Saltar navegación

Crear unha entrada nova

  • Unha vez creado o blog, empezaremos a crear entradas.Escritorio de blogger
  • Para empezar, clicamos no botón laranxa para empezar a crear unha entrada.Publica nueva entrada
  • A continuación, abrirásenos o editor de texto da nova entrada que queremos crear. Esta sería a pantalla coas funcións de cada unha das iconaBotones editor texto Blogger


O primeiro que atopamos é a liña do título da entrada
.


Vexamos os botóns que aparecen:

Título de la entrada

Neste recadro, incluiremos o título que lle queremos poñer á entrada que imos publicar.

PublicarDespois de terminada a entrada, pulsaremos este botón para publicala oficialmente no noso blog.

guardarSe non temos tempo para terminar de escribir a entrada, poderemos darlle a este botón para gardala e seguir con ela noutro momento.

vista previaEste botón permitiranos previsualizar a entrada que estamos a editar e facer os cambios oportunos se non nos gusta como quedou.

cerrarSe decidimos saír deste editor, utilizaremos este botón para dirixirnos á páxina principal do noso blog de Blogger.


No centro da páxina
, atopamos todos estes botóns que só son aplicables para o texto da entrada, non para o título desta.


Botón RedactarNeste modo, poderemos ver directamente a entrada que estamos creando.

Botón HTMLSe coñecemos esta linguaxe, poderemos incorporar diversos modelos, imaxes etc.

Botón rehacer deshacerBotóns de desfacer e refacer o que fixemos.

Botón tipo de fuenteTipos de letra para a nosa entrada (Arial, Times New Roman, Verdana, Xeorxia...).

Botón tamaño letraBotón do tamaño da letra para a nosa entrada.

Botón estiloBotón de estilos predeterminados de encabezados.

Botón letrasBotóns para cambiar o estilo da letra da nosa entrada (grosa, cursiva, subliñado e riscado).

Botón colorBotóns para lle aplicar cor ao texto. O primeiro cambia a cor das letras, o segundo subliña da cor que se queira.

Botón enlaceEste botón encárgase de enlazar unha palabra a unha ligazón. Cando o pulses, aparecerá a seguinte imaxe, onde terás que engadir no recadro a URL que queres enlazar. Tamén se pode enlazar un enderezo de correo dunha persoa, pero non se aconsella.

Botón imagen videoBotóns encargados de engadir unha imaxe e/ou un vídeo dentro da entrada. Ao pulsar no primeiro botón, o da imaxe, ofréceche distintas opcións para obteres a imaxe: desde o mesmo blog, desde os álbums Picassa, teléfono, cámara web ou desde unha URL dunha web. Para conseguir esta última, teriamos que picar na foto que queremos engadir co botón dereito e seleccionar a opción "Copiar a ruta da imaxe".

Ao pulsar o segundo botón, o vídeo, tamén che dá distintas opcións para obtelo: pódese subir desde o propio ordenador, desde Youtube, desde o móbil ou desde a cámara web do ordenador.

Botón cortar información Botón para separar a información que queremos ver desa entrada no noso blog. No editor de texto, aparecerá unha liña separadora. Se entramos no noso blog, veremos que a entrada se corta nese punto e que aparece "Máis información" para ver a entrada completa.

Botones formato textoBotóns para colocar a información. O primeiro fai referencia ao formato que queremos que teña a entrada, se se prefire á esquerda, á dereita, centrado ou xustificado. O segundo botón permítenos numerar distintos parágrafos mediante números. O último fai o mesmo, pero no canto de números utiliza círculos para separalos.

Botón citaBotón que cambia o formato dunha pequena parte de texto seleccionado, de forma que pareza unha cita dun autor.

Botón formato textoBotón que elimina o formato de texto que seleccionemos.

Botón correctorBotón encargado de corrixir as palabras que estean mal escritas


Na columna da dereita, atopamos as seguintes opcións:


EtiquetasPara que o lector poida atopar mellor unha entrada específica, é necesario que se inclúan unhas etiquetas ou palabras clave que diferencien cada unha das entradas. Serán separadas por comas para numeralas. Pódense poñer todas as que se desexe.

ProgramarSe queremos publicar un artigo nun determinado día, e a unha determianda hora, pulsaremos neste botón e seleccionaremos o día e a hora que queiramos.

enlace permanenteOpción encargada de modificar se se desexa a URL da entrada.

UbicaciónEsta opción permíteche localizar o lugar no que te atopas ou do que falas na túa entrada. Para iso, ao pulsar, aparéceche un mapa do mundo, e tes que seleccionar ou escribir o lugar que desexas.

OpcionesPara finalizar esta columna, "Opcións" dános unha gran variedade de alternativas para a nosa entrada: podemos permitir ou non que as persoas comenten, redactar o texto co formato predeterminado ou en HTML e cambiar como queremos crear saltos de páxina.

  • Unha vez coñecidas todas as opcións do editor de texto, chega o momento de poñerse ao choio!