Saltar navegación

A suma de todos

Un blog non é un blog sen os comentarios das persoas que te aconsellan, que che axudan ou que che agradecen a túa entrada. Poden ser desde persoas descoñecidas ata os alumnos da túa clase. Por iso é a suma de todos. A seguir, propoñémosche como configurar os comentarios do blog para que non teñamos sorpresas e para crear o noso propio blog tal e como queiramos. O administrador ou o autor dun blog debe ter previsto desde un principio como desexa xestionar os comentarios dos seus lectores. Para iso:

  • Entramos na páxina principal do blog e clicamos en "Configuración". Dentro está a opción "Entradas e comentarios".Menú general blogger, configuración
  • Se pulsamos, atopamos os seguintes apartados:

Entradas y comentariosEntradas

Neste apartado, podemos configurar todo o referente ás entradas que imos publicando. As opcións que ofrecen son as seguintes:

  • Mostrar un máximo de .... na páxina principal: nesta opción podemos cambiar tanto o número de entradas que queres que se vexan no noso blog de forma predeterminada ao entrar nel, así como os días. Has de ter en conta que se poden mostrar ata 500 entradas.
  • Modelo das entradas: se desexamos que en todas nosas entradas apareza un texto de forma predeterminada, podemos escribilo nesta opción pulsando a opción "Engadir". A continuación, aparecerá un cadro de texto para incluílo.
  • Mostrar imaxes con Lightbox: visor de imaxes predeterminado de Blogger que mostra todas aquelas que incluímos nas nosas entradas. Se desexamos evitalo, simplemente deberemos cambiar a " Non" esa opción.

Comentarios

  • Localización dos comentarios: esta opción permite escribir os comentarios que desexamos onde desexemos:
    • Debaixo da entrada que publicamos.
    • Nunha páxina nova completa que aparecerá.
    • Nunha xanela emerxente.
    • Ou directamente podemos ocultalos.
  • Quen pode comentar? Existen catro opcións:
    • Calquera, que poderá comentar calquera persoa que entre no noso blog.
    • Usuarios rexistrados cunha conta de Google ou cunha identidade OpenID.
    • Usuarios con conta en Google soamente.
    • Só membros do blog.

Dependendo do blog que deseñes, deberás elixir unha delas.

  • Moderación de comentarios. Existen 3 opcións:
    • Sempre: é necesaria a aprobación do administrador. Ata que non se faga non aparecen publicamente.
    • Ás veces: esta opción permite administrar os comentarios e publicalos cando desexemos.
    • Nunca: non é necesario a moderación e publícanse automaticamente.
  • Mostrar verificación de palabras: cando unha persoa comente unha entrada do teu blog, aparecerá unha verificación para evitar que sexa SPAM quen o fixera. Se non o desexas, podes quitalo despregando a opción "Non" da barra.
  • Mostrar backlinks: permítenche realizar o seguimento doutros blogs que enlazaron as túas entradas.
  • Mensaxe do formulario de comentarios: engade un texto ao formulario de entrada do comentario.

Por último, e non por iso menos importante, debemos facer que todo o mundo poida acceder ao noso blog, pois moitas persoas necesitan algún tipo de programa para poder "ver" ou "oír". Para facilitalo, este blog proporciónanos unha serie de pasos que debemos seguir para facelo máis accesible.