Skip to Content

Ed. infantil

Coñece a túa cidade

O 18 de maio de 2023 o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou o obradoiro “Coñece a túa cidade”.

A actividade comezou na Alameda e alí recibiunos Leonardo un arquitecto que nos transportou a Ourense de fai 2000 anos e como a cidade foi evolucionando ata chegar a dous arquitectos que conseguiron que a Cidade de Ourense sexa o que é hoxe en día. Estes arquitectos, entre outros moitos, José Antonio Queralt Rauret e Daniel Vázquez Gulias que introduciron o modernismo nos edificios ourensáns.

Os edificios que nos ensinaron foron: o palco da musica na Alameda de Abaixo, os edificios na praza Bispo de Cesáreo, a entrada de Santa Eufemia, a entrada da Catedral de Ourense e a Praza Maior.

Unha vez rematada a visita e explicación do arquitecto Leonardo continuamos a nosa visita acudindo a lugares emblemáticos da nosa cidade como: As Burgas, O Ies Otero Pedraio, o Xardín do Posío, a Praza da Magdalena e rematamos no Parque de San Lázaro.

Hoxe foi un bo día coñecendo a nosa cidade.

Día de Europa

Galicia é Europa!!!

O Día de Europa ten lugar cada 9 de maio. Neste día celebramos os logros e a unidade en Europa.

Dendo o noso centro animamos ao noso alumnado a coñecer Europa e a investigar sobre a presenza de Galicia nas institucións da Unión Europea. Tendo como referencia a Fundación Galicia Europa (FGE), entidade que ten como fin de promover todas as accións que propicien o achegamento entre Galicia e Europa.

Spring is here!

A primavera chegou aos corredores dos/as máis peques da escola. Tulips, daisies e unha gran variedade de flowers dan cor á estación do ano máis florida.

Non hai mellor forma de comezar o día que camiñar cada mañá cara ás súas aulas por gardens cheos de flowers.

Seguimos moi de preto as andainas do noso cherry tree. Plantámolo o curso pasado e, neste, escribimos o seu nome en galego, castelán e inglés. Pero tamén en neerlandés, fogar de Tobias, que nos axudou o curso pasado, e en xaponés, onde miles de cerdeiras florecen cada ano.

E como Xapón está nos nosos corazóns desde o curso 2018-2019 cando nos visitou Megumi Shiozawa, tamén lle damos visibilidade á nosa lavender plantada por mor da visita da persoa anteriormente nomeada e que en spring loce máis fermosa que nunca.

QUEDAMOS Á ESPERA DAS PRIMEIRAS CEREIXAS!

Horta escolar de Ed. Infantil

 Á volta da Semana Santa o alumnado de Ed. Infantil púxose mans a obra e comezou a preparar a súa horta con diversas plantiñas de tomates, leitugas, amorodos, frambuesas, leitigas...

A mediados de maio decidimos transplantar unhas plantiñas de fresas para a nosa horta. A ver que é o que pasa?

Apadriñamento lector. Día do libro 2023

O 25 de abril, como actividade do Día do libro, e dentro do tempo dedicado á Hora de ler, o alumnado do cursos de 4º, 5º e 6º de Ed.Primaria apadriñou ao alumnado máis cartivo do centro coa lectura de contos adaptados á idade destes últimos.

A actividade desenvolveuse nos espazos exteriores do centro: polideportivo, zona de xogos, patio infantil e entrada do centro.

O resultado da experiencia volveu a ser moi positivo xa que os lectores conseguiron que os seus afillados non deixaran de estar atentos ás historias que lles ían contando.

Xa estamos desexando realizar o próximo apadriñamento lector!!

 

 

Horta escolar 2023

No curso escolar 2022-2023, despois do éxito de cultivar a horta no CIFP Portovello e intentando que todo o alumnado do colexio poida plantar os seus produtos, decidimos facer 4 pequenas hortas.

Nas seguintes imaxes teredes acceso ao traballo desenvolvido neste curso:

EDUCACIÓN INFANTIL 1º CICLO
2º CICLO 3º CICLO
CIFP PORTOVELLO  
 

Aquí deixamos como deseñamos e construímos a nosa horta con 4 parcelas para que todo o alumnado poida cultivar diversos produtos dentro dunha economía sostible.

Os pasos que demos foron os seguintes:

DESEÑO

  • Buscamos o lugar máis soleado e máis resgardado para que o cultivo sexa o máis produtivo posible.
  • Pensamos e deseñamos o tamaño e cantidade de bancais. Neste caso 4 bancais: 1 para o alumnado de Educación Infantil, 1 para o alumando de 1º e 2º de Educación Primaria, 1 para o alumando de 3º e 4º de Educación Primaria e 1 para o alumando de 5º e 6º de Educación Primaria. O tamaño é de 1 metro de ancho por 4 metros de longo e 0.25 metros de alto cun volume de 1 metro cúbico por bancal.  
  • Marcar o lugar con cordeis.

CONSTRUCIÓN

  • Retirada de herbas e facer rego para atopar o firme e así poder asentar o bloque.
  • Colocación do bloque.
  • Cubrir de terra para o cultivo.

Nas últimas semanas de abril o alumnado das diferentes aulas comezou a plantar na súa horta produtos como: leitugas, coles, cabazas, framboesas, pepinos, cenorias, tomates,...

Os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria, ademais de cultivar a nosa horta escolar, seguimos colaborando co mantemento da horta situado no CIFP Portovello.


 DEGUSTACIÓN DOS PRODUTOS DA NOSA HORTA


 

As tormentas do mes de maio e xuño fixeron estragos na nosa colleita.

Ti si que es un bo peixe

O 19 de abril realizamos na aula de psicomotricidade o  obradoiro Ti si que es un bo peixe, incluído dentro do programa aliméntate ben que vai percorrendo centros de nosa comunidade con diferentes actividades que dan a coñecer os aspectos saudables do consumo de produtos do mar.

Esta actividade completarémola o próximo 11 de maio coa excursión ao porto de Vigo onde coñeceremos de primeira man este marabilloso mundo do mar e poderemos degustar algúns de ditos productos.


OBRADOIRO DE ED. INFANTIL E 1º DE ED. PRIMARIA



 OBRADOIRO DE 2º a 6º DE E. PRIMARIA


 

Fai clic ao teu bocata

O 13 de abril de 2023 realizamos no centro o obradoiro “Fai clic ao teu bocata” no que nos ensinaron as vantaxes e a importancia dunha dieta equilibrada.

A actividade dividiuse en dúas sesións. A primeira delas para o alumnado de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria e a segunda das quendas para o alumnado de 2º a 6º de Educación Primaria. Nestes dous obradoiros destacouse a importancia das conservas completando a formación con vídeos educativos e xogos didácticos.

Ao remate da sesión, todo o alumnado elaborou ao seu gusto o bocadillo saudable.

Estamos agardando poder repetir este obradoiro.

EDUCACIÓN INFANTIL E 1º DE EP

Galería de Ed. Prmaria

Visita da Policía Nacional

O 30 de abril visitounos unha patrulla da Policia Nacional de Ourense co obxectivo de pór en valor o traballo que están a realizar na nosa cidade.

Todo o alumnado do centro participou nesta activiade e puido observar in situ e, incluso, manipular os diferentes materiais e aparellos que a Policia Nacional emprega no seu traballo diario.

Foi unha experiencia moi positiva xa que se logrou mudar o pensamento xeralizado da maioría do alumnado que pensaba que o único traballo deste corpo de seguridade era perseguir ás persoas delincuentes.

Día da poesía. Poetry day!

Este ano, para celebrar o Día da Poesía, realizamos un roteiro poético, por diversos recantos do noso cole relacionados, no que a temática central xirou entorno á natureza.

Nas seguintes ligazóns achegamos os vídeos cos diversos poemas recitados en galego, castelán e inglés: (iremos engadindo os vídeos en breves)


GALEGO


Para finalizar esta celebración, todo o centro recitou o poema Á nosa sobreira, da que é autor o profe Toño, a carón desta árbore senlleira que tan ben nos identifica e representa.


CASTELÁN



INGLÉS



GALERÍA DAS ACTIVIDADES DO MARTES



GALERÍA DAS ACTIVIDADES DO MÉRCORES



EXPOSICIÓN DE LIBROS NA BIBLIOTECA



 

Distribuir contido


by Dr. Radut