Skip to Content

Ed. infantil

Celebración do Día da Paz 2022

Para conmemorar o Día da Paz o profesorado representou a obra "Por catro esquiniñas de nada" de Jérôme Ruillier. Caracterizados coma os personaxes do conto puxeron en valor o respecto ás diferencias e a integración desde dito respecto, sen pretender que todas as persoas sexamos iguais e entendendo que o traballo en equipo sempre é a mellor canle para solucionar os problemas.

Como este ano O SUEIRIÑO A DIVERSIDADE RESPECTA, TRABALLEMOS XUNTOS A PROL DO PLANETA! dende a biblioteca fixemos unha  pequena homenaxe ao premio Nobel da Paz,  Wangari Maathai, polo labor que fixo en defensa da natureza e a loita polos dereitos e melloras da situación das mulleres do seu país. Contamos un conto (no que queremos agradecer a participación do alumnado de 6º) sobre a verdadeira historia de Wangari e aprendemos unha bonita canción sobre a súa vida.

Para rematar, realizamos un mural (todo con material reciclado) no que quixemos reflictir  o "Movemento Cinturón verde" que fundou Wangari  en 1977 e que na actualidade en Kenia conta con 4000 grupos comunitarios  que plantan árbores e protexen o medio ambiente. Cada neno/a fixo unha folla co seu mensaxe de paz que posteriormete foi colocada no mural.

Asemade, nestes tempos escuros que estamos a vivir, no noso cole prendemos candeas pola PAZ. Candeas que alumeen o camiño cara ao respecto, igualdade e comprensión.

DO IT NOW!

Non podemos esperar máis, temos que facelo agora xa.

Por eso, para conmemorar o día internacional contra o cambio climático, o 24 de outubro, todos no noso cole puxemos as nosas voces para acadar que o noso planeta sexa a nosa HOME GREEN HOME.

Non queremos pelexas, discusións, perdas de tempo, ..., queremos poñernos XA a mudar este xeito de vida contaminante por outro alternativo, máis limpo e GREEN.

JOIN US TO CHANGE THE WORLD AND SING FOR THE CLIMATE!

https://www.youtube.com/watch?v=ZQ7TSlArK6Y

Auga, cada pinga un tesouro

Comezamos a nosa colaboración con UNICEF o curso pasado, cando grazas á súa campaña de vacinas para a paz, convertémonos en axudantes dunha vacinación tan necesaria.

Este curso, de novo, desenvolvemos algunhas actividades a prol do medio ambiente, con materiais facilitados por UNICEF.

Do 25 de outubro ao 5 de novembro, temos no cole a disposición da comunidade educativa unha exposición de 10 paneis que axuden a tomar conciencia da necesidade de  non malgastar auga, e entender que a mesma é fonte de vida.

Cada curso debateu sobre o que a exposición lles facía sentir e reflexionou sobre a mensaxe.

Ao longo da semana, cada un dos nenos e nenas escribirá nunha pinga de auga as súas reflexións sobre a exposición, co fin de elaborar un libro colaborativo sobre o tema. Enviaremos a actividade ao comité de UNICEF en Galicia ao remate da mesma, agradecéndolles que nos faciliten os materiais dos que dispoñen, no nome de Marta Andrade Blanco.

Exposición do Samaín 2021

TRABALLOS MÁIS VOTADOS POLO ALUMNADO E PROFESORADO

Volcáns en erupción

Ao longo do mes de setembro, o alumnado de educación infantil e de segundo de primaria pescudou información sobre os volcáns e realizaron varias actividades sobre a dinámica do seu funcionamento, entre as que destacamos o emprego de apps realidade virtual para velos en acción en 3D. Pero a actividade que máis lles chamou a atención foi a realización de forma experimental dunha pequena maqueta dun volcán en erupción.

Pasárono xenial!!


 Alumnado de segundo traballando

Creacíóns do alumnado de infantil

Libros que van e veñen curso 2021/2022

Os nenos e nenas de educación infantil, comezamos a levar os contiños da biblioteca á casa, para gozar da lectura coa familia, seguindo a iniciativa encadrada dentro do programa "Hora de Ler" para o fomento da lectura: "Libros que van e veñen", co que buscamos a implicación das familias nas actividades da biblioteca, e no empeño por conseguir que as nenas e os nenos do CEIP Manuel Sueiro desenvolvan hábitos de lectura.

As cariñas de felicidade que lucían neste primeiro día son indicativo do éxito desta iniciativa.

A vendima

As aulas de 4º e 5º de Educación Infantil foron de vendima!!!

Aprendemos a esmagar as uvas, a facer o bagazo, merendamos uvas brancas e tintas, e bebemos o zume de uva....

Que ricoooo!!!!

Un día marabilloso, moi divertido e aprendemos un montón!!!

 

Período de adaptación do ao 9 ao 21 de setembro

Horario do período de adaptación do alumnado de 4º de Educación Infantil

Xoves 9 e venres 10 12:30 a 13:50
Luns 13 e martes 14 11:00 a 13:50
Mércores 15. xoves 16 e venres 17 10:00 a 13:50
Luns 20 e martes 21 Horario completo

SUMMER TIME

A piques de entrar no verán e cando vai moita calor, os peques de E.I. e os nenos/as de 1º e 2º E.P., pasaron un rato estupendo na nosa swimming pool.

Os peques de E.I. calzaron as flip-flop máis divertidas para lucilas na swimming pool. E que mellor remate do día que tomar unhas doces strawberries do noso garden con saboroso chocolate. Ben boas que estaban! Ata rechupeteamos os fingers.

E os compañeiros/as de 1º e 2º E.P. co espírito de coidadores do noso planeta, decidiron lanzar á swimming pool a message in a bottle, porque non imos contaminar ríos e mares con botellas de plástico.

Nesa message, lanzamos un SOS to the world porque non podemos seguir contaminando o noso planeta, non hai planet B.

ENJOY YOUR TIME!

Hora de ler en Ed. Infantil

Estas son algunhas das actividades realizadas na Hora de ler polo alumnado de Ed. Infantil:

Distribuir contido


by Dr. Radut