C O M I D A D E C O N V I V E N C I A |
||||||
Coma todos os anos, rematamos o curso celebrando unha comida de convivencia de toda a comunidade educativa: pais, nais, alumnado, profes... Pero... este curso foi especial xa que amenizamos a sobremesa coa celebración do día da música con actuacións musicais do noso alumnado
e en especial as dos máis peques que podedes ver neste vídeo
|
||||||
Máis fotografías premendo nas imaxes | ||||||
Convivencia 13 - 14
Comida de Convivencia xuño 2014
PROXECTO PECIÑOS
PROXECTO PECIÑOS"UN PASO ADIANTE" | ||
Durante o mes de maio, o noso centro participou no proxecto "Peciños: Un paso adiante", proxecto da Asociación Sociocultural de Minusválidos de Ferrol (ASCM) galardonado co premio solidario do Concello de Ferrol do ano 2013. Este proxecto que fomenta o traballo en equipo acercounos á inclusión a través do deporte e das actividades psicomotrices. Grazas a esta iniciativa reflexionamos sobre a discapacidade e hábitos saludables. O alumnado participou en distintas actividades dende o punto de vista da discapacidade. Aquí tedes unhas imaxes.
Podemos ver máis imaxes na nosa galería de fotos premendo aquí Tamén no blog da ASMC dedicado ao Proxecto Peciños atopamos información sobre as actividades realizadas no noso centro. |
||
FESTA DE CLAUSURA DO PROXECTO PECIÑOS |
||
O domindo 22 de xuño, na Praza do Inferniño terá lugar a festa de clausura do "Proxecto Peciños" con actuacións en directo, maxia, pallasos, globoflexia...
As actividades comezarán ás 17:30 co acto de clausura e entrega de premios no Centro Cultural Carvalho Calero e a continuación haberá as actividades na Praza do Inferniño ata ás 20:30. No caso de choiva realizaráse no pavillón do Ensanche. A entrada e gratuita para toda a familia. |
UN EXEMPLO DE SOLIDARIDADE ENTRE NÓS
A AVOA DOS TAPÓNS ENTREVISTADA POLO ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA |
||
Investigar xuntos é o que ten. Á pregunta: - Que é o que hai detrás dese contendor que día a día imos enchendo xuntos de tapóns? Quen mellor que a avoa dos tapóns para conseguir respostas. Un grupo de alumnos entrevista a unha muller loitadora como moitas, que trata de axudar á súa neta coa recollida de tapóns.
UN PEQUENO ESFORZO NOSO É UN GRAN LOGRO PARA OUTROS. Enviámoslles un bico de solidariadade do CEIP Isaac Peral para ela e todos aqueles que están a colaborar, que sabemos que son moitos. |
||
SOLIDARIDADE CO POBO SAHARAUI
CARREIRA SOLIDARIA POLO SAHARA | ||||
Dende a ONG "Solidaridade galega co pobo saharaui" pedíronnos a nosa colaboración co Sahara e por iso organizamos unha carreira solidaria para toda a comunidade educativa. Será o martes 20 de maio. Sairemos do centro ás 17:00 e o percorrido será o seguinte: Avda Mac Mahón - Rúa Españoleto - Naturalista López Seoane - Avda de Vigo - Estrada de Circunvalación - Avda de Mac Mahón. A ONG "Solidaridade galega co pobo saharaui" intenta que nenos e nenas saharauies pasen as súas vacacións en Galicia disfrutando dun tempo de Paz. Nós intentamos sumarnos a esa iniciativa, por iso pedimos a colaboración das familias aportando un euro por cada un dos participantes na carreira. Cada alumno/a deberá comunicar o número de participantes, e entregar a aportación ao seu profesor/a titor/a quen lle facilitará un dorsal por participante. Este dorsal deberánno traer colocado nas costas o día da carreira. Ao remate da carreira repartiremos auga e froita no patio do colexio. ESPERAMOS A PARTICIPACIÓN DE TODOS O MARTES 20 DE MAIO!
|
||||
E chegou o día da carreira!!!!
A recaudación foi de 322 euros! Grazas a todos pola colaboración. Máis imaxes da carreira na nosa galería de fotos
Agradecemos á ANPA a súa axuda na oganización desta carreira. |
||||
O AUTISMO
O AUTISMO NOS NOSOS TRABALLOS DE AULA | |||
O AUTISMO non é unha enfermidade senón máis ben unha desorde no desenvolvemento das funcións do cerebro permanente. Sabémolo moi ben en 4º que investigamos na clase sobre este tema. Neste video tedes unha pequena mostra dos nosos traballos. |
|||
DÍA DA PAZ 2014
CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ: 30 DE XANEIRO | ||
Para celebrar esta data tan importante fixemos moitas actividades nas aulas. Escoitamos un conto moi bonito titulado AS CORES DO ARCO DA VELLA
E tamén vimos a presentación do conto LA DISPUTA DE LOS COLORES |
||
Nas nosas aulas e na aula de música aprendimos unha adaptación da canción titulada DE CORES |
||
Fixemos A POMBA DA PAZ DE PICASSO Cada alumno/a escribiu un DESEXO NA POMBA e intercambiámola cun compañeiro/a do cole:
O alumnado de 1º cambiou a súa pomba con 3º O alumnado de 2º con 5º O alumnado de 4º con 6º |
||
Entre todos fixemos UN MURAL CON POMBAS DE CORES formando un ARCO DA VELLA
O alumnado de Infantil fixo as pombas de cor verde O alumnado de 1º de cor amarelo O alumnado de 2º de cor azul O alumnado de 3º de cor laranxa O alumnado de 4º fixo as pombas de cor púrpura Os de 5º de cor vermello Os de 6º de cor añil Todos os nenos e as nenas fixemos tamén unha cinta de cartolina para poñer na fronte cunha pomba da cor que lle tocou á nosa clase. Púxemola o día do acto conxunto no patio
|
||
Tamén limos un precioso LIBRO SOBRE PICASSO | ||
Como remate fixemos un ACTO CONXUNTO de todo o colexio para celebrar este día tan importante. Aquí están as imaxes Agradecemos á ANPA a súa colaboración na SAÍDA AO CIRCO Máis fotografías da celebración do día da Paz na nosa galería de imaxes. Para acceder premer aquí |
||
CALENDARIOS 2014
CALENDARIOS PARA AXUDAR Á EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO DO ALUMNADO DE 6º | ||
Con motivo de axudar económicamente na excursión de fin de curso de 6º de Primaria, realizáronse uns calendarios de sobremesa do ano 2014 nos que aparecen as fotos de todos os cursos do centro. O precio dos calendarios é de 4 euros. As familias que os desexen poden adquirirlos nas oficinas da ANPA que estará aberta de 9 a 10 h da mañá. | ||
GRACIÑAS POLA SÚA COLABORACIÓN | ||
A INSPECTORA DE EDUCACIÓN Dª ELENA URTIAGA VISITA O NOSO CENTRO
A NOSA INSPECTORA DE EDUCACIÓN Dª ELENA URTIAGA VISITA O NOSO CENTRO |
||
O xoves día trece de decembro recibimos no noso centro unha visita que, ainda que xa foi anunciada, foi moi esperada: a nosa Inspectora de Educación Dª Elena Urtiaga Estévez. Arredor das dez da mañá, Dª Elena chegou ao noso centro. Visitou as distintas instalacións do centro, interesándose polas necesidades do centro en canto as obras demandadas, estivo en contacto co noso alumnado, profesorado e saudou ás persoas colaboradoras da ANPA. Dende aquí retrasmitímoslle as grazas de todo o persoal polo interese mostrado polo noso centro!
|
MERCADILLO SOLIDARIO DE LIBROS
|
Os días 19, 20 e 21 de novembro organizamos un mercadillo solidario de libros na ludoteca do colexio. A proposta xurdiu con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS, aprobados pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1959. |
|
|
Con esta actividade pretendemos o fomento da lectura en familia e a solidariedade. Estivo organizada pola ANPA do centro coa colaboración do grupo dinamizador da biblioteca. |
|
|
As familias, e demais membros da comunidade educativa, participaron en dúas direccións: primeiro aportando libros, e en segundo lugar, visitando o mercadiño cos seus fillos e fillas e adquirindo aqueles títulos polos que sentiron máis curiosidade.
|
|
A recadación foi de 716 euros e foi entregada á "Cociña Económica". Estas foron as fotos do acto de entrega do diñeiro ao representante da Cociña Económica de Ferrol
|
||
|
GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE FIXERON POSIBLE O ÉXITO DESTA ACTIVIDADE |
I CARREIRA POPULAR CONTRA O CANCRO "CORRE POR FERROL"
I CARREIRA POPULAR CONTRA O CANCRO "CORRE POR FERROL" |
||||||
O domingo 3 de novembro temos a oportunidade de demostrar a nosa solidariedade e, ademais, de practicar unha forma saudable de vida: o deporte. A carreira "Corre por Ferrol" espérase que sexa a máis concurrida do ano e máis que unha competición é unha actividade solidaria, que destinará íntegramente os seus fondos á ASOCIACIÓN DE LOITA CONTRA O CANCRO. Haberá categorías inferiores (desde 50 metros, 500 e 1.000) e absolutas (5 km a partir de cadetes). Non se trata dun evento competitivo senón solidario. Trátase ademais dunha carreira familiar na que poderán participar nenos e tamén maiores, aínda que sexa camiñando. A carreira recorrerá as rúas e zonas más emblemáticas da cidade e completarase con outras actividades lúdicas e deportivas. A inscripción dos adultos terá un coste de 5€ ou 7€, dependendo se contan ou non co chip amarelo. Os participantes serán obsequiados cunha camiseta conmemorativa.
|
||||||
As inscipcións poderán realizarse:
|
||||||
O prazo de inscripción e pago finalizará o xoves 31 de outubro de 2013 ás 19:00 horas. |
||||||
A retirada de dorsais, chip e camisetas:
|
||||||
A saída será ás 11:00 horas na Rúa Real á altura da Praza de Armas. | ||||||
PREMIO FIN DE CARREIRA PARA UN ANTIGO ALUMNO DO ISAAC PERAL
UN ANTIGO ALUMNO DO ISAAC PERAL: GUILLERMO GONZÁLEZ LÓPEZ |
||||||
O pasado día 20 de setembro tivo lugar a graduación da promoción 2007-2013 na Facultade de Medicina da Universidade Autónoma de Madrid. Nese acto, o decano impuxo a muceta de número un da súa promoción a Guillermo González López, por ser o mellor expediente académico da cadraxésima promoción de médicos desa facultade.
O xa doutor Guillermo González foi alumno do colexio Isaac Peral durante toda a súa infancia, dende o ano 1992 ata o 2001, no que rematou a Primaria. E xa nesa etapa educativa, no 6º curso, quedou finalista nun Rally Matemático pasando á fase provincial. Constitúen un motivo de orgullo para todos nós os éxitos académicos e profesionais de todas esas persoas que, nos primeiros anos da súa infancia, toda a comunidade educativa do Isaac Peral contribuíu a formar.
PARABÉNS A GUILLERMO, Á SÚA FAMILIA E A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA!!!
|
||||||