O 21 de febreiro todo o alumnado do centro participou na actividade promovida pola consellería de Pesca "Ponlle as pilas ao teu bocata", para a dar a coñecer as múltiples virtudes das conservas dos produtos do mar. Esta iniciativa desenvólvese nos colexios públicos e numerosas competicións deportivas e campamentos da comunidade autónoma.
“As conservas teñen unha chea de enerxía para o teu bocata”
Ter unha dieta rica e equilibrada é fundamental para crecer. Levar unha alimentación adecuada, completa e variada dáche a enerxía necesaria para facer o que che guste durante o día.
Coñecimos as especies mariñas en conserva, que xunto cunha gran variedade de alimentos vexetais, cereais, lácteos.. servirannos para elaborar os teus propios bocatas!
Experimenta con todas as combinacións que se che ocorran, e gozarás de infinidade de sabores que che achegarán todos os beneficios enerxéticos que necesitas para crecer san e forte!.