Dinamización L. Galega Curso 13 - 14

PROXECTO DE FOMENTO DO USO DA LINGUA GALEGA 2013-14

  PROXECTO DE FOMENTO DO USO DA LINGUA GALEGA 2013-14  
 

 

PROXECTO CURSO 2013-14

MEMORIA

IMAXES

 
 

 

 

 

   
 

SAMAÍN

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoNADAL

DÍA DA PAZ

   
           
 

ENTROIDO

 DÍA DE ROSALÍA

CONTACONTOS: CONTOS E MÚSICA

   
           
 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

DIA DAS LETRAS GALEGAS

SUSO CUBEIRO VISITA O CENTRO

ANTÓN CORTIZAS PREMIADO

   
           
 

CONTACONTOS PARA E. INFANTIL

 CORRELINGUA

     
           

CORRELINGUA 2014

     
  A NOSA CARREIRA POLA LINGUA: CORRELINGUA 2014  
 

 

O xoves 8 de maio, as nenas e nenos de 4º B e de 2º de Primaria participamos na carreira pola lingua "CORRELINGUA". Comezamos a xornada cunha carreira pola rúa Galiano ata a Praza de Armas para continuar con actividades de xogos populares. Por último tivemos a sorte de escoitar ao grupo TIC - TAC no teatro "Jofre".

 

        PASÁMOLO MOI BEN !!!!   Estas son algunhas imaxes.

        

Máis fotografías na nosa galería de imaxes 

 
     

EDUARDO HERMIDA: AS MENINAS DE CANIDO

 
   
         
   

Pintor, profesor e músico.

Promotor de AS MENINAS DE CANIDO, con un enfoque artístico e social: de como un soño pode cambiar un barrio.

 

   
   

O 9 de abril, dentro do proxecto "Ferroleando polos lenzos", o

alumnado do 2º ciclo de Primaria foi recibido en

Canido por EDUARDO HERMIDA.

   
  A Voz de Galicia fíxose eco desta noticia.

 

 

   
    E, chegado o 30 de abril, para darlle máis énfase ao mes do libro, o pintor veu ao noso colexio para mostrarlles aos alumnos e alumnas dous vídeos que recollen o sentir e as razóns do proxecto "As Meninas de Canido".    - PREME NA IMAXE -    
  Eduardo díxolles que aínda que escoiten que Ferrol é unha cidade triste,morta, non é certo; que está chea de vida, con moitas cousas que mostrar e contar; e que eles eran a chave e o futuro da mesma.

     

   
     Que é moi importante implicarse, ter proxectos e promover actividades que sirvan para dar a coñecer o lugar onde se vive.    
         
     Unha alumna leulle unha carta que redactaron entre todos para enviar ao alcalde e á Concellería de Cultura, solicitando que inclúan dentro das visitas a Ferrol, un percorrido polo barrio de Canido, cun monitor-guía que explique as grandes obras de arte que adornan as paredes das casas.    
   

 

 

   
  Os nenos e nenas sorprenderon a Eduardo con debuxos de meninas.

El quere recollelas todas e colgalas polas rúas e ventás das casas dos veciños o día 6 de setembro: Festa das Meninas en Canido.

 ENTUSIASMO TOTAL!  
   

   
     Para que "ferrolees" polos seus lenzos, EDUARDO HERMIDA preséntache a súa obra. Preme na imaxe:       
         
     Fai clic na imaxe se queres coñecer máis sobre Eduardo e os seus proxectos.    
         
   

 , por ensinarnos a ver a beleza das cousas; neste caso da nosa cidade.

   
    MÁIS FOTOS NA GALERÍA DE IMAXES    

CONTACONTOS

     
         
     
   
 
   
 

O martes, 29 de abril, o alumnado de educación infantil disfrutou dunha sesión de contacontos na biblioteca  "Antón Cortizas" do noso centro. Alí esperábaos IAGO LÓPEZ que fixo unha interpretación de dous contos:

"O aprendiz de home do saco" e

"O señor corpo quere xogar".

 

 
   

 

Este acto foi posible grazas á xentileza da Editorial ANAYA no seu afán de animación á lectura.

   
   
 
   
       
   Escoitaron con moito interés.   O saco intrigábaos un pouco...  Pero de medo, nada!  
         
         
   E chegou o momento...  ... tan esperado...  ... de participar...!  
   

   
                
  

 Premendo en cada imaxe encontrarás CONTACONTOS que falan de formas, cores, tamaños, sentimentos..., relacionados co tema que nos guiou este curso:

"Ferroleando polos lenzos"; e sobretodo relacionados coa

  animación á lectura.

          
     
                 
   
         
         

ANTÓN CORTIZAS: PREMIO EN INVESTIGACIÓN E ENSAIO

         
   

 

   

   
         
   

 

O xurado do premio Antón Losada Diéguez, na súa XXIX edición, otorgou o premio

en Investigación e Ensaioa ANTÓN CORTIZAS pola súa obra TASTARABÁS.

Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza, editada por Xerais.

 

O xurado salientou que "o autor fixo un traballo exhaustivo, riguroso e singular, e que vai ser de gran utilidade para o público en xeral e, de forma moi especial, para as novas xeracións".

 

Dende a biblioteca "Antón Cortizas", do colexio Isaac Peral, sentímonos felices polos teus éxitos.

 

   
         
         

SUSO CUBEIRO: "FERROLEANDO CON NÓS"

     
         
     
 

 O mércores, 26 de marzo, SUSO CUBEIRO, "o pintor das fragas galegas"; ilustrador de natureza e libros infantís e xuvenís, achegouse á ludoteca do noso colexio para impartir un taller creativo ao alumnado de 3º de Primaria.

Este encontro estivo motivado polo proxecto da nosa biblioteca: "Ferroleando polos lenzos", que trata de animar á lectura a través da pintura.

 
 
                
 
     
 

 Os nenos e nenas encargados de cada aula recibírono vestidos de pintores, para homenaxear a figura deses artistas e o noso proxecto. E, así caracterizados, léronlle unha mensaxe de benvida.

 
     
     
 

 Cubeiro comezou a contarlles unha historia que acompañaba con debuxos de trazos sinxelos, e que os nenos ían plasmando nos seus folios.

Cal foi a sorpresa ao veren xurdir das súas pequenas mans figuras moi parecidas ás do ilustrador  Suso Cubeiro. Tal é a súa maestría para facer e ensinar!

 
          
     
 

Ao final agasallárono cun libro.

      

Unha experiencia moi gratificante que servirá para seguir lendo e pintando.

Grazas, Cubeiro, por "ferrolear con nós".

Máis información sobre o autor 

 
     
   PREMER NA IMAXE PARA ACCEDER Á GALERÍA DE FOTOS DESTE ACTO      

CONTACONTOS

         
    CONTOS E MÚSICA    
         
    Venres, 21 de febreiro: sesión de contos e música na biblioteca do centro dirixida ao alumnado de cinco anos e de 1º de Primaria.    
       
   

Álex Fente e Patricia González, do equipo de animación á lectura da editorial KALANDRAKA, foron os encargados de despertar a imaxinación e a sensibilidade dos nenos e nenas.

   
         
       
         
     A sesión comeza co conto BOAS NOITES, BUFO!. Conto acumulativo e repetitivo, cheo de onomatopeas que axudan aos primeiros lectores a familiarizarse cos sons e ser partícipes da narración do mesmo.    
         
                                      
         
    O segundo conto titúlase MAMÁ. Según palabras da propia autora -Mariana Ruiz Johnson-, é "un canto poético sobre a maternidade, a Nai Terra,e o amor". As ilustracións son unha homenaxe a figuras da pintura: dende Paul Klee a Frida Kalho.    
                  
         
     A narradora Patricia, elixiu para rematar a sesión o conto: ONDE VIVEN OS MONSTROS. Álex acompañaba co seu acordeón tanto as ondas do mar, coma os ruxidos dos monstros. Monstros rosmons, pero tenros; froito da imaxinación dun neno chamado Max.    
                          
   

     Que atentos estaban os nenos e as nenas!

                        

 
 
         
   

PREMENDO NA IMAXE PODES ACCEDER A UN MONTÓN DE CONTOS: 

-UNS PARA LER..., OUTROS PARA VER EN VÍDEO...-

   
         

DÍA DE ROSALÍA 2014

                     
         

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA

         
                     
         

 O 24 de febreiro conmemórase o DÍA DE ROSALÍA coincidindo co día en que naceu no ano 1837.

 Para conmemorar esta data, durante a semana do 17 ao 21 de febreiro traballouse nas aulas sobre a vida e obra de Rosalía de Castro. Algunhas familias colaboraron aportando poemas para ler nas aulas que despois pasaron a formar parte dunha exposición sobre Rosalía que se organizou na ludoteca do centro.

         
                     
         

 Na hora de ler, durante toda a semana, viñeron algúns pais e nais a ler nas aulas obras da poetisa galega. Esta actividade resultou moi agradable enriquecedora, tanto para o alumnado como para as familias.

 Tamén veu a cantante María Manuela que é familiar dunha alumna de 2º A.

Actuou para o alumnado do 1º ciclo de Primaria

      

Moitas grazas por acompañarnos nesta homenaxe a Rosalía de Castro

         
                     
         

 O poema titulado XAN, musicado e recollido no audiolibro ROSALÍA PEQUENIÑA, foi o escollido este ano para aprender todo o alumnado do centro.

Nesta presentación pódese ver o poema dramatizado.

         
                     
         

 Na fachada do edificio de Primaria pintamos a Rosalía de Castro. Así foi como quedou....

         
                     
         

 Finalmente o venres 21 fíxose un acto conxunto no patio no que un grupo de alumnado fixo unha presentación sobre a vida de Rosalía. Para rematar todos xuntos cantamos a cantiga XAN aprendida nas aulas e na clase de música.

       

 

         
                     
         

  MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS QUE COLABORARON NAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS, TANTO APORTANDO POEMAS COMO NA LECTURA NAS AULAS

Pódese acceder ás imaxes premendo nas flores

         
                     

ENTROIDO 2014

             
  O LUNS COMEZAMOS COS MANDADOS DO ENTROIDO!!!!!  
 

MANDADOS DO ENTROIDO

PÍNTATE DE CORES 

 
     

LUNS

Azul é o ceo

azul é o mar

Vístete de azul

e a eles te parecerás

   
   

MARTES

Amarelo coma o sol

que nos dá moita calor

se con esa cor te pos...

ti, si que serás un sol

   
     

MÉRCORES

Estou no lume e no sangue

estou chea de valor

amiga dos namorados

a cor vermella son

   
    O XOVES CELEBRAMOS A FESTA DO ENTROIDO  
   

Comezamos cun desfile arredor do colexio ao que estaban invitadas as familias.

Podemos ver as imaxes neste vídeo.

 
   

Noraboa á actuación da nosa banda de música que animou todo o desfile

       

 
   

Despois do desfile o alumnado fixo festa nas clases degostando os productos típicos do entroido que aportaron as familias

           

 

 
   

E mirade que ven o pasaron e como disfrotaron na discoteca preparada no centro especialmente para este día

 
   

 
   

Á volta das vacacións, queimamos o meco

      

 

 
    Todas estas fotografías e moitas máis na nosa galería de imaxes   
       

Apalpador 2013

              
   
     
                   
   
     

O  APALPADOR  CHEGA  AO ISAAC  PERAL

     
     

O Apalpador é un home que vive nas montañas de Lugo, ocupado durante todo o ano en facer carbón. Come froitos silvestre e porcos bravos que caza no monte. Viste un traxe vello e cheo de remendos, e unha boina. Fuma en pipa e ten barba.
Todos os 24 de decembro baixa das montañas para visitar aos nenos e nenas galegas. Cando están durmidos tócalles a barriga para ver se están fartos ou teñen fame. Se están fartos di: “así, así esteas todo o ano”- e déixalles unha presa de castañas. Se teñen fame non di nada, pero déixalle castañas igual. Pode deixar algún presente máis, pero sempre feito por el.

 

Se queredes máis información, contos e xogos sobre o Apalpador premer na imaxe.

     
     

Pois ben, o mércores chegou o Apalpador e os seus trasnos ao noso cole.

Aquí tedes as imaxes.

     
     

Agradecemos á Fundaçom Artábria a súa colaboración na recuperación da figura do Apalpador e que fixo posible a realización destas actividades.

Premendo no Apalpador accédese ás imaxes

 
                               
     

       

   

MAGOSTO 2013

 

           
    CELEBRAMOS   O   MAGOSTO      
   

Comín comín, comín moitas castañas.

Bebín, bebín, bebín, bebín vasos de leite.

Xoguei, xoguei xoguei...

     
           
           
   

 As nenas e nenos do 1º ciclo de EP cantamos e bailamos, celebrando a festa do Magosto, "As abelliñas de Miguel"

            

     
           
           
   

Os do 2º ciclo pasámolo ben co xogo tradicional "As castañas van caendo"

      

     
           
           
   

E os maiores interpretamos con diferentes instrumentos a canción "Comín, comín" e todo o colexio acompañouños cantándoa.

     

     
           
           
   

 Neste colexio tamén somos uns artistas porque cada clase fixo unha castaña grande. Só ía ser indultada de ser queimada unha, a máis bonita, pero... TODAS ERAN PRECIOSAS!!!!

MIRÁDEAS!

Todas as fotografías da celebración premendo na imaxe

     
           

Powered by Drupal - Design by artinet