Saltar navegación

Crear un blog en Blogger

A continuación, mostraranse os pasos que se han seguir para obter unha conta de Blogger.

  • Entramos en Blogger.
  • Página principal de Blogger Se xa dispós dunha conta accede coma sempre, senón no apartado anterior explicabámolo detidamente.
  • inicio sesión gmail Aparecerás na páxina principal de Blogger. Para crear un novo blog, pulsa no botón "Novo blog".
  • Página general de BloggerMostrarase un cadro para introducir os datos persoais, o título do blog novo e o enderezo do blog que queremos que vaia ter. A continuación, seleccionaremos o modelo do blog que desexamos ter (aínda que posteriomente se poderá cambiar).
  • crear un nuevo blogFai clic no botón "Crear blog" que se atopa ao final do cadro.
  • Automaticamente, cando pulsemos o botón e enchamos correctamente os datos, aparecerá unha mensaxe indicando que se creou correctamente o blog.
  • Botón empezar a publicar Ao lado, teremos dúas opcións, "Empezar a publicar" e "Ignorar". Pulsaremos a primeira: "Empezar a publicar".
  • E velaí o noso blog creado! Agora toca personalizalo, así que adiante!