C O M I D A D E C O N V I V E N C I A |
||||||
Coma todos os anos, rematamos o curso celebrando unha comida de convivencia de toda a comunidade educativa: pais, nais, alumnado, profes... Pero... este curso foi especial xa que amenizamos a sobremesa coa celebración do día da música con actuacións musicais do noso alumnado
e en especial as dos máis peques que podedes ver neste vídeo
|
||||||
Máis fotografías premendo nas imaxes | ||||||
Act. Complementarias 13 - 14
Comida de Convivencia xuño 2014
Promoción 2004-2014
DESPEDIDA DE 6º DE PRIMARIA | ||||
UNHA NOVA PROMOCIÓN DEIXA O NOSO CENTRO O antes e o despois: Xa pasaron uns cantos anos!!!
AQUI TEDES UN VÍDEO COMO LEMBRANZA DO SEU PASO POLO NOSO CENTRO
Para despedirse do centro o alumnado dedicounos unha canción que podemos ver neste vídeo
E dende o centro para todo o alumnado de 6º.... Que teñades moita sorte e lembrade que aquí sempre seredes BENVIDOS! |
||||
Pero non podemos esquecer o resto do noso alumnado deste curso 2013 - 2014 Máis fotografías deste curso 2013-2014 na nosa galería de imaxes
|
||||
PROXECTO PECIÑOS
PROXECTO PECIÑOS"UN PASO ADIANTE" | ||
Durante o mes de maio, o noso centro participou no proxecto "Peciños: Un paso adiante", proxecto da Asociación Sociocultural de Minusválidos de Ferrol (ASCM) galardonado co premio solidario do Concello de Ferrol do ano 2013. Este proxecto que fomenta o traballo en equipo acercounos á inclusión a través do deporte e das actividades psicomotrices. Grazas a esta iniciativa reflexionamos sobre a discapacidade e hábitos saludables. O alumnado participou en distintas actividades dende o punto de vista da discapacidade. Aquí tedes unhas imaxes.
Podemos ver máis imaxes na nosa galería de fotos premendo aquí Tamén no blog da ASMC dedicado ao Proxecto Peciños atopamos información sobre as actividades realizadas no noso centro. |
||
FESTA DE CLAUSURA DO PROXECTO PECIÑOS |
||
O domindo 22 de xuño, na Praza do Inferniño terá lugar a festa de clausura do "Proxecto Peciños" con actuacións en directo, maxia, pallasos, globoflexia...
As actividades comezarán ás 17:30 co acto de clausura e entrega de premios no Centro Cultural Carvalho Calero e a continuación haberá as actividades na Praza do Inferniño ata ás 20:30. No caso de choiva realizaráse no pavillón do Ensanche. A entrada e gratuita para toda a familia. |
BAUTISMO DE MAR DO ALUMNADO DE 1º E 2º
OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º e 2º DE PRIMARIA RECIBEN O SEU BAUTISMO DE MAR |
||||||
O alumnado de 1 e 2º curso de Educación Primaria recibiu o seu BAUTISMO DE MAR na ría de Ferrol. Acompañáronnos os seus profes Ana, Rosario, J Luis, Fernando, Marián e Norit. Foi unha boa experiencia para todos.
Aquí está o alumnado pola ría de Ferrol |
||||||
Poderedes ver máis fotografías premendo na imaxe |
CORRELINGUA 2014
A NOSA CARREIRA POLA LINGUA: CORRELINGUA 2014 | ||
O xoves 8 de maio, as nenas e nenos de 4º B e de 2º de Primaria participamos na carreira pola lingua "CORRELINGUA". Comezamos a xornada cunha carreira pola rúa Galiano ata a Praza de Armas para continuar con actividades de xogos populares. Por último tivemos a sorte de escoitar ao grupo TIC - TAC no teatro "Jofre".
PASÁMOLO MOI BEN !!!! Estas son algunhas imaxes.
|
||
SOLIDARIDADE CO POBO SAHARAUI
CARREIRA SOLIDARIA POLO SAHARA | ||||
Dende a ONG "Solidaridade galega co pobo saharaui" pedíronnos a nosa colaboración co Sahara e por iso organizamos unha carreira solidaria para toda a comunidade educativa. Será o martes 20 de maio. Sairemos do centro ás 17:00 e o percorrido será o seguinte: Avda Mac Mahón - Rúa Españoleto - Naturalista López Seoane - Avda de Vigo - Estrada de Circunvalación - Avda de Mac Mahón. A ONG "Solidaridade galega co pobo saharaui" intenta que nenos e nenas saharauies pasen as súas vacacións en Galicia disfrutando dun tempo de Paz. Nós intentamos sumarnos a esa iniciativa, por iso pedimos a colaboración das familias aportando un euro por cada un dos participantes na carreira. Cada alumno/a deberá comunicar o número de participantes, e entregar a aportación ao seu profesor/a titor/a quen lle facilitará un dorsal por participante. Este dorsal deberánno traer colocado nas costas o día da carreira. Ao remate da carreira repartiremos auga e froita no patio do colexio. ESPERAMOS A PARTICIPACIÓN DE TODOS O MARTES 20 DE MAIO!
|
||||
E chegou o día da carreira!!!!
A recaudación foi de 322 euros! Grazas a todos pola colaboración. Máis imaxes da carreira na nosa galería de fotos
Agradecemos á ANPA a súa axuda na oganización desta carreira. |
||||
O AUTISMO
O AUTISMO NOS NOSOS TRABALLOS DE AULA | |||
O AUTISMO non é unha enfermidade senón máis ben unha desorde no desenvolvemento das funcións do cerebro permanente. Sabémolo moi ben en 4º que investigamos na clase sobre este tema. Neste video tedes unha pequena mostra dos nosos traballos. |
|||
DÍA MUNDIAL DO LIBRO: 2014
DÍA DE ROSALÍA 2014
CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA
|
||||||||||
O 24 de febreiro conmemórase o DÍA DE ROSALÍA coincidindo co día en que naceu no ano 1837. Para conmemorar esta data, durante a semana do 17 ao 21 de febreiro traballouse nas aulas sobre a vida e obra de Rosalía de Castro. Algunhas familias colaboraron aportando poemas para ler nas aulas que despois pasaron a formar parte dunha exposición sobre Rosalía que se organizou na ludoteca do centro. |
||||||||||
Na hora de ler, durante toda a semana, viñeron algúns pais e nais a ler nas aulas obras da poetisa galega. Esta actividade resultou moi agradable enriquecedora, tanto para o alumnado como para as familias. Tamén veu a cantante María Manuela que é familiar dunha alumna de 2º A. Actuou para o alumnado do 1º ciclo de Primaria
Moitas grazas por acompañarnos nesta homenaxe a Rosalía de Castro |
||||||||||
O poema titulado XAN, musicado e recollido no audiolibro ROSALÍA PEQUENIÑA, foi o escollido este ano para aprender todo o alumnado do centro. Nesta presentación pódese ver o poema dramatizado.
|
||||||||||
Na fachada do edificio de Primaria pintamos a Rosalía de Castro. Así foi como quedou....
|
||||||||||
Finalmente o venres 21 fíxose un acto conxunto no patio no que un grupo de alumnado fixo unha presentación sobre a vida de Rosalía. Para rematar todos xuntos cantamos a cantiga XAN aprendida nas aulas e na clase de música.
|
||||||||||
MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS QUE COLABORARON NAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS, TANTO APORTANDO POEMAS COMO NA LECTURA NAS AULAS Pódese acceder ás imaxes premendo nas flores |
||||||||||
ENTROIDO 2014
DÍA DA PAZ 2014
CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ: 30 DE XANEIRO | ||
Para celebrar esta data tan importante fixemos moitas actividades nas aulas. Escoitamos un conto moi bonito titulado AS CORES DO ARCO DA VELLA
E tamén vimos a presentación do conto LA DISPUTA DE LOS COLORES |
||
Nas nosas aulas e na aula de música aprendimos unha adaptación da canción titulada DE CORES |
||
Fixemos A POMBA DA PAZ DE PICASSO Cada alumno/a escribiu un DESEXO NA POMBA e intercambiámola cun compañeiro/a do cole:
O alumnado de 1º cambiou a súa pomba con 3º O alumnado de 2º con 5º O alumnado de 4º con 6º |
||
Entre todos fixemos UN MURAL CON POMBAS DE CORES formando un ARCO DA VELLA
O alumnado de Infantil fixo as pombas de cor verde O alumnado de 1º de cor amarelo O alumnado de 2º de cor azul O alumnado de 3º de cor laranxa O alumnado de 4º fixo as pombas de cor púrpura Os de 5º de cor vermello Os de 6º de cor añil Todos os nenos e as nenas fixemos tamén unha cinta de cartolina para poñer na fronte cunha pomba da cor que lle tocou á nosa clase. Púxemola o día do acto conxunto no patio
|
||
Tamén limos un precioso LIBRO SOBRE PICASSO | ||
Como remate fixemos un ACTO CONXUNTO de todo o colexio para celebrar este día tan importante. Aquí están as imaxes Agradecemos á ANPA a súa colaboración na SAÍDA AO CIRCO Máis fotografías da celebración do día da Paz na nosa galería de imaxes. Para acceder premer aquí |
||
ACTIVIDADE EDUCATIVA "CANTA CON NÓS"
CANTA CON NÓS | ||
Tendo en conta a acollida que tivo a actividade "Canta con nós" incluída no programa educativo ARTEllando (organizado polo Concello de Ferrol) que se desenvolveu entre os meses de outubro a decembro de 2013, considerouse oportuno que polas características da actividade que aporta ademais de beneficios estrictamente musicais, outros de carácter transversal (compañerismo, solidariedade, tolerancia..) se está a tramitar un convenio de colaboración coa Asociación Musical Sonsdodía (Coro Diapasón) para continuar con esta actividade ata o mes de maio incluído. A actividade desenvolverase no mesmo lugar e horario que se viña facendo ( CEIP Manuel Masdías, os venres de 16:30 a 18:30) e está dirixida ó alumnado de infantil, primaria e ESO dos centros de ensino de Ferrol. Asímesmo poderán formar parte de este programa ademáis das sesións docentes e dos ensaios semanais, actividades de intercambio con outras agrupacións musicais e actuacións en público. Este programa é gratuíto para todo o alumnado. Para máis información poñerse en contacto nos teléfonos que se indican de seguido antes do 7 de febreiro. Teléfonos de contacto: 629359000 - 655172984 |
||
Nadal 2013
A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP ISAAC PERAL DESÉXALLES FELICES FESTAS |
||||||||||
AS NOSAS PANXOLIÑAS |
||||||||||
Estas son as panxoliñas que o noso alumnado practicou coas súa profe de música Aquí están os nosos pequenos artistas...
Premendo nos debuxos accédese ás fotos dos grupos |
||||||||||
|
||||||||||
DESEXOS DE NADAL |
||||||||||
O alumnado de 6º A preséntannos os seus desexos de Nadal |
||||||||||
LIBROS PARA NADAL | ||||||||||
Estes e outros libros sobre o Nadal poderás atopalos na nosa Biblioteca | ||||||||||
Premendo na imaxe poderás saber todos os libros de Nadal que hai na nosa biblioteca | ||||||||||
GUÍA DE LECTURA NADAL 2013 | ||||||||||
Esta é a nosa selección de libros recomendados para este Nadal, ao fío do noso proxecto de biblioteca |
||||||||||
|
||||||||||
ASÍ FELICITA O NADAL O NOSO ALUMNADO |
||||||||||
Nesta presentación podemos atopar unha selección de postais de Nadal realizadas polo noso alumnado. Premede nesta presentación e poderedes ver as postais. |
||||||||||
|
|
|||||||||
O APALPADOR CHEGA AO ISAAC PERAL |
||||||||||
O Apalpador é un home que vive nas montañas de Lugo, ocupado durante todo o ano en facer carbón. Come froitos silvestre e porcos bravos que caza no monte. Viste un traxe vello e cheo de remendos, e unha boina. Fuma en pipa e ten barba.
Se queredes máis información, contos e xogos sobre o Apalpador premer na imaxe. |
||||||||||
Pois ben, o mércores chegou o Apalpador e os seus trasnos ao noso cole. Aquí tedes as imaxes. |
||||||||||
Agradecemos á Fundaçom Artábria a súa colaboración na recuperación da figura do Apalpador e que fixo posible a realización destas actividades. Premendo no Apalpador accédese ás imaxes |
||||||||||
XA VEÑEN OS REIS.... |
||||||||||
E para rematar a celebración do Nadal no noso cole, aquí tedes o máis esperado polos nosos nenos e nenas: "A VISITA DOS REIS MAGOS" Sorrisos, ledicia, nervios e mesmo bágoas asomaban nas cariñas dos nosos "peques". Disfrutade vendo as imaxes!
Premendo na imaxe accédese ás fotos onde se poden descargar |
||||||||||
Estaremos de vacacións dende o sábado 21 de decembro ata o martes 8 de xaneiro ámbolos dous incluisive. As clases comezarán o XOVES 9 de xaneiro no horario habitual |
||||||||||
|
MAGOSTO 2013
CELEBRAMOS O MAGOSTO | |||||
Comín comín, comín moitas castañas. Bebín, bebín, bebín, bebín vasos de leite. Xoguei, xoguei xoguei... |
|||||
As nenas e nenos do 1º ciclo de EP cantamos e bailamos, celebrando a festa do Magosto, "As abelliñas de Miguel"
|
|||||
Os do 2º ciclo pasámolo ben co xogo tradicional "As castañas van caendo"
|
|||||
E os maiores interpretamos con diferentes instrumentos a canción "Comín, comín" e todo o colexio acompañouños cantándoa.
|
|||||
Neste colexio tamén somos uns artistas porque cada clase fixo unha castaña grande. Só ía ser indultada de ser queimada unha, a máis bonita, pero... TODAS ERAN PRECIOSAS!!!! MIRÁDEAS! |
|||||