QR

Traballando con códigos QR

O alumnado de educación infantil estivo traballando na aula con códigos QR grazas ao alumnado de prácticas do grado de Ed. Infantil.

Pescudaron, a través de móbiles e tabletas, sobre as partes máis importantes do noso sistema locomotor cunha metodoloxía lúdica basada nos códigos QR e no xogo. Disfrutaron moito con esta metodoloxía baseada nos códigos QR e no xogo ao sentirse protagonistas da súapropia aprendizaxe.

 

Pescudando sobre Carlos Casares

Unha das tarefas que realizamos na Hora de Ler no mes de maio para conmemorar a homenaxe nas Letras Galegas a Carlos Casares foi a realización dunha pescuda ou caza do tesouro por medio do emprego de códigos QR para facilitarlle as pistas que tiñan que seguir. A actividade titulábase "De que libro falamos".

Como non dispoñiamos de dispositivos móbiles para todo o alumnado, tamén  facilitamos as tarefas en formato web para que así todo o alumnado tivese acceso a esta actividade de gamificación do proceso educativo.

A experiencia resultou ser un éxito, xa que a maioría do alumnado chegou ata o final da mesma. Para premiar e recoñecer o seu esforzo e dedicación, ao reamate da mesma, fixemos entrega de diplomas a todos os participantes.

Unha vez rematada a pescuda, fixemos unha sesión de avaliación e posta en común onde o alumnado manifestou o seu grado de satisfacción coa mesma. Nunha escala de valoración de 0 a 10 (0=nada; 10=moito) a valoración media por parte do alumnado foi de 9,5; sendo a moda de 10.

Pescudando sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas

Imos realizar unha gincana sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2017. Para elo empregaremos códigos QR e tablets.

Para resolver todas as preguntas da gincana, teredes que ir resolvendo as cuestións que se propoñen. Nos códigos QR atoparedes a información e pistas necesarias para a súa resolución.

Unha vez resolta a pregunta iredes compretando o formulario que se achega ao final desta nova.

Cuestións:


Pista 1


  • Quen é o escritor homenaxeado nas Letras Galegas 2017?
  • Cando naceu?
  • En que vila viviu de pequeno?

Pista 2


  • Como se chama a editorial do libro?
  • Quen a dirixiu desde 1985 ata 2002?

Pista  3.1      3.2


  • Como se chama o protagonista do libro?
  • Cal é o nome da súa mellor amiga?

Pista  4.1       4.2


  • Cidade que visita o protagonista?
  • Que museo visita o protagonista nesta cidade?

Pistas  5.1     5.2


  • De que libro falamos?
  • Como se chama o invento do protagonista?

 


FORMULARIO


 

 


ACTIVIDADES DE LECER PARA OS QUE REMATEN


Distribuir contido