Biblioteca curso 13 - 14

PLAN MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2013 - 2014

       
 

PLAN MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES CURSO 2013-2014

"FERROLEANDO POLOS LENZOS I"

 
 

Tras tres cursos traballando con autores, algúns clásicos, e outros actuais e máis próximos, como é o caso do noso padriño, Antón Cortizas; descubrindo nas súas obras os valores que pretenden transmitir e inculcar a quen os lean, o equipo de Dinamización da Biblioteca, pensou, para este curso 2013- 2014 curso, en afondar no coñecemento do noso municipio.

Cremos que este proxecto poderíase desenvolver ao longo de varios cursos, interesándonos cada ano por unha faceta da cultura da nosa cidade.

De aí que lle puxéramos ao proxecto un nome xenérico ao que iremos engadindo o subtítulo que reflicta a temática a traballar.

E por que esta idea? Porque nun mundo globalizado como o actual, o municipio é o lugar máis próximo aos noso alumnado; o lugar onde xogan, experimentan as súas vivencias e fórmanse para ser quen, na idade adulta, de saberse desenvolver noutros lugares do planeta.

Por outra banda o profesorado ve positivo  e necesario dar a coñecer todas a facetas que a cidade de Ferrol pode encerrar, e parécelle útil que sexan transmitidas ao noso alumnado co fin de fomentar, protexer e sentirmos orgullosos dos nosos bens culturais.

Este acercamento ao noso, permitirá a realización de actividades en equipo que fomenten o valor da colaboración e o respecto ás diferenzas; así como traballos de investigación que lles axuden a desenvolverse con máis soltura nos medios técnicos actuais, sen esquecemento do uso dos libros.

Empezaremos por aproximarnos á pintura como fonte de inspiración da creatividade, da expresión plástica, de achegamento á aprendizaxe da luz e o color, da perspectiva, etc. Todo elo relacionado moi estreitamente co mundo da literatura. Na busca de textos que nos aproximen ao mundo do arte, a través da escrita ou da ilustración.

 

Premer na imaxe para acceder ao proxecto 

 
  ACTIVIDADES  DA  BIBLIOTECA  
   
  125 ANIVERSARIO DO SUBMARIÑO ISAAC PERAL APERTURA DA BIBLIOTECA  
       
   
   MOCHILAS VIAXEIRAS MERCADILLO SOLIDARIO DE LIBROS  
       
       
   CONTACONTOS DE KALANDRAKA DÍA DO LIBRO INFANTIL    
       
       
  SUSO CUBEIRO NO NOSO CENTRO  DÍA DO LIBRO  
       
       
   ANTÓN CORTIZAS PREMIADO  CONTACONTOS PARA E. INFANTIL  
       
     
  EDUARDO HERMIDA VISITA O CENTRO  TRABALLOS DO ALUMNADO: CADROS E CONTOS  
   MEMORIA 13 - 14

GUÍA LECTURA NADAL 2013

GUÍA LECTURA VERÁN 2014

 

BIBLIOTECA: TRABALLOS DO ALUMNADO

 

     
 

CADROS E CONTOS

 
     
  Dentro do noso proxecto de biblioteca FERROLEANDO POLOS LENZOS, fixemos unha atividade titulada "UN CADRO, UN CONTO", na que cada aula elixiu un cadro, ou varios, de pintores ou pintoras ferroláns, e entre todos e todas escribiron o que os lenzos lles suxerían.  
     
   Estas presentacións son unha pequena mostra dos nosos traballos.  
     
     
     
   
 
     
   
 
     

EDUARDO HERMIDA: AS MENINAS DE CANIDO

 
   
         
   

Pintor, profesor e músico.

Promotor de AS MENINAS DE CANIDO, con un enfoque artístico e social: de como un soño pode cambiar un barrio.

 

   
   

O 9 de abril, dentro do proxecto "Ferroleando polos lenzos", o

alumnado do 2º ciclo de Primaria foi recibido en

Canido por EDUARDO HERMIDA.

   
  A Voz de Galicia fíxose eco desta noticia.

 

 

   
    E, chegado o 30 de abril, para darlle máis énfase ao mes do libro, o pintor veu ao noso colexio para mostrarlles aos alumnos e alumnas dous vídeos que recollen o sentir e as razóns do proxecto "As Meninas de Canido".    - PREME NA IMAXE -    
  Eduardo díxolles que aínda que escoiten que Ferrol é unha cidade triste,morta, non é certo; que está chea de vida, con moitas cousas que mostrar e contar; e que eles eran a chave e o futuro da mesma.

     

   
     Que é moi importante implicarse, ter proxectos e promover actividades que sirvan para dar a coñecer o lugar onde se vive.    
         
     Unha alumna leulle unha carta que redactaron entre todos para enviar ao alcalde e á Concellería de Cultura, solicitando que inclúan dentro das visitas a Ferrol, un percorrido polo barrio de Canido, cun monitor-guía que explique as grandes obras de arte que adornan as paredes das casas.    
   

 

 

   
  Os nenos e nenas sorprenderon a Eduardo con debuxos de meninas.

El quere recollelas todas e colgalas polas rúas e ventás das casas dos veciños o día 6 de setembro: Festa das Meninas en Canido.

 ENTUSIASMO TOTAL!  
   

   
     Para que "ferrolees" polos seus lenzos, EDUARDO HERMIDA preséntache a súa obra. Preme na imaxe:       
         
     Fai clic na imaxe se queres coñecer máis sobre Eduardo e os seus proxectos.    
         
   

 , por ensinarnos a ver a beleza das cousas; neste caso da nosa cidade.

   
    MÁIS FOTOS NA GALERÍA DE IMAXES    

CONTACONTOS

     
         
     
   
 
   
 

O martes, 29 de abril, o alumnado de educación infantil disfrutou dunha sesión de contacontos na biblioteca  "Antón Cortizas" do noso centro. Alí esperábaos IAGO LÓPEZ que fixo unha interpretación de dous contos:

"O aprendiz de home do saco" e

"O señor corpo quere xogar".

 

 
   

 

Este acto foi posible grazas á xentileza da Editorial ANAYA no seu afán de animación á lectura.

   
   
 
   
       
   Escoitaron con moito interés.   O saco intrigábaos un pouco...  Pero de medo, nada!  
         
         
   E chegou o momento...  ... tan esperado...  ... de participar...!  
   

   
                
  

 Premendo en cada imaxe encontrarás CONTACONTOS que falan de formas, cores, tamaños, sentimentos..., relacionados co tema que nos guiou este curso:

"Ferroleando polos lenzos"; e sobretodo relacionados coa

  animación á lectura.

          
     
                 
   
         
         

ANTÓN CORTIZAS: PREMIO EN INVESTIGACIÓN E ENSAIO

         
   

 

   

   
         
   

 

O xurado do premio Antón Losada Diéguez, na súa XXIX edición, otorgou o premio

en Investigación e Ensaioa ANTÓN CORTIZAS pola súa obra TASTARABÁS.

Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza, editada por Xerais.

 

O xurado salientou que "o autor fixo un traballo exhaustivo, riguroso e singular, e que vai ser de gran utilidade para o público en xeral e, de forma moi especial, para as novas xeracións".

 

Dende a biblioteca "Antón Cortizas", do colexio Isaac Peral, sentímonos felices polos teus éxitos.

 

   
         
         

DÍA MUNDIAL DO LIBRO: 2014

         
         
       
       
         
   

 

Con moito ánimo, puxémonos en marcha para recorrer o terceiro trimestre deste curso.

 Empezamos pisando forte; era o segundo día de clase, e xa tíñamos algo que  celebrar: Día do Libro. Un recordatorio que nos chega cada 23 de abril para invitarnos a ler. Ler como acción

divertida, creativa, imaxinativa; ler para compartir, para adquirir e mellorar o noso coñecemento.

 

 

"O que le moito e anda moito,

ve moito e sabe moito".

-MIGUEL DE CERVANTES-

 

   
   

 

 

   
   

 Este mércores, 23 de abril, para celebrar a "festa dos libros", xuntámonos todos no patio. E alí, cada neno e cada nena, con xices de cores e moita imaxinación, pintou o que lle suxería un día tan especial.   

   
                            
   

E así foi quedando o patio: cheo de títulos, letras, personaxes, historias...

LIBROS E CORES UNIDOS POLA FANTASÍA.

   
   

 

   
     QUE PODEN FACER OS LIBROS? Fai clic e verás:        
         
       
   

 Todo o curso preparándonos para este día especial dos libros. E mentres non chegaba, fomos lendo, escribindo e pintando outras cousas:

 Puxemos a circular polas aulas o  , que este ano Peraliño enviouno cheo de libros que  falan de pintura.

   
   

   

 

   
   

  - Durante o curso todo o alumnado participou elaborando o xornal "O PAÍS DE PERALIÑO". Cada nivel encargouse dunha sección. E cada neno e nena traía da súa casa unha noticia que consideraban importante.

Acabou cun gran formato e moito contido.

   
              
       -Cada aula elixiu un cadro dun pintor ou pintora ferroláns, e entre todos escribiron o que o lenzo lles suxería.    
         
       -Motivados polo Día Internacional da Muller, trataron de decribila cunha palabra cada un. Discorreron moito, e non se agotaban as palabras.    
                     
   

   - Cada neno e cada nena, xunto coa súa familia, decorou unha tarxeta na que viña escrita a man unha palabra relacionada co tema da crise.

Con todas as tarxetas fixemos unha exposición na ludoteca.

   
                
                   
   

 

   
   

 Premendo na imaxe pódese ver unha presentación que relaciona os libros coa escultura.

Tamén figura o texto que PACO MARTÍN -autor da obra "As cousas de Ramón Lamote"-, escribiu sobre O LIBRO, e que foi seleccionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para este 23 de abril.

   
         
   

Fai clic e verás as fotos dos "artistas" que vestiron o patio de cores:

   
         

SUSO CUBEIRO: "FERROLEANDO CON NÓS"

     
         
     
 

 O mércores, 26 de marzo, SUSO CUBEIRO, "o pintor das fragas galegas"; ilustrador de natureza e libros infantís e xuvenís, achegouse á ludoteca do noso colexio para impartir un taller creativo ao alumnado de 3º de Primaria.

Este encontro estivo motivado polo proxecto da nosa biblioteca: "Ferroleando polos lenzos", que trata de animar á lectura a través da pintura.

 
 
                
 
     
 

 Os nenos e nenas encargados de cada aula recibírono vestidos de pintores, para homenaxear a figura deses artistas e o noso proxecto. E, así caracterizados, léronlle unha mensaxe de benvida.

 
     
     
 

 Cubeiro comezou a contarlles unha historia que acompañaba con debuxos de trazos sinxelos, e que os nenos ían plasmando nos seus folios.

Cal foi a sorpresa ao veren xurdir das súas pequenas mans figuras moi parecidas ás do ilustrador  Suso Cubeiro. Tal é a súa maestría para facer e ensinar!

 
          
     
 

Ao final agasallárono cun libro.

      

Unha experiencia moi gratificante que servirá para seguir lendo e pintando.

Grazas, Cubeiro, por "ferrolear con nós".

Máis información sobre o autor 

 
     
   PREMER NA IMAXE PARA ACCEDER Á GALERÍA DE FOTOS DESTE ACTO      

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

     
   DÍA DO LIBRO INFANTIL  
     
 

Imposible imaxinar un meniño do noso colexio que non recoñeza o Soldadiño de Chumbo, a Sirenita ou as desventuras do Parrulo Feo. Contos que despertan a imaxinación e axudan a crear valores como a amizade, o inconformismo, a tolerancia, e sobre todo o valor da lectura. E todo grazas ao talento do escritor HANS CHRISTIAN ANDERSEN, nacido un 2 de abril de 1805.

Facendo clic na imaxe de ANDERSEN, pódese acceder á lectura dos seus contos.

Premendo sobre cada personaxe, pódese ver o conto en VÍDEO.

 
 

 Para celebrar este día tan importante da literatura infantil e xuvenil, o alumnado de 6º curso foi polas aulas de Ed. Infantil e 1º, 2º, e 3º de Primaria, para contarlles contos de Andersen como: A raíña das neves, A princesa e o chícharo, O traxe novo do emperador, O cofre voador...

 
 

            

 

 
     
 

Ademais, cada ano un país ten a oportunidade de ser o patrocinador do Día do Libro Infantil. E, con tal motivo, selecciona un escritor ou escritora relevante e un reconocido ilustrador ou ilustradora, do propio país, para que elaboren a mensaxe e o cartel que se distribúe por todo o mundo.

Este ano o país organizador é Irlanda.

 
 

E os alumnos e alumnas de 6º pasaron tamén polas aulas de 4º e 5º de Primaria, para lerlles a carta redactada pola escritora Siobhán Parkinson e mostrar o cartel co que Niamh Sharkey ilustrou este Día do Libro Infantil.

 
  Premer sobre o cartel para ler a "CARTA AOS NENOS DO MUNDO"          
     

CONTACONTOS

         
    CONTOS E MÚSICA    
         
    Venres, 21 de febreiro: sesión de contos e música na biblioteca do centro dirixida ao alumnado de cinco anos e de 1º de Primaria.    
       
   

Álex Fente e Patricia González, do equipo de animación á lectura da editorial KALANDRAKA, foron os encargados de despertar a imaxinación e a sensibilidade dos nenos e nenas.

   
         
       
         
     A sesión comeza co conto BOAS NOITES, BUFO!. Conto acumulativo e repetitivo, cheo de onomatopeas que axudan aos primeiros lectores a familiarizarse cos sons e ser partícipes da narración do mesmo.    
         
                                      
         
    O segundo conto titúlase MAMÁ. Según palabras da propia autora -Mariana Ruiz Johnson-, é "un canto poético sobre a maternidade, a Nai Terra,e o amor". As ilustracións son unha homenaxe a figuras da pintura: dende Paul Klee a Frida Kalho.    
                  
         
     A narradora Patricia, elixiu para rematar a sesión o conto: ONDE VIVEN OS MONSTROS. Álex acompañaba co seu acordeón tanto as ondas do mar, coma os ruxidos dos monstros. Monstros rosmons, pero tenros; froito da imaxinación dun neno chamado Max.    
                          
   

     Que atentos estaban os nenos e as nenas!

                        

 
 
         
   

PREMENDO NA IMAXE PODES ACCEDER A UN MONTÓN DE CONTOS: 

-UNS PARA LER..., OUTROS PARA VER EN VÍDEO...-

   
         

DÍA DE ROSALÍA 2014

                     
         

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA

         
                     
         

 O 24 de febreiro conmemórase o DÍA DE ROSALÍA coincidindo co día en que naceu no ano 1837.

 Para conmemorar esta data, durante a semana do 17 ao 21 de febreiro traballouse nas aulas sobre a vida e obra de Rosalía de Castro. Algunhas familias colaboraron aportando poemas para ler nas aulas que despois pasaron a formar parte dunha exposición sobre Rosalía que se organizou na ludoteca do centro.

         
                     
         

 Na hora de ler, durante toda a semana, viñeron algúns pais e nais a ler nas aulas obras da poetisa galega. Esta actividade resultou moi agradable enriquecedora, tanto para o alumnado como para as familias.

 Tamén veu a cantante María Manuela que é familiar dunha alumna de 2º A.

Actuou para o alumnado do 1º ciclo de Primaria

      

Moitas grazas por acompañarnos nesta homenaxe a Rosalía de Castro

         
                     
         

 O poema titulado XAN, musicado e recollido no audiolibro ROSALÍA PEQUENIÑA, foi o escollido este ano para aprender todo o alumnado do centro.

Nesta presentación pódese ver o poema dramatizado.

         
                     
         

 Na fachada do edificio de Primaria pintamos a Rosalía de Castro. Así foi como quedou....

         
                     
         

 Finalmente o venres 21 fíxose un acto conxunto no patio no que un grupo de alumnado fixo unha presentación sobre a vida de Rosalía. Para rematar todos xuntos cantamos a cantiga XAN aprendida nas aulas e na clase de música.

       

 

         
                     
         

  MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS QUE COLABORARON NAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS, TANTO APORTANDO POEMAS COMO NA LECTURA NAS AULAS

Pódese acceder ás imaxes premendo nas flores

         
                     

MERCADILLO SOLIDARIO DE LIBROS

     
      

 

  Os días 19, 20 e 21 de novembro organizamos un mercadillo solidario de libros na ludoteca do colexio.

A proposta xurdiu con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS, aprobados pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1959.  

 

 

 Con esta actividade pretendemos o fomento da lectura en familia e a solidariedade.

Estivo organizada pola ANPA do centro coa colaboración do grupo dinamizador da biblioteca.

 

 

 As familias, e demais membros da comunidade educativa, participaron en dúas direccións: primeiro aportando libros, e en segundo lugar, visitando o mercadiño cos seus fillos e fillas e adquirindo aqueles títulos polos que sentiron máis curiosidade.

 

 
 

A recadación foi de 716 euros e foi entregada á "Cociña Económica".  

Estas foron as fotos do acto de entrega do diñeiro ao representante da Cociña Económica de Ferrol

     

 

 

 

GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE FIXERON POSIBLE O ÉXITO DESTA ACTIVIDADE

 

APERTURA DA BIBLIOTECA: 2013/2014

          
              
         
   

 

Os días 17 e 18 de outubro celebramos a apertura da nosa biblioteca.

Todo o alumnado, por ciclos, asistíu ao acto de presentación do novo proxecto que PERALIÑO -a nosa mascota-, nos propuxo:"FERROLEANDO POLOS LENZOS".

 

                       

 

   
   

Trátase de coñecer a nosa cidade a través de diversas expresións artísticas: arquitectura, pintura, literatura...

Pero sobre todo, o noso proxecto para este curso, consiste en unir o mundo da pintura co da lectura. Dentro de cada lenzo hai unha historia, e son as palabras, a linguaxe, as que nos permiten imaxinala e contala.

 

   
   

MIRADE BEN E IMAXINADE MOITO!

 

 

   
   

 

Nenos e nenas de , acompañados e dirixidos polo seu profesor, amenizaron con cancións a presentación: "A PINTURA A TRAVÉS DA HISTORIA".

 

O conto "O BOSQUE DAS CORES" servíu de fío condutor.

 

           

 

 

Contamos cun invitado de honor, o padriño da nosa biblioteca: Antón Cortizas.

Grazas, Antón, porque a túa presenza, poder contar contigo, sérvenos sempre de acicate en todos os proxectos. 

  

 

 

NOVAS HISTORIAS.- Teremos un recanto de libros,

con historias relacionadas coa pintura, na nosa biblioteca.

 

MERGÚLLATE NELES!

 

 

Se queres dar un "p a s e o" pola historia da pintura, mira esta presentación.

 


 

 

 

    PARA VER AS FOTOS DESTE ACTO, FACER CLIC NA IMAXE        
         

CELEBRACIÓN: "125 ANIVERSARIO DO SUBMARIÑO DE ISAAC PERAL"

 

                   
  "O CUMPREANOS DE PERALIÑO"  
                   
 

O 27 de setembro xuntámonos no patio para celebrar o 125 aniversario da botadura do submariño de Isaac Peral, no ano 1888

 
                   
 

O noso colexio ten nome de inventor, tal era ISAAC PERAL Y CABALLERO mariño, militar, científico e visionario". Nunha época marcada pola pérdida de protagonismo español no escenario internacional, foi capaz de inventar o primeiro submariño torpedeiro con propulsión eléctrica.

 
                   
  A festa celebrámola na "HORA DE LER", en honor á mascota da nosa biblioteca: PERALIÑO. Trátase tamén dun "invento" moi viaxeiro, que chega sempre cargado de libros, para animarnos á lectura e a ser inventores de historia  
     
                 
   
                   
  Unha alumna de 6º leu unha breve recensión sobre Isaac Peral  
 
                   
 

Peraliño recibíu un lote de libros relacionados co novo proxecto da biblioteca, como agasallo do seu cumpreanos.

 
                   
 

Todos ao compás e ben afinado, cantámoslle: "Parabéns para ti".

      

 
                   
 

O momento máis doce fíxoo posible a ANPA do colexio que regalou bolas de azucre para todos. Recibidas con alborozo polo alumnado, deseguida deron boa conta delas. Foron un éxito!

 
                   
  Para acceder á galería de fotos, premer na imaxe
 
                   

Powered by Drupal - Design by artinet