Saltar navegación

Como é un blog?

Un blog está dividido nunha serie de partes que se expoñen a continuación:

Partes do blog
INTEF. Partes do blog (CC BY-SA)

A cabeceira. Atópase na parte superior do blog e contén o seu título. A miúdo, inclúese unha breve descrición e/ou unha imaxe que o represente.

O contido. Refírese á parte onde se inclúen as entradas ou os posts. Neles pódese incorporar textos, vídeos, ligazóns, imaxes...

A barra de gadgets. Xeralmente sitúase á dereita do blog, aínda que depende do deseño deste. Esta parte está dirixida á incorporación de gadgets, como son as galerías de imaxes, os calendarios, os datos persoais...

O pé de páxina. O blog termina con esta parte na que actualmente se inclúen gadgets, pero nel adóitanse atopar os créditos e/ou a autoría do blog.