Skip to Content

Ed. infantil

Verbateca

O 28 de outubro o alumnado de Ed. Infantil e 1º de Ed. Primaria participou no proxecto Verbateca: Laboratorio de palabras no que, a través de xogos, o alumnado traballou aspectos tan importantes coma a memoria, a observación, a expresión oral e corporal, a coordinación, os coñecementos de palabras en lingua galega sobre diferentes temáticas, o traballo en equipo, a identidade cultural e lingüística… etc.

Repasaron palabras relacionadas cos animais, partes do corpo, profesións, cores, natureza,… etc. Deste xeito, todos xuntos/as aprendemos a xogar en lingua galega!

Día mundial da alimentación

O 16 de outubro celebramos no colexio o día mundial da alimentación sa, que ten como lema Unha alimentación sa para un mundo #HAMBRECERO

No Manuel Sueiro pasamos á acción !

O primeiro é apostar polas comidas feitas na casa e axudar a concienciar sobre a importancia do consumo de produtos coma vexetais, froitas e verduras, realmente ricas en vitaminas e minerais, por isto:

celebramos unha merenda colaborativa e saudable!!!

A comer!!!

Primeiro día de clase

Hoxe comezaron as clases en todos os centros de Ed. Primaria e Infantil de Galicia, e no noso cole, para non ser menos que ninguén, comezamos tamén.

A maioría chegamos ao cole con moita alegría e gañas de ver aos nosos amigos e amigas, aínda que algúns non o pasamos tan ben, xa que deixamos ás nosas familias na entrada do cole para pasar a convivir cuns seres estraños, algúns grandes, que non facían máis que dar ordes e instrucións...

...pero a verdade é que a mañá pasouse moi rápido e enseguida chegou a hora de ir a comer.

Mañá, máis e mellor, XA VEREDES!!!

 O mércores, 18 de setembro, publicouse unha reportaxe gráfica do comezo de curso no Xornal escolar de "La Región":

Viaxe á Guarda

O 12 de xuño todo o alumnado do centro viaxou á Guarda para coñecer unha das vilas galegas con máis pegada histórica.

A viaxe fixémola en autobús. Así, puidemos disfrutar dunhas magníficas paisaxes nas ribeiras do Miño.

En primeiro lugar visitamos o castro de Santa Trega, é un castro galaico , sitio arqueolóxico que se atopa na contorna do monte de Santa Trega, de 341 metros de altitude, un lugar privilexiado dende o que se domina toda a desembocadura do Miño. Pertenence á cultura castrexa, e é o máis emblemático e visitado dos castros galegos. 

No castro aprendemos a facer pegadas prehistóricas e lume con pedras, visitamos a citania para ver como eran as vivendas dos castrexos e coñecemos os diferentes tipos de construccións que realizaban.

A subida e a baixada foi TERRORÍFICA!

Comemos na praia de Camposancos, no Muiño, debaixo dun estupendo e fresquiño pinar, comemos a toda presa xa que despois tocaba ir a PRAIA, VIVA!

Na praia houbo baños, carreiras, paseantes, e vixiantes, e todos pasamos un momento estupendo.

Ao rematar na praia, voltamos a casa a descansar.

Servizo de préstamo de fondos da biblioteca

Ao longo do curso 2018/2019 funcionou o servizo de préstamo da biblioteca, realizando préstamos dos seus fondos aos membros da comunidade educativa para poder gozar coa lectura en tempos de lecer nas súas casas.

Libros que van e veñen

O alumnado de Ed. Infantil, este curso continuou levando para as súas casas as bolsas do programa "Libros que van e veñen".

Estas permanecen no seu domicilio unha semana, facéndose a renovación dos libros os venres de cada semana. Cada unha delas inclúe un libro en galego ou castelán escollidos polo alumnado e un caderno para que, coa axuda dos seus familiares, debuxen e/ou escriban o que lles "digan" os libros.

É de agradecer ás familias dos máis caivos a súa imlicación nesta actividade destinada a que acompañen aos seus fillos no proceso lector e lles sirvan de modelo e guía nos momentos de lecer.

No seguinte documento podemos ver algúns exemplos dos seus traballos na casa.

Formación de usuarios

No curso 2018/2019, a formación de usuarios volveu a estar presente ao longo de todo o curso, sobre todo as actividades referentes ao alumnado. O profesorado titor encargouse de realizar esta tarefa co seu alumnado ao longo do curso con indicacións puntuais ou en sesións programadas de formación.

En educación Infantil visitaron a Biblioteca unha vez por semana. Os mais pequenos custoulle un pouco subir e dirixirse ao recanto en orde e silencio, pero pouco a pouco foise conseguindo.

  • Escollemos contos adaptándoos ás distintas idades pois este curso están na mesma aula  nenos e nenas de cuarto, quinto e sexto de Educación Infantil.B
  • Buscamos o conto no andel correspondente, unha vez sentados, en orde e silencio, cóntaselles o conto ensinando as ilustracións.
  • Observan as ilustracións, buscando as distintas personaxes facendo comentarios e preguntas relacionadas co conto.
  • Imaxinar como é o protagonista do conto, e outras personaxes do conto, e expresalo coas súas palabras, ás veces, os maiores axudan os máis pequenos.
  • Cada día devolve un neno/a o conto ao seu andel correspondente, revisando a profesora se o fai correctamente
  • Outras veces, elixen libremente cada un o seu conto, fan preguntas sobre o que máis lle chama a atención, contando ao final , cada neno e nena, o que mais lle gustou.
  • Ao finalizar, colocan o seu libro no andel correspondente coa axuda e supervisión da titora.

Ao remate das sesións, en orden e silencio, deixan o recantocomo o encontramos , en orden e silencio dirixímonos  á aula.


 

En Educación Primaria, encargouse o profesorado titor da formación de usuarios con indicacións puntuais ou en sesións programadas de formación realizando as seguintes actividades:

  • Dedicaron un tempo a seguir coñecendo  a biblioteca, os usos e normas básicos que nela rexen.
  • Lembramos os distintos espazos da biblioteca.
  • Debuxamos planos da biblioteca en tamaño folio e tamén un en tamaño a2.
  • Fixemos unha exposición coas materias que aparecen nas distintas CDU das bibliotecas escolares.
  • Fíxemos xogos para colocar libros nas distintas CDU.
  • Coñecemos tódalas letras e números que aparecen no tejuelo.
  • Realizamos diferentes exercicios co tejuelo.
  • Traballamos sobre as CDU das biografías a repasamos as sinaturas dos libros.
  • Asimilamos conceptos relacionados co dicionario: entrada, definición, abreviatura.
  • Buscamos nos andeis, polo CDU biografías de personaxes famosos: Gaudí, Miró, Cervantes…
  • Realizamos fichas de distintos libros.


 

La Sirenita

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Infantil traballou sobre o conto de "La Sirenita" no seu PDI.

Partiron do conto Hans Christian Andersen, para motivalos no traballo a realizar.

Resumimos a continuación as actividades realizadas ao longo do curso:

  • Lemos o conto na clase adaptándoo os distintas idades pois na mesma aula están escolarizados nenos e nenas de cuarto, quinto e sexto de Educación  Infantil.
  • Coñeceron as súas personaxes , describíronas e os maiores axudaron os  mais pequenos tanto para contar o conto como para describir as distintas personaxes.
  • Debuxaron as personaxes principais os de cuarto de educación infantil pintáronnos e a medida que avanzou o curso tamén as debuxaron .
  • Utilizamos tamén o libro “Fauna e flora Mariña” para coñecer onde vivía a Sereiña, os distintos peixes , aprenderon os seus nomes en galego e debuxáronnos. Os máis pequenos pintaron os máis coñecidos e sinxelos.
  • Proxectamos na  aula imaxes do autor e do país onde naceu “Dinamarca” coñecendo algúns aspectos de ambos. Os nenos e nenas de sexto de educación infantil tamén situaron e pintaron Dinamarca nun mapa de Europa.
  • Os maiores da clase leron e escribiron os nomes das personaxes do conto e dos peixes que coñecemos a través do conto “Fauna e flora mariña” .
  • Presentaron o seu proxecto a principio de curso, o dia das bibliotecas, cos demais nenos e nenas do Colexio cun baile que ensaiamos na aula da película “La sirenita” de Disney.
  • Recortaron unha careta da personaxe” Sebastián” e unha diadema de flores para a  presentación do proxecto.
  • Axudaron a recortar  algunhas pezas para o disfrace do Entroido do colexio as nenas de
  • “Sirenita” e os nenos de rei “Tritón”.

 

Hora de ler Ed. Infantil

A Hora de ler funcionou ao longo de todo o curso 2018/19, na aula de Ed. Infantil, coma no resto dos cursos do cole.

Con esta actividade alcanzamos, entre outros, os seguintes obxectivos:

  • Estimular o interés pola lectura.
  • Favorecer o desenrolo da creatividades, atención e linguaxe.

As principais actividades realizadas foron as seguintes:

  • Comezamos lendo o conto deixando cos nenos e nenas vexan as ilustracións e
  • comenten aspectos relacionados co conto.
  • Imaxinamos como é o protagonista e outras personaxes do conto e o expresen cas
  • súas palabras.
  • Os mais pequenos axúdanlle as veces os maiores pois este ano están os tres niveis
  • de infantil na mesma aula.
  • Inventan títulos e finais distintos para o mesmo conto.
  • Todo isto facémolo na alfombra da clase e despois cada un vai o seu sitio e aquí debuxan ou pintan ( os mais pequenos ) algo relacionado co conto.
  • Traballamos especialmente o conto  “O casamento do piollo e a pulga” para representalo no colexio o día das letras galegas.
  • Pintaron e recortaron cada un a súa careta da personaxe que lle tocou representar do conto. Ensaiámolo na aula e tamén na biblioteca do Colexio para representalo como xa mencionei anteriormente o día das letras Galegas.
  • Memorizaron poesías para conmemorar o día da poesía , o día do libro, o comezo
  • do outono a primavera.

O máis complicado deste curso foi as veces escoller os contos para que  lles gustasen a nenos e nenas de tres idades diferentes.

"Papá bolecha doa sangue"

A axencia ADOS de doazón de órganos e sangue realizou no noso centro unha campaña de difusión da súa labor coa entrega ao alumnado do libro dos bolechas “Papá bolecha doa sangue” para que o alumnado traballase a súa lectura na casa coa súa familia.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut