Skip to Content

Ed. infantil

Obradoiro de saúde bucodental

O xoves 7 de abril realizamos no noso centro a actividade centrada na saúde bucodental.

A actividade dividiuse en dúas sesións. A primeira para o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria e a segunda sesión para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

A charla foi levada a cabo por unha hixenista que nos ensinou, entre outras cousas, a cantidade de azucre que teñen os produtos e a importancia dun bo lavado de dentes. 

Saúde bucodental

Neve de cores

Os nenos/as de 4 anos fixemos na nosa aula neve de cores.

Para este experimento necesitamos:

  • Pañales
  • 6 vasos
  • Colorante alimentario ( amarillo, vermello, azul).
  • Auga.

O primer paso é abrir os pañales pola metade , sacamos o algodón e frotamos, así obtemos un polvillo, que é o que necesitaremos para facer a neve.

En segundo lugar botamos auga en tres vasos e o colorante ( amarillo, vermello, azul) en cada vaso.

Despois, nos outros tres vasos, botamos pola metade o polvillo dos pañales. Vertemos o colorante en cada un dos vasos que ten o polvillo, e, por último, vaciamos a mestura, e xa temos neve de cores.

Experimentando co arco da vella

O alumnado de 6º de Ed. Infantil experimentou coa formación das cores do arco da vella empregando sevilletas, rotuladores e tarros de cristal.

Día da árbore

Ao longo da semana do Día da árbore realizamos diversas actividades encamiñadas a fomentar a defensa do medio ambiente que estamos a traballar no PDI deste curso. Unha delas consistiu na plantación de árbores no pátio do noso colexio.

O alumnado máis cativo do cole plantou unha cerdeira que mercamos nun viveiro próximo ao noso centro.

O alumnado máis maior plantou unha ameneira que nos facilitou a Deputación de Ourense.

Mestura de cores

O alumnado de 4º de Ed. Infantil comprobou de forma experimental unha das propiedades físicas da auga: a capilaridade, grazas á cal a auga móvese por pequenas canles. Este experimento científico axúdalles a comprender moito mellor este concepto e tamén nos serviu para explicar como se forman as cores secundarias (neste caso violeta, laranxa e verde).

Os materiais que empregaron foron os seguintes son: vasos con auga, vasos baleiros, colorante alimentario vermello, amarelo e azul e papel de cociña.

Pasárono xenial sentíndose científicos!!

 

Día da Poesía 2022

O Día Mundial da Poesía, celebrado cada ano o 21 de marzo, conmemora unha das formas máis prezadas da expresión e identidade lingüística da humanidade. A poesía, practicada ao longo da historia en todas as culturas e en todos os continentes, fala da nosa humanidade común e dos nosos valores compartidos, transformando o poema máis simple nun poderoso catalizador do diálogo e a paz.

O noso alumnado participou do impulso dialogante da poesía participando un recital de poesía que se realizou simultaneamente en todas as aulas do centro na Hora de ler coas poesías elaboradas ao longo dos días previos nos diferentes obradoiros desenvolvidos nas aulas.

As súas obras quedaron expostas no corredor do centro nun gran mural:

Asemade, o equipo de biblioteca realizou unha exposición dos fondos bibliográficos de poesía para que o alumnado que quixese,  os levase en préstamo para ler nas súas casas ou momentos de lecer.

Alumnado de Ed. Infantil

 Alumnado de 3º de Ed. Primaria

Desfile do venres de Entroido

Esta ano, o venres de Entroido, participamos no desfile que organizou o Concello de Ourense polas rúas do centro da cidade.

O alumnado de Ed. Infantil e 1º de Ed. Primaria disfrazouse de Arco da vella e o profesorado de nubes. O alumnado de 2º, 3º e 4º de Ed. Primaria ía disfrazado de curuxas e o profesorado de árbores. Por último, os máis maiores do coles, 5º e 6º de Ed. Primaria foron disfrazados de nativos do Amazonas.

Baixo a dirección da nosa xefa de tribu, desfilamos ao son de Carnaval de Maluma representando a coreografía traballada ao longo de toda a semana no tempo de lecer e que non deixou indiferente a ningunha das miradas do público asistente ao desfile.

Día de Rosalía 2022

Ao longo da semana do 23 de marzo celebramos o Día de Rosalía no CEIPP Manuel Sueiro, conmemorando o seu aniversario coa realización de diversas actividades:

  • O alumnado traballou a figura de Rosalía de Castro ao longo de toda a semana empregando, fundamentalmente, os recursos facilitados polo EDL do cole e o Seminario Galán. Rematamos a semana elaborando un gran mural alusivo á escritora con toda a información recadada.
  • A maioría do alumnado, tamén participou nunha proposta expresiva que este ano consistiu na decoración dunha postal na que figuraba impresa a imaxe de Rosalía. Os nenos e nenas decoraron e escribiron unhas estrofas de Rosalía escollidas por eles mesmos na exposición de libros que o equipo de biblioteca elaborou.

 

Crocodilo namorado

O alumnado de 5º de Ed. Infantil, aproveitou o San Valentín para celebrar o amor e o cariño que nos temos uns e outros, amigos e familiares, con este fermoso conto "Crocodilo namorado" e o seu canto con linguaxe de signos.

Somos moi diferentes, coma a Xirafa e o Crocodilo, pero a pesar de todo o que os separa e os diferencia, quérense moito, por iso aprendemos a respectarse e a quererse...

Contacontos con Benjamín

O xoves, 3 de febreiro, realizamos a actividade encadrada dentro da CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA, promovida polo CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, que leva por título Contacontos no colexio coa colaboración do grupo CGA.

A actividade foi levada a cabo por Benxamín que foi capaz de marabillar coas súas historias aos nosos nenos e nenas con dúas sesións.

A primeira das sesións foi para o alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria. Benxamín conseguiu que a partir de tres historias, nas que os protagonistas fosen tres nenos/as: o medroso, o máis rechulo e presumido e o máis valente, facendo participar, nestas divertidas historias ao resto dos nenos e nenas. Como conclusión, destes pequenos contos, pediulles aos nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro “pedirlles aos seus pais e nais” para que lles seguisen contando bonitas historias e contos.

A segunda das sesións foi para o alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria. As historias centráronse en dúas historias. A primeira delas relacionada coa maxia e todos aqueles desexos que puidesen ter. A segunda das historias relacionouse co “Porquiño de San Antón” e como o alumnado desfrutouse facendo carreiras de cabalos para poder salvar ao porquiño do seu San Martiño.

Foi un día marabilloso que gustou a grandes e pequenos. Xa estamos agardando polo seguinte contacontos.

Distribuir contido


by Dr. Radut