O alumnado de 1º e 2º elaborarou nun traballo colaborativo, nas clases de educación plástica, un calendario de advento que, posteriormente, empregamos para facer a conta atrás dos días que faltan para a chegada do Nadal.
Para darlle un pouco de emoción, cada día, na Hora de ler, iamos ao calendario para facer a lectura do reto sorpresa dese día. Adiviñas, valores, ordes, xogos, bailes… foron varios dos retos que fomos superando día tras día.
Pasámolo xenial esperando a chegada do Nadal!!