Saltar navegación

Por que un blog?

Portafolio
INTEF. Wordle (CC BY-SA)

A sociedade vai evolucionando e, consecuentemente, a educación. No contexto actual, o acceso á información está ao alcance dun clic para profesores e alumnos, e convértese nunha competencia clave saber buscar o que se necesita, filtrar o publicado na rede con criterios de selección e validación, ser capaces de gardar e clasificar esa información para a súa reutilización, incorporarlle valor engadido propio e publicar tendo en conta as licenzas de uso dos materiais á nosa disposición e elaborando de maneira consciente e reflexiva a nosa identidade dixital ligada á nosa presenza na rede.

Neste curso, imos reflexionar, seleccionar e crear recursos sobre ler, aprender e investigar na nosa propia área de coñecemento, que en todas as áreas resulta necesario, e todas elas contribúen ao desenvolvemento tanto da competencia lectora como da asociada ao tratamento da información e da competencia dixital do alumnado. As reflexións, recursos e actividades propostas para os alumnos serán compartidas mediante a súa publicación nun blog propio, que empezamos a construír co curso.

Segundo Tíscar Lara, "os blogs establecen unha canle de comunicación informal entre profesor e alumno, promoven a interacción social, dotan o alumno dun medio persoal para a experimentación da súa propia aprendizaxe e, por último, son fáciles de asimilar con base nalgúns coñecementos previos sobre tecnoloxía dixital".