a disfrutar de momentos de felicidade no tempo de lecer, demostrando, así, que é posible compaxinar actividades colaborativas e participativas co protocolo COVID.

A xornada comezou coa representación dun contacontos polos dos nenos e nenas de sexto curso titulado "Violeta quere ser vampiro", para todo o alumnado do centro. Para que esta actividade resultase segura, fixéronse tres pases ao longo da mañán, na sala de psicomotricidade.

Despois do teatro, realizamos unha merenda terrorífica a base de doces coa forma dos protagonistas desta festa: pantasmas, morcegos, casas do terror...

Aproveitamos o recreo para realizar un desfile de moda fantasmagórica amenizada por unha parella moi especial de speakers. Como colofón ao desfile, toda a comunidade educativa participou en varias coreografías de cancións propias desta celebración.

Pasámolo xenial!!

 

 

Libros que van e veñen 2020/2021

Na semana das bibliotecas escolares puxemos a funcionar, un ano máis, a actividade de animación á lectura: "Libros que van e veñen". Empregamos as novas bolsas/mochila que nos achegaron desde  a asesoría de bibliotecas da Consellería de Cultura, educación e universidade.

Todos os venres, o equipo de biblioteca prepara as bosas para que os nenos e nenas difruten da lectura en tempo de lecer coas súas familias.

BOA LECTURA PARA TODAS E TODOS!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut