CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA
|
||||||||||
O 24 de febreiro conmemórase o DÍA DE ROSALÍA coincidindo co día en que naceu no ano 1837. Para conmemorar esta data, durante a semana do 17 ao 21 de febreiro traballouse nas aulas sobre a vida e obra de Rosalía de Castro. Algunhas familias colaboraron aportando poemas para ler nas aulas que despois pasaron a formar parte dunha exposición sobre Rosalía que se organizou na ludoteca do centro. |
||||||||||
Na hora de ler, durante toda a semana, viñeron algúns pais e nais a ler nas aulas obras da poetisa galega. Esta actividade resultou moi agradable enriquecedora, tanto para o alumnado como para as familias. Tamén veu a cantante María Manuela que é familiar dunha alumna de 2º A. Actuou para o alumnado do 1º ciclo de Primaria
Moitas grazas por acompañarnos nesta homenaxe a Rosalía de Castro |
||||||||||
O poema titulado XAN, musicado e recollido no audiolibro ROSALÍA PEQUENIÑA, foi o escollido este ano para aprender todo o alumnado do centro. Nesta presentación pódese ver o poema dramatizado.
|
||||||||||
Na fachada do edificio de Primaria pintamos a Rosalía de Castro. Así foi como quedou....
|
||||||||||
Finalmente o venres 21 fíxose un acto conxunto no patio no que un grupo de alumnado fixo unha presentación sobre a vida de Rosalía. Para rematar todos xuntos cantamos a cantiga XAN aprendida nas aulas e na clase de música.
|
||||||||||
MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS QUE COLABORARON NAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS, TANTO APORTANDO POEMAS COMO NA LECTURA NAS AULAS Pódese acceder ás imaxes premendo nas flores |
||||||||||