Saltar navegación

Engadir unha galería de imaxes

Una das características máis representativas dos blogs é dispoñer dunha ou dúas columnas laterais onde se ordenan, de arriba cara abaixo, os distintos gadgets que proporcionan prestacións adicionais ao blog.
estructura blogSegundo Fernando Posada, o termo gadget ou widget utilízase para referirse a un pequeno recadro que se integra nunha páxina web a modo de mosaico e que se executa como unha miniaplicación independente, deseñada para enriquecer a información ou os servizos desa páxina. Deste xeito, pódense mostrar datos adicionais na mesma páxina sen ter que abandonala. Recentemente, nalgúns modelos de Blogger admítese incorporar gadgets tamén no encabezado e no pé da páxina. O mesmo autor explícanos como facelo:

  • Actualmente, Blogger incorporou diversos sitios para poder incrustar gadgets no noso blog como se indica na imaxe. Seleccionarase o que se desexe.
  • Añadir un gadgetÁbrese unha nova xanela: "Engadir un gadget". Blogger proporciona un amplo catálogo de gadgets. Nesta listaxe indícase a funcionalidade de cada un.
  • Catálogo de gadgetPara engadir un gadget á barra lateral, fai clic no seu botón “+”. Na categoría "O básico" localiza o gadget "Presentación" para mostrar no blog unha galería de imaxes. Fai clic no botón “+” para engadilo. Se xa engadiches ese gadget, en lugar deste botón aparecerá o texto: “Xa se engadiu”.
  • Gadget presentaciónAo engadir un gadget que dispón de parámetros configurables, móstrase unha xanela onde é posible definir estes valores. Estes dependerán do tipo de gadget elixido. No caso do gadget "Presentación", solicitaranse algúns datos como os que aparecen na seguinte imaxe.
  1. Configuración gadget presentación O primeiro apartado que se pide é o "Título da presentación" de imaxes que vai aparecer no widget do noso blog.
  2. O segundo, "Fonte", refírese ao lugar onde están aloxadas as imaxes que queremos que sexan presentadas. Darémoslle á opción "Álbums web de Picasa".
  3. A terceira alternativa refírese a como queremos atopar as imaxes que pretendemos presentar dentro dos álbums web de Picasa, se mediante palabras clave ou co nome do álbum. Aconséllase a segunda opción, pero ambas son válidas. Dependendo da que se elixa, despregarase unha opción para escribir as palabras clave, ou un despregable cos distintos álbums que temos.
  4. A velocidade das imaxes poden ser axustadas na opción "Velocidade". Dispoñemos dun ritmo lento, mediano e rápido.
  5. Por último, Blogger dá dúas opcións máis: a primeira, "Abrir ligazóns nunha xanela nova", sérvenos para abrir unha xanela nova ao pulsar na imaxe escollida e, a segunda, permítenos que as imaxes do noso álbum aparezan de forma aletoria sen seguir a orde establecida no álbum.
  • O novo gadget engadiuse á barra lateral. Para aplicar os cambios non esquezas pulsar no botón "Gardar disposición", que se ofrece na esquina superior dereita da páxina.