Horta escolar 2023

No curso escolar 2022-2023, despois do éxito de cultivar a horta no CIFP Portovello e intentando que todo o alumnado do colexio poida plantar os seus produtos, decidimos facer 4 pequenas hortas.

Nas seguintes imaxes teredes acceso ao traballo desenvolvido neste curso:

EDUCACIÓN INFANTIL 1º CICLO
2º CICLO 3º CICLO
CIFP PORTOVELLO  
 

Aquí deixamos como deseñamos e construímos a nosa horta con 4 parcelas para que todo o alumnado poida cultivar diversos produtos dentro dunha economía sostible.

Os pasos que demos foron os seguintes:

DESEÑO

  • Buscamos o lugar máis soleado e máis resgardado para que o cultivo sexa o máis produtivo posible.
  • Pensamos e deseñamos o tamaño e cantidade de bancais. Neste caso 4 bancais: 1 para o alumnado de Educación Infantil, 1 para o alumando de 1º e 2º de Educación Primaria, 1 para o alumando de 3º e 4º de Educación Primaria e 1 para o alumando de 5º e 6º de Educación Primaria. O tamaño é de 1 metro de ancho por 4 metros de longo e 0.25 metros de alto cun volume de 1 metro cúbico por bancal.  
  • Marcar o lugar con cordeis.

CONSTRUCIÓN

  • Retirada de herbas e facer rego para atopar o firme e así poder asentar o bloque.
  • Colocación do bloque.
  • Cubrir de terra para o cultivo.

Nas últimas semanas de abril o alumnado das diferentes aulas comezou a plantar na súa horta produtos como: leitugas, coles, cabazas, framboesas, pepinos, cenorias, tomates,...

Os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria, ademais de cultivar a nosa horta escolar, seguimos colaborando co mantemento da horta situado no CIFP Portovello.


 DEGUSTACIÓN DOS PRODUTOS DA NOSA HORTA


 

As tormentas do mes de maio e xuño fixeron estragos na nosa colleita.